Un concejal de Moaña solicitó información sobre la adjudicación de la piscina municipal basándose en la normativa de régimen local. Ante la falta de respuesta, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo desestimó la reclamación porque el solicitante actuó en su condición de representante político, cuya vía de acceso a la información es específica y distinta a la de transparencia general.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información de los cargos representativos locales es un derecho fundamental desarrollado en la Ley 7/1985 y el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales.
2
La vía de acceso local se enmarca en el control político derivado del principio representativo, mientras que la normativa de transparencia general se configura como un derecho ciudadano de escrutinio público.
3
Ambas vías disponen de regímenes jurídicos completos y acabados, con procedimientos, plazos y garantías procesales y jurisdiccionales diferenciados.
4
Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, prevalece la normativa específica sobre aquellas materias que ya tengan previsto un régimen jurídico de acceso a la información propio.
5
Al haberse formulado la solicitud en condición de concejal, no es aplicable la vía de la Ley de Transparencia, debiendo agotarse los cauces previstos en la legislación de régimen local.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por na súa condición de concelleiro
portavoz dun grupo municipal do Concello de Moaña, presentada con data do 3 de agosto de
2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Único. na súa condición de concelleiro portavoz dun grupo municipal
do Concello de Moaña presentou, con data do 8 de agosto de 2021, unha reclamación ao
amparo do disposto na disposición adicional qu inta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transpa rencia e bo goberno, na que solicit a amparo á Comisión da Transparencia ante a falla
de contestación ás súas solicitudes formuladas na súa condición de concelleiro, referentes á
adxudicación da piscina municipal, sen t er recibido resposta.
O interesado realizou as súa solicitudes na súa condición de concelleiro e portavoz dun grupo
municipal do Concello de Moaña e ao amparo dia Lei 7/ 1985, do 2 de abril, Reguladora das
Bases do Réxime Local e o Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba
o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Conipostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.ga1 vvww.comisíondatransparencia.gal
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación
ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa
impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional
cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos
supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu
sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano
independente que determinen as Comunidades Autónomas.
A lexislación aplicable a este procedemento vén configurada pola citada Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, xunto coa
lexislación básica en materia de procedemento administrativo.
O artigo 28 da Lei 1/2016, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso á información pública poderá interpoñerse unha reclamación perante o
Valedor do Pobo; e o artigo 33 da mesma lei indica que corresponde á Comisión da
Transparencia (órgano colexiado) a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública que establece o seu artigo 28.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, preceptúa que o procedemento se axustará ao previsto nos
parágrafos 2 a 4 do artigo 24 da Lei 19/2013. Esta Lei establece que a reclamación ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, e que se axustará na
súa tramitación, ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en
materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información
pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato
ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta
lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións.
O artigo 12 da Lei 19/2013, configura o dereito de acceso á información pública de forma
ampla, sendo titulares do mesmo todas as persoas. A Lei 1/2016 sinala que o solicitante non
está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (artigo 26.4).
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.ga! www.comisiondatransparencia.ga l
Cuarto. Análise do expediente
O interesado, na súa condición de edil e portavoz dun grupo municipal da Corporación Local
de Concello de Moaña presenta reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia por
non ter obtido contestación ás súas solicitudes de determinada información referente á
concesión da piscina municipal.
As súas solicitudes presentounas ao amparo do disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril,
Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo
que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais.
Antes da entrada en vigor da Lei 19/2013 existían xa normas que, en determinados ámbitos,
regulaban o dereito de acceso á información, entre a que se poden atopar a referente ao
acceso á información por parte dos cargos representativos locais no exercicio da súa función.
Como dereito fundamental no exercido dunha función representativa (artigo 23 da
Constitución Española), este dereito é desenvolvido na Lei 7/1985 e no o Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. A referida normativa,
recoñece o dereito dos membros das Corporacións locais de obter do Alcalde ou Presidente
ou da Xunta de Goberno canta información ou documentación se atope en poder da entidade
local que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións representativas e establece
ademais o procedemento para a súa obtención, o sentido do silencio, e o deber de gardar
reserva en relación coa información obtida.
Así mesmo, o acceso á información por parte dos membros das corporacións teñen dúas vías
de protección ordinaria -o recurso potestativo de reposición e o recurso contencioso-
administrativo-, ademais de garantías adicionais como son o procedemento para a protección
dos dereitos fundamentais da persoa regulado pola Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da xurisdición contencioso-administrativa, e o recurso de amparo ante o Tribunal
Constitucional.
A determinación do réxime xurídico aplicable á solicitude de referencia resulta indispensable
a fin de garantir a seguridade xurídica e evitar calquera confusión no uso das distintas vías de
acceso á información de que dispoñen os cargos representativos locais. Ambas as vías, malia
compartir un vínculo común dentro do estado democrático consagrado na nosa Constitución
Española, obedecen a lóxicas e orzamentos distintos. A vía de acceso á información
contemplada na lexislación de réxime local enmárcase no ámbito do control político derivado
do principio representativo mediante o xogo dos principios de transparencia, rendición de
contas e responsabilidade dos poderes públicos no exercido das súas funcións.
O acceso á información regulado na normativa de Transparencia configúrase como un dereito
en virtude do cal os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan,
como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as institucións, a fin de
~ {•34) 981 569740 Q Rúa do Hórreo, 6S
15700, Santiago de Coo,poste!a
O info@comísiondattansporeod a.g~I • www.comtSiondatranScparencia.gal
someter a escrutinio cidadán aos responsables públicos, formar e construir un coñecemento
cabal e completo dos asuntos públicos que lles permita formar unha opinión e participar no
xogo político a t ravés da súa intervención nos procesos electorais.
Cada unha destas vias dispoñen dun réxime xurídico completo e acabado caracterizado pola
regulación dun procedemento de exercido do dereito de acceso -solicitude, prazos,
formalización do acceso, etc-, e a previsión de diferentes técnicas para garantir o exercício do
dereit o de acceso que incorporan -garantías procesuais e xurisd icionais-.
No presente caso, a solicitude de acceso á información faise en condición de concelleiro do
solicitante, polo que de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, que
establece que rexeranse pola súa normativa específica aquelas materias que teñan previsto
un réxime xurídico específico de acceso á información, no cabe senón desestimar a
reclamación presentada.
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por na súa condición de
concelleiro portavoz dun grupo municipal do Concello de Moaña, ás súa solicitudes
formuladas na súa condición de concelleiro, sobre determinada información referente á
concesión da piscina municipal.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa .
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021 .09.23 13:25:37 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia