Una entidad solicitó al Concello de Moaña copia de un informe técnico sobre obras en el Residencial Golf Domaio. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a entregar la información en 10 días, previa disociación de datos protegidos si fuera necesario, ya que es un documento público elaborado en ejercicio de sus funciones.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública comprende cualquier contenido o documento elaborado o adquirido por los sujetos obligados en el ejercicio de sus funciones.
2
Ante la ausencia de resolución expresa del Ayuntamiento, la reclamación es admisible al haberse interpuesto dentro del plazo legal tras producirse los efectos del silencio administrativo.
3
Si el informe solicitado existe, constituye información pública y el solicitante tiene derecho a acceder a ella sin necesidad de motivar su petición.
4
En caso de que el documento contenga datos protegidos, la administración debe realizar una disociación motivada de los contenidos parciales afectados por los límites legales.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
en representación da
e o de 2021, e considerando os
ídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación
- pre n ou, me ian e escn o con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de xullo
de 2021, unha reclamación ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra desestimación por silencio administrativo da
súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Moaña, referente á obtención de
copia do informe do técnico municipal da inspección das obras no S.A.U. A-7 Residencial Golf
Domaio.
O reclamante indicaba que non recibiu reposta á súa solicitude.
Segundo. Con data do 22 de xu llo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclaman te ao Concello de Moaña pa ra a remisión de informe sobre a reclamación e copia do
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a A Coruña
[email protected] l \WJw.comisiondatransparencia.gal
expediente tramitado. A solicitude de informe reiterouse con data do 19 de agosto de 2021,
a requirimento do Concello do seu envío a través de sede electrónica.
Terceiro.- Con data do 25 de agosto de 2021, o Concello remite oficio no que comunica que
relacionado con este expediente, o 2 de agosto remitiu contestación a outra petición
relacionada coa caducidade de varios expedientes de obra do Residencial Golf Domaio e que
se está a revisar o estado de cada un dos expedientes para mirar a posibilidade de instar a súa
caducidade e que están pendentes de informe.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
[email protected]\ www.comisiondatransparencia.ga!
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o Concello non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información
presentada con data do 11 de xuño de 2021, debe admitirse a reclamación presentada o 13
de xullo de 2021 por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A entidade interesada solicitou ao Concello, copia do informe do técnico municipal da
inspección das obras no S.A.U. A-7 Residencial Golf Domaio.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello en dúas ocasións a aportación do seu
criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente. O Concello remitiu un simple
oficio no que non informa sobre a reclamación presentada, fai referencia a un escrito remitido
o 2 de agosto relacionado con outra petición sobre caducidade de varios expedientes de obra
no citado residencial e que se está a revisar o estado de cada un dos expedientes para mirar
a posibilidade de instar a súa caducidade estando os mesmos pendentes de informe.
A entidade interesada solicitou copia dun informe emitido por un técnico municipal sobre as
obras, informe que no caso de que non exista, feito que o Concello non nega, debe ditar
resolución expresa sobre a súa inexistencia. No caso de que o informe exista, debe
considerarse que é información pública por tratarse dun documento elaborado polo Concello
no exercido das súas funcións, e por tanto á que a entidade solicitante ten dereito. A Comisión
non ten información sobre o contido do documento solicitado, en que medida poden verse
afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que medida podería
darse, de ser o caso, a información despois de disociala para garantir o dereito de acceso a
información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16 da Lei
19/2013).
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
..
111 • .
,( '1P·l!1. l(if'
. . ,-¡,.n . e (+34)981569740
o Rúa do Hórreo, 65
1 •• ,, • , • ,_, • 1 '- 15700, Santiago de Compostela
: ~: transparencia A Coruña
··••:¡
,,, u··r. ·Gal'1c1.a e info@comislondatransparond a.ga1 www.c.omisiondatrnn:sparencia.gal
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei}.
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantias propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que de acordo co dispost o no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspon dente
normativa reguladora.
Asi mesmo, debe lembrarse ao Concello de Moaña, de conformidade co disposto no artigo 35
da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes e copia de expediente que
se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: en
representación o 13 de xullo de 2021, contra a a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de
Moaña, do informe do técnico municipal da inspección das obras no S.A.U. A-7 Residencial
Golf Domaio.
Segundo: Instar ao Concello de M oaña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
á petición de información solicitada no senso establecido no fundamento xurídico quinto,
respectando os límites dos artigos 98 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro : Instar ao Concello de Moaña a que no prazo máximo de 15 dias hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á via administrativa un icamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o dia seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
A Coruña
info@com isiond atransparenci a.ga 1 www.comísiondatransparencia.ga1
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.09.23 13:24:49 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.