Estimada 26/10/2021 · 96 días en resolverse

Reclamación contra la inadmisión de solicitud de acceso a documentación pública sobre el yacimiento arqueológico Mámoa da Granda de Ouro

Una asociación solicitó a la Consellería de Cultura de Galicia documentación (2019-2021) sobre el yacimiento Mámoa da Granda de Ouro. La administración inadmitió la petición alegando necesidad de reelaboración de datos. La Comisión da Transparencia estima la reclamación, considerando que la mera agregación de datos no justifica la denegación del acceso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reelaboración debe entenderse como volver a elaborar algo, no pudiendo aceptarse como tal la mera agregación, suma o tratamiento mínimo de datos existentes.
2 El hecho de que la información se encuentre en diversas unidades o bases de datos de una misma Consellería no justifica la inadmisión, sino que podría motivar una ampliación del plazo de respuesta.
3 La denegación basada en la necesidad de reelaboración requiere una motivación detallada que especifique las bases de datos afectadas y la carencia de medios técnicos, lo cual no ocurrió en este caso.
4 La extracción de datos de registros de entrada y salida para obtener una relación de documentos no constituye una creación de información ex profeso.
5 El elevado número de solicitudes presentadas por una asociación no es motivo suficiente para inadmitir una petición por carácter abusivo si no se motiva y justifica cada caso individualmente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno en representación de mediante escrito do 22 de xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en representación de -presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Va ledor do Pobo o 22 de xullo de 2021, unha reclamación ao amparo dlo disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a Resolución do 7 de xullo de 2021, da Dirección Xeral Patrimonio Cultura l, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á documentación pública dos anos 2019 a 2021 relacionada co xacemento arqueolóxico denominado Mámoa da Granda de Ouro 6 GA27002002 (Bacoi-Alfoz-Lugo). O reclamante indicaba que a relación certificada da documentación pública dos anos 2019 a 2021 solicitada á Consellería de Cultura poden obtela cunha simple recompilación e agregación de dates obtidos dun tratamento informático simple e de uso ordinario nesa Consellería, sen que requira traballo previo específico de reelaboración de documentación. (<34) 98156 97 40 Rúa tio Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruñ3 ínfo~q)comisíond;;transparcncia.gal ww1.v.cornislondatransparcncia,gal Considera que a Consellería non achegou ningunha proba ou xustificación de que sexa necesaria unha reelaboración da información para poder subministrar un simple listado dos expedientes relacionados cun xacemento arqueolóxico, nin aporta probas das súas supostas carencias de medies técnicos e de persoal para extraer unha relación de expedientes dunha documentación concreta que obra no seu poder. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do DNI do representante e da acreditación da súa representación. Segundo. Con data 28 de xullo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 30 de xullo de 2021. Terceiro. Con data do 18 de outubro de 2021 Consellería de Cultura, Educación e Universidade contesta a petición remitindo informe conxunto sobre as reclamacións aos expedientes RSCTG 101/2021, RSCTG 102/2021, RSCTG 103/2021 e RSCTG 104/2021, sen remitir a copia do expediente de solicitude de acceso á información instruído. Neste informe, en resumo, indícase en relación coa reclamación presentada pola Asociación contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude referente á documentación pública dos anos 2019, 2020 e 2021 do xacemento denominado Mámoa da Granda de Ouro 6 GA27002002, na que se alega que a información solicitada non require un traballo previa específico de reelaboración de documentación, que a Asociación descoñece os innumerables e diversos trámites e solicitudes que poden ter relación cos xacementos aos que fai referencia e que non están acumulados nunha única base de datas, o que provoca que o persoal funcionaria dos diferentes departamentos implicados teña que realizar un rastrexo polo miúdo dos diferentes procedementos o que evidentemente implica un labor de reelaboración arduo. A Consellería fai referencia a un informe remitido nun expediente de queixa da lnstitución da Valedora do Pobo no que se indicaba que para obter a listaxe de seis expedientes remitida polo departamento competente desta Consellería tivéronse que analizar 1.647 expedientes (56 da base de datas de 1993 a 1996 e 1.591 da base de datas desde 1996), aos que dúas persoas durante tres semanas tiveron que dedicar o seu horario laboral, en detrimento do resto de expedientes existentes. Considera que dado o elevado número de solicitudes de información pública presentadas por esta asociación, considera que deben inadmitirse ao abeiro do disposto no artigo 18. 1 e) da Lei 19/2013. (+34) 98156 97 40 15700; Santiago de Compostela A Coruña info(q)comislondttransµarrncia.gal ww':.;.corn!sio,:dJtransparcncia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as (+34) 98156 97 40 Rúa úo Horreo., 65 15700, Santiago de Con~ postela A Coruña ínfotq)comisíondêtran.sp.'."1rcncia,gal WW'N.cornislo:"'datranspilr-cncia,gat persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A resolución impugnada ditouse con data do 7 de xullo de 2021, e a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 22 do mesmo mes, polo que procede admitir a reclamación por estar presentada en prazo. (+34) 98156 97 40 Rúa Jo Hórreo, 65 15700, S:mtiago de Cornpo~tela A Coniña info~q)comisiondctransparcncia.gal WW'#.C(irnisio,:catranspa;·cncia.gal Quinto.- Análise do expediente A Asociación interesada solicitou acceso a documentación pública dos anos 2019 a 2021, relacionada co xacemento arqueolóxico denominado denominado Mámoa da Granda de Ouro 6 GA27002002 (Bacoi-Alfoz-Lugo). A resolución pola que se inadmite a solicitude de acceso á información basease en que unha vez analizada, o Servizo competente considera que a información que se solicita debe elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información e que a esta unidade carece dos medios técnicos necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita e non dispón dos medios persoais nin materiais que serían necesarios para atender esta petición. No informe remitido pola Consellería á reclamación presentada, reitérase o mesmo argumento, facendo referencia a que non están acumulados nunha única base de datos, o que provoca que o persoal funcionaria dos diferentes departamentos implicados teña que realizar un rastrexo polo miúdo dos diferentes procedementos o que evidentemente implica un labor de reelaboración arduo. Respecto do concepto de reelaboración, como xa se pronunciou esta Comisión en numerosas ocasións en expedientes de reclamacións en materia de acceso á información contra resolucións desta Consellería, a interpretación da dita causa debe facerse en liña co criterio interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, no que se establece que o concepto de reelaboración, debe entenderse desde o punto de vista literal que reelaborar é volver elaborar algo, e é esta circunstancia a que é esixible para entender que estamos ante un suposto de reelaboración. Por reelaboración non se pode aceptar a mera agregación ou suma de datos ou o mínimo tratamento dos mesmos xa que de ser así, o dereito de acceso á información converterase no dereito ao dato ou á documentación, que non é o que recoñece o artigo 24 da Lei 1/2016 ao definir o dereito como dereito á información. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. A reelaboración debe distinguirse dos casos nos que o volume ou complexidade da información que se solicita fai necesario un proceso específico de traballo ou manipulación (+34) 98155 97 40 Rúa tio Hórreo) 65 15700, Santiago de Composrela ACoruña ínfo~~cornisiondztransparencia.gal ww',N,com!slondatransparcncia.gat para conseguila, que xustifica, como prevé o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación do prazo para resolver, pero non a súa inadmisión. Non se pode considerar que existe reelaboración, polo simple feito de que a información se atope en poder de varias unidades (neste caso debemos entender que pertencen á mesma Consellería, aínda que no informe emitido non se identifican). Non se pode facer unha interpretación estrita do dereito de acceso no senso de conceder o acceso unicamente no caso de que se soliciten documentos concretos existentes: o simple feito de que a entidade pública teña que refundir ou concentrar a información que se deriva ou deduza de varios documentos, non sempre xustifica que se poda inadmitir a solicitude. Nestes casos é necesario valorar factores tales como o volume de información que se está a solicitar, o esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar a información e a repercusión sobre o cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o interese público existente na difusión da información. O simple feito de que os datos requiridos non consten reflectidos nun documento concreto preexistente á solicitude, non debe baleirar de contido ao dereito de acceso á información. A inadmisión dunha solicitude en base ao disposto no artigo 18. 1 e), debe quedar debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a resolución ditada pola Consellería, carece de toda motivación relativa á aplicación da indicada causa de inadmisión máis aló de limitarse a afirmar que a información que se solicita debe elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información. Non se indica en cantas bases de datos pode atoparse a información que dende o ano 2019, forme parte do expediente do xacemento solicitado, nin se fai referencia algunha a que se atope nunha base de datos que careza dun sistema de busca que permita atopar a información, nin ao número de departamentos nos que poida constar información sobre o xacemento. No presente caso, se está a solicitar acceso á documentación que obre nun expediente dun xacemento arqueolóxico correspondente aos anos 2019 a 2021, polo que para atender a solicitude non é necesario volver elaborar os datos nin crear a información ex profeso para o solicitante, xa que non pode entenderse que así deba ser cualificada a extracción dos datos das diferentes aplicacións onde están recollidas. A Consellería fai referencia a un informe remitido nun expediente de queixa da lnstitución da Valedora do Pobo no que se indicaba que para obter a listaxe de seis expedientes tiñan que acudir a bases de datos dos anos 1993 a 1996. A este respecto, débese ter en conta que a Comisión da Transparencia de Galicia, se ben é un órgano adscrito á lnstitución do Valedor do Pobo, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/2016, actúa con separación das funcións desta lnstitución, polo que non ten acceso a os seus expedientes. Por outra banda, carece de sentido a comparación realizada, posto que no expediente que nos ocupa, non se ,, 0 (+34) 9SI 5S 97 40 Rúa do Hôneo, 65 l 57Co0, S;,nti.:igo de Co1:: p-:>$tela e info@comisiondattansparl'ncia.ga1 www.cornisiondatranspclrencia,g¿¡l solicitou información que poida estar en bases de datos do ano 1993, (que poden ter sistemas complicados de busca ou incluso carecer deles), senón a relación de documentación dende o ano 2019, sobre un xacemento arqueolóxico, e sobre a que simplemente facendo unha busca no rexistro (de entradas e saídas) da Consellería, se podería obter a relación de documentos existentes. Por último, non se pode aceptar a consideración de que o elevado número de solicitudes de información pública presentadas por esta asociación debe levar a que se inadmitan de acordo co disposto no artigo 18. 1 e) da Lei 19/2013, dado que a inadmisión baseada no carácter abusivo ou repetitivo, non se pode derivar do feito de que unha asociación presente un número elevado de solicitudes, senón que debe xustificarse e motivarse en cada caso. De acordo co anterior, ao considerarse que non esta xustificada a inadmisión da solicitude de acceso á información por ser necesaria unha acción previa de reelaboración, procede a estimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a Resolución do 7 de xullo de 2021, da Dirección Xeral Patrimonio Cultural, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á documentación pública dos anos 2019 a 2021 relacionada co xacemento arqueolóxico denominado Mámoa da Granda de Ouro 6 GA27002002 (Bacoi-Alfoz-Lugo). Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no -,, {+34) 9Sl 56 97 40 Rúa do Hórreo 1 65 15700, Santiago de Compostela info;q)co11isiond2transparencia.gal WW'N.cornisiondatransparcncia.gat artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.28 12:18:54 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.