El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública la relación individualizada de 6 plazas de ingenieros de caminos de la OPE 2019. Alegó que la denegación por necesidad de 'reelaboración' era incorrecta. La Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque la información solicitada es inexistente en este momento.
Puntos clave de la argumentación
1
Las causas de inadmisión del artículo 18 de la Ley 19/2013 deben interpretarse de manera restrictiva, partiendo de la premisa de que el derecho de acceso es amplio.
2
La reelaboración ocurre cuando la información debe crearse expresamente usando diversas fuentes o cuando faltan medios técnicos para extraerla, no cuando se requiere un trabajo de compilación o manipulación de datos.
3
El hecho de que los datos no consten en un documento preexistente no justifica por sí solo la inadmisión, especialmente cuando el volumen de información es reducido (6 plazas).
4
El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
5
La reclamación se desestima no por la necesidad de reelaboración, sino porque los puestos concretos no se determinan hasta la fase de elección de destino, siendo la información inexistente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 12 de
xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 12 de xullo de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da
Dirección Xeral de Función Pública do 10 de xuño de 2021, pola que se inadmite parcialmente
a súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Facenda e Administración
Pública, referente á relación individualizada das prazas ofertadas na oferta de emprego
publico do 2019, relativa á especialidade de enxeñeiros de camiños, canles e portos.
O reclamante indicaba que se lle denega o acceso ao documento que contén a relación
individualizada das prazas ofertadas na oferta de emprego publico do 2019, relativa á
especialidade de enxeñeiros de camiños, canles e portos en base a que require un proceso de
reelaboración. O reclamante considera que non é correcto por canto se trata de prazas dun
proceso de estabilización, que teñen que cumprir unha serie de requisitos específicos para
poder ser ofertadas, requisitos que aparecen no propio anuncio da Oferta de Emprego Público
(OPE) de 2019 publicado no Diario Oficial de Ga licia e que a dita especificidade fai que o
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
t a A Coruña
: 11 [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga!
cumprimento deses requisitos tivo que ser forzosamente verificado antes da publicación da
OPE 2019.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 22 de xullo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 11 de agosto de 2021 a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que por Decreto 33/2019, do 28 de marzo, aprobouse a
oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionaria e laboral da
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.
No Decreto 33/2019, do 28 de marzo de oferta de emprego ofertáronse un total de 6 prazas
da escala de administración especial de enxeñeiros (subgrupo AI) especialidade de camiños,
canais e portos, prazas relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal de
conformidade co previsto no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais
do Estado para o ano 2018.
Corresponde a cada comunidade autónoma concretar o contido dunha oferta de emprego,
determinando que prazas se inclúen na oferta, cales delas se cobren mediante novos ingresos
e que grupo, corpo ou escala está chamado a cubrir a praza. O anexo 11 do referido Decreto
contén prazas xenéricas sen que se poidan concretar os postos de traballo que se van a ofertar
en elección de destino aos aspirantes que superen os procesos selectivos derivados desta
oferta, dado que ningún dos postos dos anexos vai vinculado a persoas. Por tanto o que
determina a oferta é unha previsión de prazas vacantes que reúnan os requisitos
correspondentes, pero a determinación e coñecemento de cada posto de traballo que no
futuro se vai a prover de forma estable a través do proceso selectivo realizarase no momento
da elección de destino das vacantes que figuren nese momento e non na oferta nin sequera
nas convocatorias correspondentes, polo que non resulta posible determinar en concreto as
prazas que van a ser obxecto dos procesos selectivos nos termos individualizados que solicita
o reclamante.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga l
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
a A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencía.ga!
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no informe da Dirección Xeral de Función Pública, a resolución
contra a que se recorre é do 10 de xuño de 2021 (descoñecese a data de notificación ao
interesado dado que a Administración non remitiu copia do expediente solicitada), é o
interesado refire na súa reclamación como data de resposta da Administración o día 11 de
xuño de 2021, débese admitir a reclamación presentada por estar en prazo, ao ser o último
día do mesmo (11 de xullo) inhábil (artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), e presentarse a
reclamación no primeiro día hábil seguinte ( 12 de xullo de 2021).
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou da Consellería de Facenda e Administración Pública o acceso a copia
dos documentos que forman parte dos expedientes administrativos das ofertas de emprego
público de 2015, 2017 e 2019. A dita Consellería resolveu con data do 10 de xuño de 2021, dar
acceso a unha parte da información solicitada e inadmitir a solicitude no referente ao acceso
aos documentos que conteñan a relación individualizada das seis(6) prazas ofertadas na oferta
a A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
de emprego público para o ano 2019 (Decreto 33/2019), mediante proceso de estabilización
de prazas de funcionarias, para a especialidade de enxeñería de camiños, canles e portos.
A denegación fundaméntase na causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.d) da Lei
19/2013 (solicitudes de acceso á información pública relativas a información para cuxa
divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración) sen que a xustificación que
figura na resolución se poida considerar suficiente, xa que se limita a afirmar que "para
facilitar información relativa a relación individualizada de prazas e centros directivos de
adscrición incluídas nas ofertas de emprego público mediante procesos de estabilización así
como información relativa a ocupación de prazas, datas, con titular funcionaria de carreira,
reserva de prazas..., resulta preciso a reelaboración da información accesible nos enlaces
indicados" .
Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocas,ons
anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consello de Transparencia e Bo
Goberno e a xurisprudencia existente na materia, no sentido de que as causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, deben ser interpretadas de maneira restritiva. En
mate ria de acceso á información, débese partir da premisa de que o dereito de acceso aparece
configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables
as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas.
Pódese considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe
elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de
información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos
medias técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se
solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
Existen supostos cos que a reelaboración puidese confundirse pero que, con todo, non
constitúen hipótese desta natureza. Así, e dunha parte, a reelaboración debe distinguirse dos
casos nos que o volume ou complexidade da información que se solicita fai necesario un
proceso específico de traballo ou manipulación para conseguila, que xustifica, como prevé o
artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación do prazo para resolver.
Non se pode facer unha interpretación estrita do dereito de acceso no senso de conceder o
acceso unicamente no caso de que se soliciten documentos concretos existentes: o simple
feito de que a entidade pública teña que refundir ou concentrar a información que se deriva
ou deduza de varias documentos, salvo que exista unha norma con rango legal que impoña
esta tarefa adicional, non sempre xustifica que se poda inadmitir a solicitude. Nestes casos é
necesario valorar factores tales como o volume de información que se está a solicitar, o
esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar a información e a repercusión sobre o
cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o interese público existente na difusión
•'' e. , 1 1 <., J.- 1 ,,,
.: , 1 t
'9 (•3-4) 9$1 569740
o Rúa do HÓ<r,o, 65
15700, Sanliago de Composttla
;-:~: tra nspare ncia ACoruña
·::~ iy· Galicia e info@comisH>ndatr•nsparenc.ia.gJl ,w..,w.comjsiondatransparcncia,gal
da información. O simple feito de que os datos requiridos non consten reflectidos nun
documento concreto preexistente á solicitude, non debe baleirar de contido ao dereito de
acceso á información, e no presente caso, a información se está a solicitar unicamente sobre
6 prazas, polo que non se considera xustificada a inadmisión por este motivo.
Porén no informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública con data do 10 de agosto
de 2021 no presente exped iente de reclamación, faise constar que na Oferta de Emprego
Público (OPE) de 2019, ofertáronse un total de 6 prazas da escala de administración especial
de enxeñeiros (subgrupo AI) especialidade de camiños, canais e portos, sen que ata o
momento no se convoque ás persoas aspirantes superen o proceso selectivo derivado da
oferta, se poidan concretar os postos de traballo que se van a ofertar en elección de destino,
dado que o que determina a oferta é unha previsión de prazas vacantes que reúnan os
requisitos correspondentes, as prazas concretas non se determinan ata ese momento.
De acordo coa defin ición de información públ ica da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe se r información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe como no presente caso, dado que non están
determinados os postos concretos a cubrir ata a convocatoria para a elección de destino polas
persoas aspi rantes que superen o procedemento de provisión, o suxeito obrigado debe
indicar á persoa solicitante con claridade, que a dita información non existe. De acordo co
anterior, procede a desestimación da reclamación presentada, non pola concorrencia da
causa de inadmisión do artigo 18.1.d) citado, senón por trata rse de información inexistente
nestes momentos, e que por tanto non está dispoñible.
A Dirección Xeral de Función Pública non remit iu a copia do expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cum primento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Tra nsparencia,
ACORDA
Único: Desest imar a reclamación presentada por con data do
12 de xullo de 2021, contra a Reclamación contra a Resolución da Dirección Xeral de Función
1lh
[email protected][ www.com isiond atra nspa renci a.ga 1
Pública do 10 de xuño de 2021, pola que se inadmite parcialmente a súa solicitude de acceso
á información ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, referente á relación
individualizada das prazas ofertadas na oferta de emprego publico do 2019, da especialidade
de enxeñeiros de camiños, canles e portos
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.09.23 13:24:35 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.