Estimada 26/10/2021 · 147 días en resolverse

Acceso a reclamación de terceros sobre baremo de concurso de traslados docente y estimación de la reclamación por falta de respuesta formal

El interesado solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad el acceso a una reclamación presentada por un tercero contra su baremo en un concurso de traslados. Alegó que la administración le había notificado la existencia de dicha reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por falta de respuesta formal y contradictoria.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada se considera pública al ser un documento adquirido por la Administración en el ejercicio de sus funciones según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
2 La respuesta proporcionada por la Administración mediante correo electrónico no cumple con los requisitos formales de resolución expresa establecidos en el artículo 27.3 de la Ley 1/2016.
3 Existe una contradicción insalvable entre el oficio de apertura de trámite de audiencia, que menciona la entrada de una reclamación, y el informe posterior de la Consellería que niega su existencia.
4 La reclamación es admitida a trámite ya que, ante la ausencia de una resolución expresa, el recurso contra el silencio administrativo puede interponerse en cualquier momento.
5 Se insta a la Administración a resolver expresamente remitiendo la copia de la reclamación si existe, o comunicando formalmente su inexistencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 1 de xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fiundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a contestación de 24 de maio de 2021, na que se lle comunica que non existe reclamación algunha presentada contra o seu baremo no concurso de t raslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensi no secundario, escotas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de t aller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación convocado por Orde do 8 de outubro de 2019. O reclama nte manifesta a súa desconformidade coa resposta dada mediante un correo electrónico remitido polo xefe de sección de cadros de persoal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade onde se lle indicaba que non consta que o reclamante presentase reclamación algunha ao baremo do concurso xeral de traslados do curso 2019/2020. {+34) 9&1.56 97 40 Rúa tio Horreo 1 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info~@corr,isiondztransparencia.gal WW'-N.comisiondatransparcncia.gal O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, oficio da Secretaría Xeral de Recursos Humanos da Consellería de data 6 de marzo de 2020 pola que se abre trámite de audiencia no procedemento de concurso aprobado pola orde do 8 de outubro de 2020 e do seu DNI. Segundo. Con data do 9 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro.- Con data do 15 de xullo de 2021, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade remite informe no que en resumo manifesta que a solicitude do interesado refírese á tramitación do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de outubro de 2019 para funcionarias de carreira dos corpos docentes regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, procedemento no que participa na súa condición de funcionaria de carreira. Informa que publicado o baremo provisional con data do 05/02/2020, non consta nos arquivos da Consellería que ningún participante presentase por escrito reclamación contra o baremo provisional outorgado ao interesado, senón que foron os servizos administrativos os que, logo da publicación do baremo provisional, detectaron un erro no cálculo na puntuación outorgada a varios participantes na epígrafe 1.1.1, e entre as persoas nas que se detectou que había un erro nesa epígrafe estaba o reclamante. Dada a incorrección da puntuación outorgada, a esas persoas outorgóuselles un trámite de audiencia no que se empregou o modelo que se usa en caso de reclamación de terceiros, o que deu a entender ao reclamante que había unha reclamación formal dunha terceira persoa, cando non era así. Co informe se achega copia do oficio da Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de data 6 de marzo de 2020, pola que se abre trámite de audiencia. Cuarto:- En sesión da Comisión da Transparencia de Galicia celebrada o 21 de setembro de 2021, acordouse solicitar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade informe no que se faga constar se o procedemento ao que se retire a reclamación, estaba ou non finalizado á data de presentación da reclamación, pospoñendo a resolución do expediente ata a próxima reunión da Comisión. Quinto.- Con data do 24 de setembro de 2021, solicitouse informe á referida Consellería, e con data do 6 de outubro de 2021, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo informe do dito órgano no que se fai constar que a data da presentación da reclamación, o procedemento de concurso de traslados estaba finalizado. (+34í 9&156 97 40 Rúa do Horreo, t,i:, 15700, Santiago de Compostela A Coruña info~q)comisiond2trans.parenc!a.ga; wwv;,comisiondatransparcncia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. (+34) 98156 97 40 Rúa Uo Hórreo! 65 ACoruña ínfo@comisíondatransparencia.ga: ww'.•.1.con1isiondatransparcncia.gal O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. H~í 981 ss 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostiz!a info~q)comisiond.::transparcncia.gai wwv,,.comisiondatransparencia.gal Dado que o interesado como se verá no seguinte punto, non obtivo resolución expresa á súa solicitude, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso á reclamación presentada contra o seu baremo no concurso de traslados entre persoal funciona rio docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escotas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación convocado por Orde do 8 de outubro de 2019. A dita solicitude a realizou no modelo específico co que conta a Xunta de Galicia para o acceso á información pública (modelo PRlO0A). Dita solicitude debe ser resolta, de acordo co disposto no artigo 27.3 da Lei 1/2016, polo titular da Secretaría Xeral Técnica ou Dirección Xeral correspondente. A información solicitada, de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013, debe considerarse información pública, por canto se refire a un documento adquirido pola Administración no exercício das súas funcións. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e asesoramento necesario para o exercício deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da Lei 1/2016. No presente caso, o interesado non obtivo como resposta mais que un correo electrónico dun funcionaria da Consellería, onde se lle indicaba que non consta que o reclamante presentase reclamación algunha ao baremo do concurso xeral de traslados do curso 2019/2020. Ademais de que a resposta remitida por correo electrónico non é conforme co disposto no citado artigo 27.3, o interesado non solicitou copia de reclamación presentada por el (que é o que se lle contesta), senón acceso á reclamación presentada (por outra persoa) contra o seu baremo no referido concurso. O interesado solicitou acceso a esa reclamación, por canto no oficio do 6 de marzo de 2020 polo que se abre o trámite de audiencia, se di (punto 5) que "No dito prazo tivo entrada reclamación ao respecto da puntuación provisional acadada no apartado 1 do baremo e máis concretamente no que afecta ao punto 1.1.1 de persoas participantes no concurso e que son susceptibles de sufrir unha minoración na puntuación provisional no apartado 1.1.1.", persoas entre as que figura o reclamante, e que de acordo co 'i); (+34i 9Sl 5697 40 e Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostcta .e info~o/(:orrifsiondatransparc-ncia.g.lt punto 8 do dito oficio, lle suporía unha minoración no subepígrafe 1.1.1 de 45,50 puntos a 2,3332 puntos. A información que figura neste oficio, é contraditoria co que figura no informe remitido pola Consellería, segundo o cal non consta nos arquivos da Consellería que ningún participante presentase por escrito reclamación contra o baremo provisional outorgado ao interesado, senón que foron os servizos administrativos os que detectaron un cálculo incorrecto na puntuación outorgada a varios participantes na epígrafe 1.1.1, erro motivado por un defecto na aplicación informática, motivo polo cal abriuse un trám ite de audiencia. De acordo co anterior, debe resolverse expresamente pola Consellería a solicitude de acceso á información presentada, ben remitíndolle ao interesado copia da reclamación presentada en caso de que sexa correcta a afirmación do punto S do oficio do 6 de marzo de 2020, ou ben comunicándolle expresamente ao reclamante que non se presentou reclamación algunha contra o baremo provisional que se lle outorgou no concurso. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a contestación do 24 de maio de 2021, na que se lle comunica que non existe reclamación algunha presentada contra o seu baremo no conciurso de traslados convocado pola Orde do 8 de outubro de 2019. Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os lím ites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- ,1 (+34) 98156 97 40 Rúa dG Hórreo, 65 ínfo~comisiondatranspan.:ncia.gal www, com isiond atra nspa rcncia.ga l administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.28 12: 12:50 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.