Estimada 26/10/2021 · 82 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Santiago de Compostela sobre receptoras de fondos de campañas de marketing en Europa

Un ciudadano solicitó al Concello de Santiago de Compostela información sobre las empresas receptoras de fondos de campañas de marketing en Europa (2016-2018). Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento proporcionar la información en 10 días hábiles, al tratarse de información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra entidades locales de Galicia según la Ley 1/2016.
2 Se admite la reclamación contra la desestimación por silencio administrativo ya que transcurrió el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3 La información solicitada es considerada pública al haber sido elaborada o adquirida en el ejercicio de las funciones administrativas.
4 El Ayuntamiento debe resolver expresamente el acceso, aplicando los límites de protección de datos personales y ponderando el interés público según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 5 de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 5 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concel lo de Santiago de Compostela, de información referente á identidade da empresa receptora de fondos da "Campaña de márketing en Europa" nos anos 2016 ·a 2018 que figura nos orzamentos de INCOLSA dende o ano 2016, así como as receptoras das partidas denominadas "Campaña de márketing online" en diferentes paises de Europa que figuran nos ditos orzamentos dende o ano 2016. O interesado expón que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia do seu DNI. Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. {+34) 9~15697 40 Rúa <lo Hórreo! 6S 15700, Santiago de Con:post,:;Ja A Coruña info::<1/co11isiond2transparc>ncia.gal WW'N .com Lsio::d atra n spa rcncia. gal A recepción da solicitude pola administración foi o 24 de agosto de 2021, sen que polo Concello se remitise copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do (+34)9Sl569740 15700, Santiago de Compostela A Coruña infoJí.)comisiondêtransparcncia.gal ww·.v.comislondatransparcncia.gal mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e (+3<¡9¡¡ 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela info:@comisiondêtransparcncia.gal www.cornislondatransparcncia.gal reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que o Concello de Santiago de Compostela non ditou resolución expresa sobre a solicitude presentada, procede admitir a reclamación contra a desestimación da mesma, por ter transcorrido o prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a determinada información ao Concello de Santiago de Compostela referente á desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Santiago de Compostela, de información referente á identidade da empresa receptora de fondos dunha campaña de márketing que figura nos orzamentos de INCOLSA dende o ano 2016, así como as receptoras de determinadas partidas en diferentes países de Europa que figuran nos ditos orzamentos dende o ano 2016. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido concreto da información solicitada, pero ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercido das súas funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, abrindo se procede, período de alegacións a terceiros cuxos dereitos poidan resultar afectados sobre o acceso, examinando previamente si a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello de Santiago de Compostela que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. Rúa do Hórreo, 65 .f;.,: i t.. tJ t i_ .. v·, < •.. ~, ·•. {"1 15100, s.antiag--:, de Compost~Ja ACoruñ~ ; • t ransparencla ·i;! ·, Galícia '14 Ô iniv@comisiondatransparer,eia.ga! W','t/l.o..•.co111isiondat.ra1,s.parend a.gc1l Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada po con data 5 de agosto de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Santiago de Compostela, de información referente á identidade da empresa receptora de fondos da "Campaña de márketing en Europa" nos anos 2016 a 2018 que figura nos orzamentos de INCOLSA dende o ano 2016, así como as receptoras das partidas denominadas "Campaña de márketing online" en diferentes países de Europa que figuran nos ditos orzamentos dende o ano 2016. Segundo: Instar ao Concello de Santiago de Compostela a que no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición proporcionando a información solicitada de forma completa, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Santiago de Compostela a que, no prazo máximo de 15 dias hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envio ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.10.2812:20:32 +02'00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Comisión da Transparencia