Se solicitó al Concello de Ourense el expediente y facturas de la campaña publicitaria "Ourense en obras". Ante el silencio administrativo, el solicitante reclamó alegando la inexistencia de límites al acceso. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a dictar una resolución expresa, aunque este alegue que la información no existe.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que los recursos contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016.
2
El hecho de que la información solicitada no exista o no obre en poder de la Administración no exime al organismo de la obligación de resolver la solicitud de forma expresa y notificarla.
3
La Administración debe cumplir la obligación de dictar resolución en el plazo máximo de un mes según el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave a efectos del régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
en representación de mediante escrito do 5 de agosto de 2021,
e considerando os antecedentes e fundamentos xuríd icos que se especifican a continuación,
a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en representación de■
presentaron mediante escrito con entra da no rexistro do Valedor
do Pobo o 5 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ranspa rencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ant e o Concello de Ourense, de
acceso ao expediente/Contrat o/Convenio ou calquera outro documento que ampare a
adxudicación ou negocio xurídico da campaña publicitaria denominada "Ourense en obras",
cuxa emisión tivo lugar a través de Auria TV entre o 1 e 11 de xuño de 2021, o informe de
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Conipostela
A Coruña
[email protected]! \'VWw.comisiondatransparencía.gal
necesidade asinado polo Técnico competente para a adxudicación e a factura regulamentaria
emitida pola entidade adxudicataria.
O reclamante en resume indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude e que non
concorren na mesma, ningún dos límites de acceso á información establecido s no artigo 14
da Lei 19/2013, nin causa de inadmisión algunha. O escrito viña acompañado de copia da
solicitude presentada e da acreditación da representación en base á cal se presenta a
reclamación.
Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 6 de setembro de 2021, o Concello de Ourense contesta a petición
remitindo un oficio no que informa os reclamantes presentaron solicitude con data do 23 de
xuño de 2021 da información indicada, e o Concello non deu resposta expresa a esa solicitude,
nin realizou ningún trámite ao respecto. Informa que a campaña publicitaria "Ourense en
obras" á que se retire a solicitude, non é unha campaña publicitaria do Concello de Ourense,
que non encargou nin contratou a súa realización a ningunha persoa física nin xurídica, polo
que non existe a información pública solicitada e por tanto, procede a denegación da
solicitude formulada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a A Coruña
[email protected] \VWw.comisiondatransparencía.ga!
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
info@comísiondatransparencia.gal \WJw.comisiondatransparencia.gat
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Ourense non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo
que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito
obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública. O posible
obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento
que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio
das súas funcións.
É necesario lembrar que o obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o
coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos
responsables públicos.
No presente caso, a informe solicitada non esta en poder da Administración á que se lle
solicitou, dado que de acordo co que figura no informe remitido pola alcaldía, a campaña
sobre a que se solicita informe non é unha campaña publicitaria do Concello de Ourense.
O anterior non exime ao Concello de resolver expresamente a solicitude de acceso á
información presentada. Nos supostos nos que a información solicitada non existe ou non
obra en poder do suxeito ao que se dirixe a petición, satisfáise o dereito de acceso á
......., ...... ..
-,
t' , . j
,; •• U:J 1:!! 1\Jíl (1<1
0 (•3• )981S69740
o Rúa do H611eo, 65
·•:•; transparencia ACO!\J~a
-~,, ·1 · G 1· .
' a,¡ tif. a1c1a e info@comisiondatransparcnc;~.ga1 1w,w.com;siondatransparencia.gal
información pública do solicitante mediante a comunicac1on expresa a través da
correspondente resolución, en cumprimento da obriga da Administración de resolver de
forma expresa e notificar a resolución en todos os procedementos, calquera que sexa a súa
forma de iniciación establecida no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e o artigo 20.1 da Lei
19/2013, que a obriga de ditar resolución sobre as solicitudes de acceso á información no
prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello
ditar resolución expresa co que proceda, e notificala aos solicitantes.
Debe lembrarse ao Concello de Ourense que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
e-
ACORDA
~ a reclamación presentada por
- en representación de contra a desestimación
por silencio administrativo da súa so 1c1tu e ante Ourense, de acceso á
documentación solicitada sobre a campaña publicitaria denominada "Ourense en obras".
Segundo: Instar ao Concello de Ourense, a que, no prazo máximo de 10 dias hábiles, responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro : Instar ao Concello de Ourense a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon f in á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
[email protected]! \WJw.comisiondatransparencia.ga!
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009()
Fecha: 2021.09.23 13:27:32 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.