Estimada 21/09/2021 · 64 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a expedientes de Servicios Sociales en la Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle

Una ciudadana solicitó a la Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle expedientes de Servicios Sociales y educación familiar de su familia. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación e insta al organismo a resolver la solicitud respetando la protección de datos personales.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada se considera información pública al ser elaborada en el ejercicio de funciones administrativas y al reconocer la Ley 13/2008 el derecho de los usuarios a acceder a su expediente personal.
2 La reclamación es admitida por haber sido interpuesta en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden presentarse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
3 El organismo debe dar audiencia a terceras personas que figuren en la información y que ostenten derechos o intereses en los expedientes solicitados.
4 Se debe proceder a la disociación de datos de carácter personal o eliminación de contenidos parciales conforme a los límites de acceso previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 Para el acceso a datos sensibles (salud, origen racial, etc.), es imprescindible contar con el consentimiento expreso del titular de los datos, independientemente del parentesco con la solicitante.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 19 de xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de xullo de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional qu inta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a M ancomunidade do Ribeiro/ Concello de Cen lle sobre expedientes dos Servizos Sociais, programas de educación fami liar e valoracións obrantes nesas entidades sobre a súa familia. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 22 de xullo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do exped iente, sen que polo Concello se remitise a información solicitada. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela a A Coruña [email protected]! \VWW.comisiondatransparencia.gal Terceiro.- Con data do 18 de agosto de 2021, a Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle remite copia do expediente completo de servizos sociais da referida familia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela a A Coruña [email protected] www.com isiond atra nspa rencia.ga 1 funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected]\ ,w,w.comisiondatransparencia.gal reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso aos expedientes dos Servizos Sociais, programas de educación familiar e valoracións obrantes na Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle sobre a súa família sen obter resposta. Pola Comisión da Transparencia solicitouse á referida Mancomunidade a emisión de informe sobre a reclamación e copia do expediente da solicitude de acceso á información, tendo remitida unicamente a mancomunidade copia do expediente solicitado pola interesada, sen emitir informe sobre a reclamación e sen que conste que se dese resposta á solicitude de acceso á información. A documentación solicitada, debe considerarse información pública, ao tratarse documentos elaborados ou adquiridos no exercício das súas funcións, e de conformidade co disposto no artigo 6.3.g) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servidos sociais de Galicia, as persoas usuarias dos servizos sociais de Galicia teñen dereito a acceder ao seu expediente persoal e a obter copia do mesmo. De acordo co anterior, debe a Mancomunidade, de conformidade co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, dar audiencia, si é o caso, a terceiras persoas que figuren na información solicitada e que ostenten dereitos ou intereses nos expediente solicitados, e unha vez finalizado este trámite, resolver expresamente sobre o acceso, examinando previamente si a información solicitada concorre algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013 ou esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na mesma Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datas de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). Débese ter en conta que ao tratarse de expedientes nos que figura información de carácter persoal que pode facer referencia a orixe racial, saúde, vida sexual ou poida conter datas xenéticos ou biométricos, debe contarse co consentimento expreso da persoa afectada, titular dos datas, aínda que teña relación de parentesco coa solicitante. , f) •. tr·n1·1,v·,··· 0 (•34) 981 569740 Rua do Hóffeo, 65 •, • ' ' • • .:>•OIL• 15700, Santiago de Compostel• :•~ transpa rencia ACoru~a ~::: rn, Ga lic ia e [email protected].,renc.ia.ga1 1vvtw.c.omlsionda1ranspa~ncia.gal A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que consonte o dispost o no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incu mprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembra rse á M ancom unidade, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. Con base nos feitos e fu ndamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 19 de xul lo de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle sobre expedientes dos Servizos Sociais, programas de educación familiar e valoracións obrantes nesas entidades sobre a súa família. Segundo: Instar á Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle a que, no prazo máximo de 10 días hábiles tras a finalización do t rámite de audiencia ao que se fai referencia no funda mento xurídico quinto desta resolución, responda á petición de información solicitada, respectando os límit es dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Mancomunidade do Ribeiro/Concello de Cenlle a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solícitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguint e á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no A Coruña [email protected]\ www.comisíondatransparencia.ga! artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.09.23 13:26:18 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.