Una interesada solicitó a la Jefatura Territorial de la Consellería de Medio Rural copia de la resolución de deslinde de montes de Atios alegando falta de notificación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque no se trata de una solicitud de acceso a información pública, sino de un derecho de acceso de interesado en un procedimiento administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La normativa de transparencia no es aplicable cuando el solicitante tiene la condición de interesado en un procedimiento administrativo en curso.
2
El acceso a los documentos de un expediente por parte de los interesados se rige por la normativa reguladora del procedimiento administrativo correspondiente y no por la Ley de Transparencia.
3
La Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013 coordina el régimen general de acceso a la información con el tratamiento específico de los interesados en un expediente.
4
La reclamación fue inadmitida al determinarse que el acceso a la resolución solicitada debe regirse por la normativa de deslindes de montes.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do
4 de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de
setembro de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 4 de agosto de 2021, unha reclamación contra a falla de
notificación expresa da aprobación definitiva do expediente de " Primeiro treito do
deslindamento (deslinde parcial, actuación 2013) dos montes da comunidade de montes
veciñais en man común de Atios, Concello do Porriño, no que estaba personada en condición
de interesada.
A reclamante solicitou á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural que se lle
trasladase copia do texto íntegro da resolución adoptada respecto do expediente do Primeiro
treito do deslindamento dos montes da comunidade de montes veciñais en man común de
Atios, Concello do Porriño, con indicación de se pon fin ou non á vía administrativa, a
expresión dos recursos que procedan, no seu caso, en vía administrativa e xudicial, o órgano
ante o que houbesen de presentarse e o prazo para interpoñelos.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]\ vvww.com isi o nd atra nsparencia.ga !
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
a A Coruña
[email protected]! \'VWW.comisiondatransparencia.ga!
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
No presente caso a interesada non solicitou un acceso á información pública, senón que
presenta unha reclamación contra a falla de notificación dunha resolución nun procedemento
no que ten a condición de interesada.
A Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, do 9 de decembro, dispón no seu apartado
primeiro que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será
a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento
administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo. Esta Disposición
Adicional non supón que os cidadáns en xeral non poidan pedir, amparándose na normativa
de acceso á información pública, información respecto a un expediente en curso se non son
interesados, senón que pretende coordinar o réxime xeral de acceso á información co
tratamento específico do acceso por parte dos interesados ao expediente, que é propio do
procedemento do que se trate.
"' (•34) 981 5697 40 o Rúa do Hórreo, 65
ACoruña
e inío@com i~iondatrao-sporencia.gal www.comisiondatransparencia,gal
De acordo co anterior, procede a inadmisión da reclamación presentada, debendo rexerse o
acceso á resolución solicitada, de acordo coa normativa que rexe os procedementos de
deslindes de montes.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada po contra a
falla de notificación expresa da aprobación definitiva do expediente de deslindamento dos
montes da comunidade de mont es veciñais en man común de Atios, Concello do Porriño.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o dia seguinte á notificación dest a resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribuna l Superior de Xustiza de Gal icia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.09.23 13:26:34 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.