Una persona reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la calificación de 'no apto' en el curso de cerámica de la Escuela Municipal de Artes y Oficios de Vigo, alegando falta de consideración de su discapacidad y desconocimiento del gallego. La Comisión inadmitió la reclamación por no tratarse de una solicitud de acceso a información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no versa sobre el acceso a información pública, sino que constituye una impugnación de una calificación académica.
2
El objeto de la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013 es garantizar el derecho de acceso a la información relativa a la actividad pública, no resolver controversias académicas.
3
Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al no ser el acto recurrido susceptible de recurso ante este órgano.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 13 de
agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de
2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 13 de agosto de 2021, unha reclamación contra a resolución do 16 de xullo
de 2021, do director da Escola Municipa l de Artes e Oficios de Vigo, pola que se resolve a súa
reclamación contra a cualificación final de non apto no nivel Básico da especia lidade de
cerámica artística desa Escola durant e o curso 2020-21.
A reclamante expón que considera que a situación desfavorable na avaliación fínal do curso
de cerámica artística na Escola de Artes e Oficios, ven provocada por non ter sido tido en conta
o seu grao de discapacidade e o seu descoñecemento da lingua galega.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de t ransparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en mat eria de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] \W.JW.comisiondatransparencia.ga!
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
IL
e (♦34)98156 9740 Rúa do Hôrreo, 65
15700, santiago de Compostela
ACoruña
e [email protected] www.comisiondatransp,0(encia.ga1
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia ,e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos i ncluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia ca lquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública .
No presente caso a interesada non solicitou un acceso á información pública, senón que
presenta unha reclamación contra unha resolución da Escola Municipal de Artes e Oficios pola
que se resolve unha reclamación en materia académica.
De acordo co anterior, ao non ser o obxecto da solicitude da interesada o aceso a unha
información pública, senón unha reclamación contra a cualificación obtida na avaliación final
dos estudos que esta a cu rsar, procede a inadmisión da reclamación, de acordo co disposto
no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común
das Admin istracións Públicas, ao non tratarse dun acto susceptible de recurso ante esta
Comisión.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a
resolución do 16 de xullo de 2021, do director da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo,
pola que se resolve a súa reclamación contra a cualificación final de non apta no nível Básico
da especialidade de cerámica artística desa Escola du rante o curso 2020-21
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]\ www.comlslondatransparencia.ga l
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.09.23 13:27:51 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.