Se solicitó a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade el acceso a proyectos educativos del C.I.F.P. Manuel Antonio de Vigo (2016-2018) cofinanciados por fondos europeos. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al organismo a responder y facilitar la información en 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre proyectos educativos cofinanciados por Fondos Sociales Europeos se considera información pública al ser elaborada en el ejercicio de funciones administrativas.
2
La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
3
La administración debe resolver expresamente el acceso, procediendo a la disociación de datos personales o eliminación de contenidos parciales si estos afectan a los límites de acceso previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
4
En caso de que la información afecte a derechos de terceros, es preceptivo abrir el trámite de audiencia y realizar una ponderación entre el interés público y la protección de intereses privados.
5
Se advierte a la Consellería que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 5
de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de
outubro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 5 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto
no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Cultura,
Educación e Universidade, aos proxectos educativos do C.I. F. P. Manuel Antonio de Vigo que,
nos anos 2016, 2017 e 2018, se aprobaron baixo o epígrafe de prevención de abandono
escolar e mellora de cualificación profesional e que foron cofinanciados polos Fondos Sociais
Europeas, a súa contía e as familias profesionais do devandito cent ro educativo encargadas
de executalos.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude e expón os motivos polos
cales ten interese en obter a informe solicitada.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34) 9815697 40 Rúa J~ Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
ACoruña
info~corrisíondztransparcr,cia,gal WW'!.'.confr:;iond atra 11 spa n::nc ia.gal
Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de agosto de 2021, sen que a Consellería
remitise a copia do expediente e o informe solicitado por esta Comisión.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
,1
(+34) %156 97 40 Rúa do Hórreo 1 65
15700, S3nti,Jgo de Cornpostcla
A Coruña
ínfo~comisiondztransparcr.cia,gal www.comlsiond atra nspa rcncia. gal
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
(+ 34j 981 56 97 4G Rúa do Hórreos 65
15700, S:mtiago de Compostela
A Coruña
info~@comisíondzt.ransparencia.gat www.cornislondatranspat-cncia.gal
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso aos proxectos dun centro educativo do aprobados baixo o
epígrafe de prevención de abandono escolar e mellora de cualificación profesional e que foron
cofinanciados polos Fondos Sociais Europeas, información que debe considerarse como
información pública.
A Comisión non ten información sobre o contido concreto da información solicitada, pero ao
tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercicio das súas funcións,
debe a Consellería resolver expresamente sobre o acceso, examinando previamente si a
información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013,
en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datas de carácter persoal existentes
ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos
límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da
ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado
que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
Respecto da información solicitada, cuxo acceso poida afectar a dereitos ou intereses de
terceiras persoas interesadas, debe abrirse o correspondente trámite de audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 1/2016, e unha vez finalizado o mesmo, facer
unha ponderación para determinar si debe primar o interese público na difusión da
información, ou a protección dos intereses privados das persoas interesadas, resolvendo o
que corresponda.
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse á Consellería que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na
correspondente normativa reguladora.
¡¡
-r
j ¡)
•·t
e (•3i) 9Sl 5$ 9740 RV<1 do Hóf reo1 65
15700, Santiago de Cor"rcposteJa
0 transparenôo A Coruña
'it,. .·, Galic.ia e) info@comisiond~trens.par~nci!l.gat W'tY'.'l.COrn isiOf';dUl(ttnsp.an:ncic'.tg_al
Así mesmo, debe lembrarse á Consellería, de conformidade co disposto no artigo 35 da lei
1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o
correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data
do 5 de agosto de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
de acceso ante a Consellería de Cultura, Educación e Un iversidade, aos proxectos educativos
do C.I. F. P. Manuel Antonio de Vigo que, nos anos 2016, 2017 e 2018, se aprobaron baixo o
epígrafe de prevención de abandono escolar e mellora de cualificación profesional e que foron
cofinanciados polos Fondos Sociais Europeas, precisando, ademais, a súa contía e as famílias
profesionais do devandito centro educativo encargadas de executalos.
Segundo: Instar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máximo
de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.10.28 12:19:44 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.