Se solicitó al Concello de Vigo copia de los expedientes de obras de la Rúa Milladas (2019-2021). Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la interesada reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder en 10 días, al tratarse de información pública elaborada en ejercicio de sus funciones.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición.
2
La reclamación fue admitida por presentarse en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo, conforme a la Ley 1/2016 y la Ley 39/2015.
3
Al ser documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de sus funciones, el Ayuntamiento debe resolver expresamente sobre el acceso.
4
El organismo debe examinar si la información está afectada por los límites de acceso de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013, procediendo a la disociación de datos personales si es necesario.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 6
de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de
outubro de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 6 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
o Concello de Vigo, á copia dos expedientes relativos ás obras levadas a cabo nos anos 2019
y 2021 na Rúa Milladas do dito Concello.
A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 6S
15700, Santiago de Cornpo~rcla
A Corufl~
info@cor11isíond;transparcncia.gal ww\.v.comisio;'!d atra n spa rcncia,gal
A recepción da solicitude polo Concello foi o 26 de agosto de 2021, sen que se tivese recibida
a copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
(+34) 9Sl 56 97 40
15700, Santiago de Cornposte!a
A Coruña
info:@comisiond~-::transparrricia,gal WW'N.cornlsiond.-itranspan:ncia.gal
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereíto son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
críterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esíxencía cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencías engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
matería de acceso a información poderá ínterpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e prevío á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación ínterpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Críterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencíal e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse ínterpoñer recursos de alzada e
(+34) 98:. 56 97 40 Rúa do Hôrreoi 65
15700, Santiago de Con~po5:tda
A Coruña
info:~co 11i síondztransparrr)ci a.gal
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que a interesada presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha
vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no
artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou ao Concello de Vigo, copia dos expedientes relativos ás obras levadas a
cabo nos anos 2019 y 2021 na Rúa Milladas do dito Concello.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero
ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercicio das súas
funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede
aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co
disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada
esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de
forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os
contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos
(artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista,
se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera
caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello de Vigo que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013,
o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de
infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Vigo, de conformidade co disposto no artigo 35 da
Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para
o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
{~34)981 5697 40
157C~~ S3nt iago de Con:po~tela
A.Con,na
O info@comisiondi;tra1-.spar~r.cia.gat
En base aos feitos e fundamentos de dereito .anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Vigo,
á copia dos expedientes relativos ás obras levadas a cabo nos anos 2019 y 2021 na Rúa
Milladas do dito Concello.
Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límit es dos artigos 14 e 15 da lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-adm inistrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa .
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.10.28 12:20:50 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.