Pérdida de objeto 21/09/2021 · 42 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso al convenio entre la Xunta y Oviganic Ibérica, resuelta con estimación formal

Se solicitó a la Consellería de Medio Rural el acceso al convenio firmado con la empresa Oviganic Ibérica. El solicitante alegó falta de respuesta (silencio administrativo). La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración acabó remitiendo la información solicitada tras la interposición del recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2 Contra las resoluciones expresas o presuntas en materia de acceso a la información pública cabe interponer reclamación ante el Valedor do Pobo, cuya resolución corresponde a la Comisión da Transparencia.
3 Se admite la reclamación basándose en que la Consellería de Medio Rural no resolvió la solicitud dentro del plazo ordinario de un mes establecido en la Ley 1/2016.
4 La reclamación se estima por motivos formales debido a que la Administración resolvió la solicitud a satisfacción del interesado, aunque lo hizo fuera de plazo y tras la presentación de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada media nte escrito do 10 de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transpa rencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio adm inistrativo da súa solicitude á Consellería de Medio Rural, de acceso ao convenio entre a Xunta e empresa Oviganic Ibérica asinado o 16 de xuño de 2021. O reclamante indicaba que non tivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI. Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do exped iente. Terceiro. Con data do 23 de agosto de 2021 o interesado remite escrito no que manifesta que a Consellería xa lle remitiu a información solicitada. (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1 FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña info@comísiondatransparencla.ga! \WJw.comisiondatransparencia.ga1 persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Medio Rural non resolveu dentro do prazo ordinario dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que procede admitir a reclamación presentada con data do 10 de agosto de 2021. t.~• , . . . . ;~.,- . :: , • • t. .o r n ~- ,L'I \ , 1, • e (•34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ;,;!; transparencia A Coruña ,,::, t.h: Galicia e info@<ornísiondatransportnda.ga1 www.comisiondatransparencia.ga1 Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Consellería de Medio Rural acceso ao convenio asinado entre a Xunta e empresa Oviganic Ibérica asinado o 16 de xuño de 2021. A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que a Lei establece, ditou resolución expresa que notificou ao interesado, unha vez que o interesado xa tiña presentada reclamación ante esta Comisión. De acordo co anterior procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, por ter a Administración resolta a solicitude a satisfacción do interesado, aínda que fóra de prazo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estima r por motivos formais a reclamación presentada por con data do 10 de agosto de 2021, contra a dese·stimación por silencio administrativo da súa solicitude á Consellería de Medio Rural, de acceso ao convenio asinado entre a Xunta e empresa Oviganic Ibérica. Contra est a resolución que pon fin á vía administrativa unicamente ca be, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- admin istrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xu llo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.09.23 13:28:06 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.