Desestimada 26/10/2021 · 120 días en resolverse

Desestimación de reclamación por acceso a la información pública sobre expediente de vivienda en Moaña

Una entidad solicitó a la APLU y a la Consellería de Medio Ambiente de Galicia el expediente completo (2011-2021) de una vivienda en Moaña, incluyendo subvenciones, auditorías e informes. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación, validando la inadmisión previa por requerir una labor de reelaboración y presentar un carácter abusivo.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud es inadmisible según el art. 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que requiere una labor de reelaboración al obligar a recompilar, revisar y organizar información dispersa de diversas fuentes y archivos no digitalizados de los últimos 10 años.
2 El derecho de acceso a la información no debe confundirse con el derecho a que la Administración confeccione un informe a instancia de un particular.
3 Se considera que la petición tiene un carácter abusivo (art. 18.1.e Ley 19/2013) debido a que el volumen, la extensión temporal y la generalidad de los documentos solicitados exceden los límites normales del ejercicio del derecho.
4 La atención de una solicitud tan indiscriminada supondría una disfunción manifiesta que obligaría a paralizar la gestión habitual del organismo, perjudicando el servicio público.
5 La resolución impugnada cumplió con el principio de transparencia al remitir al solicitante los enlaces de publicidad activa donde ya se encontraba disponible parte de la información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 28 de xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES presentou, mediante escrito con entrada no rexist ro do Valedor do Pobo do 28 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra desest imación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), ao expediente dunha vivenda situada na Praia de O Con no Fiunchal do Concello de Moaña, e en concreto, ás subvencións e axudas públicas recibidas dos anos 2011 a 2021 dende a Xunta de Galicia, actas e acordos con destino a obras, servizos, praias, rede de sumidoiros, depuradoras, fondos europeos, contas anuais e informes de auditoría de contas e de fiscalización, acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico (+34) 9S: 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago d~ Compostela A Corufla info@co -nlsiondatransparcncia.gal ww'.v.comisiondatranspan:=ncia.gat para autorizar as distintas actividades, informes de impacto ambiental, directivas europeas, de Costas, expedientes das infraccións á liña do litoral marítimo e resolucións para restaurar a legalidade sobre a referida vivenda. A entidade interesada presentou a súa reclamación por non ter obtido resposta á súa solicitude de acceso á información. Segundo.- Con data do 2 de agosto de 2021, a entidade reclamante remite escrito no que comunica que lle foi notificada resolución expresa da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente á solicitude que trae causa e que considera que vulnera os seus dereitos de acceso á información e documentos públicos. En resumo, e entre outras consideracións non relacionadas coa resolución que impugna, considera que a súa solicitude é clara e concreta, e cinguido e relacionado única e exclusivamente co expediente da vivenda referida, que o que se solicita son documentos públicos sobre dominio de costas e copia de expedientes públicos e terreos de uso público ou que debería ser públicos. Terceiro. Con data do 24 de agosto de 2021 a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indica que a solicitude de acceso vai dirixida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda á que se lle engade, con copia para a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). O obxecto da solicitude é o acceso a información, con destino a obras, servizos, praias, rede de sumidoiros, depuradoras, fondos europeos referente a unha edificación situada na praia do Con (O Fiunchal, Moaña, Pontevedra), referida aos anos 2011 a 2021, sobre subvencións, orzamentos e axudas públicas, contas anuais e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo que sobre eles se emitiron, actas de acordos que afecten a terceiros, acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico para autorizar as distintas actividades, totalidade do expediente relacionado coa vivenda, informes de impacto ambiental, directivas europeas, de custas, expedientes das infraccións á liña do litoral marítimo, resolucións para restaurar a legalidade. A solicitude foi inadmitida por resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de data 30 de xullo de 2021 por considerar que se atopa nos supostos previstos no artigo 18.1.c) e e) da Lei 19/2013. O informe considera que a reclamación presentada é extemporánea, por canto a solicitude de acceso á información presentouse o 28 de xuño de 2021, e cando a entidade reclamante {+34) 98156 97 40 Rúa Uo Hórreo) 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info~@comisíond2transparcnda,gal WW'N.G.>m!siondatransparcncia,gal presentou a reclamación (28 de xullo de 2021), aínda non transcorrera o prazo máximo para resolver de acordo co disposto no artigo 20.1, da Lei 19/2013. De conformidade co disposto no artigo 18.1 c) e e) da Lei 19/2013, considérase que concorre causa de inadmisión na solicitude de acceso á información por canto, como se sinala na resolución da Secretaría Xeral Técnica, a amplitude da solicitude que se formula e dos puntos que abarca, implica unha auténtica labor de reelaboración, ao remitir a distintas e variadas fontes de información que pertence ao ámbito funcional de distintos órganos directivos o que implica a recompilación de información de diversas fontes, revisándoa, organizándoa e resumíndoa, tendo en conta que, dada a antigi.iidade dos arquivos (dende hai 10 anos), poden non estar dixitalizados e atoparse en diversas bases de datos, rexistros ou arquivos, coa dedicación exclusiva de tempo, persoal e recursos que suporía unha merma na tramitación dos expedientes habituais da consellería. Considera que a solicitude ten un carácter abusivo por canto, tal e como se recolle na resolución de inadmisión, se ben a interpretación do artigo 18.1 e) da Lei 19/2013 non basea o exercido abusivo do dereito nun criterio cuantitativo (número de solicitudes presentadas), senón cualitativo (características da solicitudes presentadas e antecedentes da mesma), estes son aspectos que deben compatibilizarse en casos como o actual, no que, por un lado solicítase documentación correspondente a 10 anos, e por outro, trátase de información correspondente a distintos departamentos autonómicos e incluso a distintas administracións, polo que estamos ante un exercido abusivo do dereito á información pública, e considera que a solicitude supón un exercido excesivo e indiscriminado do mesmo, ao requirir de forma xenérica, todas as axudas e subvencións, orzamentos, actas que afecten a terceiros, contas anuais, informes de auditoría, actuacións encargados ao gabinete xurídico e a totalidade de expedientes, informes, directivas, infraccións e resolucións que afectan a unha vivenda, dende o ano 2011 a 2021, o que afecta en si mesmo ao exercido deste dereito, excedéndose do obxecto e finalidade da propia norma. Malia a inadmisión da solicitude polas causas sinaladas e coa finalidade de satisfacer na medida do posible o dereito do solicitante ao acceso á información pública, a resolución de inadmisión indica os lugares web onde se atopa dispoñible aquela parte da información solicitada que podería ser obtida polo propio interesado, por ter sido obxecto de publicidade activa (subvencións e axudas públicas, orzamentos da comunidade autónoma e contas anuais e informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo), sen que os links poidan ser mais precisos debido ao propio carácter xenérico e indiscriminado da solicitude formulada polo interesado. Coa mesma finalidade xa mencionada de satisfacer na medida do posible o dereito do solicitante de acceso á información pública, a resolución inclúe unhas amplas consideracións sobre a situación da edificación, ubicada na zona de servidume de protección de costas, á que (+34) 98: 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Samiag.J de Cornpost~1!a A Coruti?i info~@co 11isíondatransparcncia.gal wwi,.v.cornlslondatransparcncia.gat lle resulta de aplicación os artigos 23 ao 26, a Disposición Transitaria 3º da Lei de costas e os artigos 44 a 51 e DT 8º, 9º e 10º do seu Regulamento, que permite en propiedades privadas en servidume, usos construtivos e instalacións anteriores á Lei de Costas do ano 1988 e as obras de reparación e mellora, consolidación e modernización, sempre que non impliquen aumento de volume, altura nin superfície e sen que o incremento de valor daquelas poida ser tido en conta para os efectos expropiatorios. Considera o informe que a Secretaría Xeral Técnica, non estaba obrigada a dar traslado da solicitude de acceso á información pública sobre a que versa o informe ao concello de Moaña, malia a invocación polo interesado do artigo 10.5 do Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia, dado que neste caso a inadmisión da solicitude non se ten producido polo causa prevista no artigo 18.1.d) da Lei 19/2013, polo que ningunha obriga recaía na Secretaría Xeral Técnica de remitir aquela a outro órgano ou administración pública distinta. Cuarto.- Con data do 26 de agosto de 2021, remitíuselle o escrito presentado pola Asociación reclamante o 2 de agosto de 2021, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, aos efectos de que remitise informe sobre o mesmo. Quinto.- Con data do 14 de setembro de 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda remite informe no que en síntese reitera que a información solicitada sobre a vivenda, e referidas aos anos 2011 a 2021, comprende as subvencións e axudas públicas, orzamentos, contas anuais e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo, actas onde consten os informes do pleno, actas de acordos que afecten a terceiros, acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico para autorizar as distintas actividades, todo elo referido ás obras, servizos, praias, rede de sumidoiros, depuradoras, fondos europeas e a totalidade do expediente relacionado coa vivenda, informes de impacto ambiental, directivas europeas, de costas, expedientes das infraccións á liña do litoral marítimo, resolucións para restaurar a legalidade, etc. Informa que a solicitude foi inadmitida por resolución desta Secretaría Xeral Técnica do 30 de xullo de 2021, por considerar que se atopa entre os supostos previstos 18.1.c) relativas a información para cuxa divulgación sexo necesaria unha acción previa de reelaboración e e) que sexan manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia da Lei 19/2013. Considera que, dado que a reclamación presentada con data do 28 de xullo ante a Comisión da Transparencia de Galicia que deu lugar ao expediente RSCTG 121/2021, é extemporánea, non cabería admitir tampouco ningún escrito para "ampliar" unha reclamación que se presentou de modo extemporáneo. (-;.34) 98156 97 40 Rúa Jo Hórreo, 65 15700, Santiago de Cornpostc!a A Coruña info~,Ycomisiondét.ransparc>r;,:ia,gal wwv:,G:in1isiondatrJ11sparcncia_gat Considera que a información solicitada non é concreta, ao contrario do afirmado pola entidade reclamante, xa que se solicita a totalidade do expediente sobre a vivenda, referido aos anos 2011 a 2021, e todo o que se poida documentar sobre subvencións e axudas públicas, orzamentos, contas anuais e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo, actas onde consten os informes do pleno, actas de acordos que afecten a terceiros, acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico para autorizar as distintas actividades, todo elo referido ás obras, servizos, praias, rede de sumidoiros, depuradoras, fondos europeos e a totalidade do expediente relacionado coa vivenda, informes de impacto ambiental, directivas europeas, de costas, expedientes das infraccións á liña do litoral marítimo, resolucións para restaurar a legalidade, etc. Tal e como figura na resolución de inadmisión ditada pola Secretaría Xeral Técnica, a amplitude da solicitude que se formula e dos puntos que abarca, implica unha auténtica labor de reelaboración, ao remitir a distintas e variadas fontes de información que pertence ao ámbito funcional de distintos órganos directivos o que implica a recompilación de información de diversas fontes, revisándoa, organizándoa e resumíndoa, tendo en conta que, dada a antiguidade dos arquivos (dende hai 10 anos), poden non estar dixitalizados e atoparse en diversas bases de datos, rexistros ou arquivos, coa dedicación exclusiva de tempo, persoal e recursos que suporía unha merma na tramitación dos expedientes habituais da consellería". En consecuencia, a resolución de inadmisión motiva suficientemente tanto a necesidade dun verdadeiro labor de reelaboración para dar resposta á solicitude de acceso á información pública formulada, como os elementos obxectivables, de carácter organizativo, funcional ou orzamentario, que imposibilitan a realización dese labor. Respecto do carácter abusivo, a resolución impugnada de inadmisión fai notar que se ben a interpretación do artigo 18.1 e) da Lei 19/2013 non basea o exercido abusivo do dereito nun criterio cuantitativo (número de solicitudes presentadas), senón cualitativo (características da solicitudes presentadas e antecedentes da mesma), estes son aspectos que deben compatibilizarse, en casos como o actual, no que, por un lado solicítase documentación correspondente a 10 anos, e por outro, trátase de información correspondente a distintos departamentos autonómicos e incluso a distintas administracións, polo que estamos ante un exercido abusivo do dereito á información pública. Como establece a resolución, unha interpretación do dereito de acceso á información pública que implique un exercicio excesivo e indiscriminado do mesmo, solicitando de forma xenérica, todas as axudas e subvencións, orzamentos, actas que afecten a terceiros, cantas anuais, informes de auditoría, actuacións encargados ao gabinete xurídico e a totalidade de expedientes, informes, directivas, infraccións e resolucións que afectan a unha vivenda, información que se solicita para os anos dende o 2011 e 2021, afecta en si mesmo ao exercido deste dereito, excedéndose do obxecto e finalidade da propia norma. (+34) 98: 55 97 40 Rúa Uo Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela info~~co11isiondztransparrr.cia,ga, WW\·'✓.cc1misio:~datransparcncia.gal A simple lectura dos termos nos que se formula a solicitude revela o carácter claramente abusivo e non xustificado pola finalidade da Lei 19/2013. tanto no atinxinte ao volume como ás características da información requirida, así como á extensión temporal da mesma, da que cabe afirmar que de ser atendida a devandita solicitude, requiriría un tratamento que obrigaría a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a subministrar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu traballo e o servizo público que teñen encomendado, o que xustifica suficientemente a súa inadmisión. O informe reitera que malia a inadmisión da solicitude, e coa finalidade de satisfacer na medida do posible o dereito do solicitante ao acceso á información, a resolución indica os lugares web onde se atopa dispoñible aquela parte da información solicitada que podería ser obtida polo propio interesado, por ter sido obxecto de publicidade activa (en particular, a relativa a subvencións e axudas públicas, orzamentos da comunidade autónoma e contas anuais e informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de contrai externo), indicando da forma mais precisa tendo en conta o propio carácter xenérico e indiscriminado da solicitude formulada polo interesado. Coa mesma finalidade, a resolución inclúe amplas consideracións sobre a situación das edificacións que se ubican en zona de servidume de protección de costas en relación coa lexislación de costas. Por último, o informe fai constar a inexistencia da obriga de dar traslado da solicitude de acceso á información pública ao concello de Moaña. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión ,.. v 11, (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compo5.:te!a info((1/comisiondztmnsparcncia,gal www.cornlsiondatrJnsparcncia.gal da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (+34) 9.S: 56 97 40 Rúa do Horreo 1 65 15700; Santiago de Cornpo~tela A Coruñ.:'1 info(@co r1isio ndztransµarenc ia .gat wvif'._•;,corn!sio=~datransparcncia.gal Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Se ben é certo, como se afirma no informe da Consellería, que a reclamación inicial é extemporánea de acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 1/2016 en relación co 24.3 da Lei 19/2013 por estar presentada antes de transcorrer o prazo dun mes dende a solicitude, a Secretaría Xeral Técnica ditou resolución o 30 de xullo (fora de prazo), contra a que a Asociación presentou escrito, que denomina de ampliación y alegaciones, que de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que establece que o erro ou a ausencia na cualificación do recurso polo recorrente, non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu verdadeiro carácter, polo que debe admitirse o escrito presentado como reclamación contra a resolución expresa. Quinto.- Análise do expediente A entidade solicitante requiriu á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) acceso á todo o que se poida documentar dende o ano 2011 a 2021, referente a unha vivenda situada na Praia de O Con no Fiunchal sobre: ■ Subvencións e axudas públicas recibidas dende a Xunta de Galicia • Actas e acordos con destino a obras, servizos, praias, rede de sumidoiros, depuradoras. • Fondoseuropeos ■ Contas anuais ■ Informes de auditoría de contas e de fiscalización ■ Acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico para autorizar as distintas actividades. • Informes de impacto ambiental • Directivas europeas, de Costas ■ Expedientes das infraccións á liña do litoral marítimo • Resolucións para restaurar a legalidade sobre a referida vivenda, (+34j 98156 37 40 Rúa do Horreo, 65 15700, S3ntiago de Con:posrela ACoruña [email protected] wvif·N.cc1misiondatransparencla.gal O dereito de acceso á información ten como finalidade promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a participación cidadá na toma de decisións, ademais de dar a coñecer á cidadanía como se invisten os fondos públicos. O dereito de acceso á información, se ben está esta regulado no noso ordenamento xurídico como un dereito de amplo contido, non é un dereito ilimitado, e as solicitudes de acceso á información pública están sometidas ás causas de inadmisión que se establecen no artigo 18 da Lei 19/2013. De acordo co disposto no apartado c) do dito artigo, serán inadmitidas as solicitudes de información para cuxa divulgación sexa necesaria unha labor previa de reelaboración, e de acordo co disposto no apartado e) as que teñan un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de Transparencia da Lei. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable, de acordo co criterio interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. A Sentenza 60/2016, do 18 de maio, do Xulgado Central do Contencioso Administrativo nQ 6 de Madrid, estableceu que o artigo 13 da Lei 19/2013, recoñece o dereito dos cidadáns ao acceso á información, pero á información que existe e que esta xa dispoñible, o que é distinto, de recoñecer o dereito a que a Administración produza, aínda que sexa con medias propios, información que antes non tiña. A Audiencia Nacional, en sentenza 63/2016 (recurso de apelación),sinalou que o dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancias dun particular, polo que o artigo 18.1.c) permite a inadmisión dunha solicitude cando a información que se solicita require unha elaboración e tarefa de confección por non ser facilmente alcanzable acceder a ela. No mesmo senso, o Tribunal Supremo en sentenza 75/2017 (Recurso de Casación) establece que calquera pronunciamento sobre as causas de inadmisión, e en particular sobre as relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración, debe tomar como premisa a formulación ampla e expansiva coa que aparece configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013. No presente caso, a xustificación invocada pola Secretaría Xeral Técnica baséase en que para dar acceso á información solicitada, debido á amplitude da solicitude que se formula e dos puntos que abarca, implica unha auténtica labor de reelaboración, ao remitir a distintas e variadas fontes de información que pertence ao ámbito funcional de distintos órganos directivos o que implica a recompilación de información de diversas fontes. Necesítase unha labor de reelaboración por canto, a petición inicial de información era concreta no escrito (+34) 98:.. 56 97 40 Rúa Ja Hórreo, 65 15700, S3ntiago de Con:postda info(ii)co nisíondztrans.parcncia.gal ww'N,corn!siondatrJnsparcncia,g¿¡[ inicial (que reitera o reclamante no seu escrito de recurso), de acceso á totalidade do expediente sobre a vivenda e todo o que se poida documentar sobre ela (co contido da informe que se relaciona no apartado de antecendentes desta resolución). No presente caso, sería necesario recompilar a información, revisala e organizala, tendo en conta que, dada a antiguidade dos arquivos (dende hai 10 anos), poden non estar dixitalizados e atoparse en diversas bases de datos, rexistros ou arquivos, coa dedicación exclusiva de tempo, persoal e recursos que suporía unha merma no tramitación dos expedientes habituais da consellería. Como establece a sentencia do Tribunal Supremo citada pola Secretaría Xeral, (sentenza 306/2020), a causa de inadmisión por reelaboración, impide o acceso cando se trata de volver elaborar a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información clasificada ou non; sistematizar, e logo, en remate, divulgar tal información procedente de distintas fontes. En consecuencia, considérase que a resolución de inadmisión motiva suficientemente tanto a necesidade dun verdadeiro labor de reelaboración para dar resposta á solicitude de acceso á información pública formulada, como os elementos obxectivables, de carácter organizativo, funcional ou orzamentaria, que imposibilitan a realización dese labor. Así mesmo, o elevado volume da información obxecto de solicitude, como no presente caso no que se solicita como xa se dixo, información e documentación que poida existir dende hai dez anos, e en distintos centros directivos da Administración Autonómica, pon de relieve que estamos ante un suposto de solicitude abusiva. Como estableceu a Sentenza da Audiencia Nacional do 10 de decembro de 2019 (sala do Contencioso Recurso 00034/2019), a solicitude ten un carácter esencialmente xeral, que implicaría a utilización de importantes recursos humanos e materiais da Administración Pública, en detrimento do normal desenvolvemento do organismo e como xa sinalou a mesma Sala en sentenza do 30 de maio de 2019, (recurso de apelación 1/2019), unha solicitude de información destas características, polo seu volume, extensión, período de tempo, identificación e medios para instrumentar a petición, alén de ocasionar unha disfunción manifesta, non deixa de ser un desiderátum non acorde co espírito e finalidade da normativa de transparencia. Unha solicitude destas características non deixa de ser unha instrumentación da normativa de transparencia que non se acomoda ao espírito e finalidade da norma. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, no seu Criterio lnterpretativo 3/2016 sobre esta causa, asocia o carácter abusivo da solicitude co feito de que non estea xustificada coa finalidade da Lei. Existen así dous elementos esenciais para a aplicación desta causa de inadmisión, que o exercicio do dereito sexa abusivo cualitativamente, e que o exercido do (+34j 9&156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ACoruña ínfo::@ccmisiondatransparcncia,gal wwv:.comisiond aua n spa rcncia,gal dereito peida considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei. Desta forma unha solicitude pode entenderse abusiva cando peida considerarse incluída no concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil, é dicir, cando pola acción, omisión, pola intención do seu autor, polo seu obxecto ou polas circunstancias en que se realice exceda manifestamente os límites normais do exercício dun dereito, ou cando de ser atendida, requira un tratamento que obrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a proporcionar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu traballo e o servizo público que teñen encomendado, e así resulte de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos. Como ten sinalado o Consejo (por todas, as resolucións 181/19 e 350/19), se ben a interpretación do artigo 18.1 e) da Lei 19/2013 non basea o exercício abusivo do dereito nun criterio cuantitativo (número de solicitudes presentadas), senón cualitativo (características da solicitudes presentadas e antecedentes da mesma), estes son aspectos que deben cohonestarse en casos como o presente no que o volume da información solicitada, que abarca todas as posibles actuacións da Administración Autonómica sobre unha vivenda e o seu entorno nun período de dez anos, é un reflexo do exercício abusivo do dereito desde unha perspectiva cualitativa. Unha interpretación do dereito de acceso á información pública regulado na Lei 19/2013 que implique un exercício excesivo e indiscriminado do mesmo, solicitando de forma xenérica, afecta en si mesmo a este dereito, excedéndose do obxecto e finalidade da propia norma. Así, debe lembrarse que é a protección do interese xeral na transparencia pública, como ben común da nosa sociedade, a que debe prevalecer fronte a solicitudes de información que perseguen outros intereses que non encaixan na finalidade perseguida pola Lei, e por tanto, non poden ser considerados superiores. Engadido ao anterior, a solicitude exposta debe analizarse desde a perspectiva do control da acción da Administración e a rendición de contas polas decisións públicas, tendo en conta que, en non poucas ocasións e atendendo ao tipo de información requirida, certamente podería cuestionarse a súa utilidade para garantir o interese común en coñecer a actuación pública, poder participar na mesma e esixir responsabilidades polas decisións dos organismos públicos, todos eles, alicerces fundamentais e ratio iuris da Lei 19/2013. Así, debe lembrarse que é a protección do interese xeral na transparencia pública, como ben común da nosa sociedade, é a que debe prevalecer fronte a solicitudes de información que perseguen outros intereses, que non encaixan na finalidade perseguida pola normativa en mate ria de Transparencia e, por tanto, non poden ser considerados superiores. Considérase que a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda motivou debidamente a súa resolución cunha ponderación razoada e t A> t' ,,,,.. ·- .,">.. .• -~ ,.·,.,¡ ~ (+34)98.: 559740 Rúa do Hórreo, €5 ;$ . • ~ .. . 1 .• 15700, s~ntiago de Compostela i::; transpare11da A Coruña ;:; e:~ Galida baseada en indicadores obxectivos, na que aprecia a necesidade de reelaboración da información solicitada e abuso de dereito, e supoñería, ademais da realización dun informe a medida, unha paralización da súa xestión. Debe destacarse que, a pesares de que a resolución que se impugna inadmitiu polos motivos expresados a solicitude de acceso á información, remite á entidade interesada os links onde se pode atopar parte da información solicitada que foi obxecto de publicación, da forma mais precisa posible, dada a amplitude da solicitude, referida ás subvencións e axudas públicas, orzamentos da comun idade autónoma e contas anuais e informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de contrai externo, así como información referente á normativa que lle é de aplicación ás edificacións que se ubican en zona de servidume de protección de costas. De acordo co anterior, por considerar que a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xustifica de forma suficiente a inadmisión da solicitude, procede a desestimacl ón da reclamación presentada, polo que en base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar contra Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 30 de xullo de 2021, pola que se a inadmite a súa solicitude de acceso á informe e documentación referente a unha vivenda situada na Praia de O Con no Fiunchal. Contra esta resolución que pon fin á via administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021 .10.28 12:18:23 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.