Desestimada 26/10/2021 · 88 días en resolverse

Reclamación contra la resolución de acceso a información sobre autorizaciones de actividades mineras e industriales en Mondoñedo (Lugo) y desestimación de la misma

Una empresa reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la resolución que permitió a una asociación acceder a documentación sobre autorizaciones mineras en Mondoñedo. La empresa alegó falta de legitimación de la asociación y carácter abusivo de la solicitud. La Comisión desestimó la reclamación, ratificando el derecho de acceso a la información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito subjetivo y no requiere que el solicitante sea interesado ni que acredite legitimación alguna.
2 No es requisito para la concesión de la información que el solicitante indique el régimen jurídico bajo el cual basa su solicitud.
3 La documentación solicitada (resoluciones de autorización de aprovechamiento y ampliación de recursos) no se considera información ambiental según la Ley 27/2006.
4 El carácter abusivo de una solicitud debe evaluarse según el contenido objetivo de la documentación y no por las motivaciones o el historial del solicitante.
5 No puede denegarse el acceso basándose en la presunción de un futuro uso ilegítimo de la información, ya que existen otros mecanismos legales de defensa posterior.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en representación de - mediante escrito do 30 de xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, remitiu con data do 10 de agosto de 2021, escrito de reclamación presentado o 30 de xullo de 2021 no Concello de Foz por en representación de - contra a Resolución de 21 de xuño de 2021 da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se que se resolve a solicitude de acceso á información presentada pola de consulta da documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas pola Consellería de Economía, Empresa e lnnovación para a realización de actividades mineiras e industriais, que na actualidade se están a realizar na parcela con referencia catastral do lugar de Monte da Trinidade (Vilamor, Mondoñedo, Lugo), e no seu caso, obtención de copia. O reclamante en síntese indica que á empresa foille notificada sucintamente a existencia daquela solicitude, pero ma lia que en escrito presentado o 17 de xuño de 2020 se pediu copia (+34) 98155 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostcl,1 A Coruña info:g)co-nisiondatransparcnda.gal WW'N.comlsiondatransparcncla,gat daquela solicitude, dos estatutos, da representación á Administración, non se facilitou a mesma. Considera a reclamante que a dita omisión adquire substancial importancia e é determinante da eventual ilegalidade da resolución recorrida e que non compete á administración, ante unha eventual ausencia na solicitude inicial do título lexitimador que se invoca, suplir aquela omisión. Considera que o modo correcto de proceder é requirir ao administrado para que aclare, mellore ou emende aquel defecto, e neste caso, impediuse á empresa comprobar a legalidade da solicitude, xerando efectiva indefensión. Alega a empresa por outra banda, que no ámbito mineiro non existe unha acción pública, polo que se debe declarar a falla de lexitimación activa da actora sobre todas as cuestións expostas pola mesma, relativas á estrita defensa da legalidade mineira (seguridade mineira; viabilidade do proxecto mineiro; alternativas ou métodos explotación etc). Considera que de acordo co disposto na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente o Tribunal Supremo interpretou que por moi amplamente que a Asociación poida definir o seu obxectivos respecto ao medio ambiente, non se converte xa que logo en interesada a efectos de instar ou participar en calquera procedemento. Por último, considera que a solicitude é abusiva, por canto xa se está tramitando o expediente AEIP- MI- LU-2019-06, 2019-10, 2020-02, 2020-05, 2020-06 e, por tanto, estamos ante solicitudes claramente repetitivas e por tanto, abusivas, unido á larguísima traxectoria do solicitante de acceso no que se refire a pedir información e denunciar a esta empresa e as súas actividades. Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021, déuselle traslado da documentación achegada pola entidade reclamante á Consellería de Economía, Emprego e lndustria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 16 de setembro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación Consellería de Economía, Emprego e lndustria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo indícase que a información solicitada é relativa ás autorizacións outorgadas por esta Consellería para a realización de actividades mineiras e industriais nunha parcela no lugar de Monte da Trinidade, en Mondoñedo (Lugo). Respecto das ás alegacións presentadas pola reclamante, que tiña a consideración de terceiro con dereitos afectados neste expediente, son substancialmente idénticas ás que presentou a mesma mercantil no . ,, ' ti@ t): 1 , 5\:.·· 0 (+34)9815(,97 4() Rtia Uo Hóneo, 65 15700, Sa nti~go de CompôStda ACornlla t transpan~nda , ··1 . Galki a e info@comisíondztransparcncia.gai trámite de traslado a terceiros da solicitude de acceso, polo que se remite á resolución ditada o 22 de xuño de 2021 pola Dirección Xeral, na que esas mesmas alegacións xa foron contestadas. Na dita resolución, no fundamento xurídico sexto, e en relación á alegación á solicitude de acceso non se acompañan dat os relativos á asociación solicitante, como xa se puxo de manifesto en varias ocasións, o solicitante asina a solicitude cun certificado dixital en nome da Asociación, tendo por tanto capacidade de representar á dita asociación. En canto a que xa se lle dera acceso á información solicitada noutros expedientes, en concreto, nos expedientes AIP-MI-LU-2019-06, AIP-MI-LU-2019-10, AIP~MI-LU-2020-02, 2020-0SAlP- MI-LU- e AIP-MI-LU-2020-06, polo tanto as devanditas solicitudes son repetitivas a Dirección Xeral xustifica que a solicitude non é repetitiva, por canto en ningún destes expedientes se lle deu acceso á asociación solicitante á Resolución de autorización do aproveitamento nin á Resolución pola que se autoriza a ampliación do recurso. Cuarto.- Con data do 17 de set embro de 2021, ábrese un trámite de audiencia (con remisión de copia da reclamación presentada por por un período de dez días, para que a se o considera oportuno, presente as alegacións ou documentos que estime convintes. Quinto.- Con data do 27 de setembro de 2021, a remite escrito no que fai constar que a súa solicitude de acceso á información está relacionada cunha parcela moi concreta (parcela con referencia catastral de Vilamor, Mondoñedo Lugo), na que segundo se desprende de documentación da Consellería de Economia, á que tivo acceso, non sería titu lar de dereitos mineiros sobre a parcela arriba citada, polo que a súa solicitude ten como obxectivo aclarar e ter constancia documental da titularidade dos dereitos mineiros sobre a -é parcela. A Asociación solicita que a Comisión da Transparencia se cerciore de que titular de dereitos mineiros sobre dita parcela. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de t ransparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e (-!·34) 98: 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Cornpo.s:tel.a A Coruñ3 ínfo~co:nisiondztranspan:r;cia,gal wwv:.conllslond atra n spa :cncia. gal previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que (+34) 98156 97 40 Rúa Uo HóHeo, 65 15700, S3ntiago de Cornpos:tela A Coruña info((Dcomisiondatranspr1rcncla.ga\ ww'.,.1.c::::,rnlsiondatransparcnciJ.gal criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á entidade recorrente aceptou a notificación da resolución con data do 2 de xullo de 2021, e a súa reclamación a presentou no Concello de Foz con data do 30 de xullo do mesmo ano, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente Como xa se pronunciou esta Comisión en reclamación presentada por esta mesma Mercantil, (expedientes RSCTG 19/21 e RSCTG 20/21) o feito de que a Asociación non especificase o réxime xurídico da súa solicitude, sobre si o fixo en base á Lei de acceso á información ou doutra norma, non pode ser en ningún caso motivo de inadmisión da solicitude ou de denegación da informe solicitada como pretende a reclamante, por canto de conformidade co disposto no artigo 17 da Lei 19/2013, a solicitude de acceso á información pode presentarse por calquera medio que permita ter constancia da identidade do solicitante, da información que se solicita, unha dirección de contacto e a modalidade na que se prefire para o acceso á información, sen que sexa un requisito por tanto para a súa concesión, que o solicitante indique o réxime xurídico da súa solicitude. , • ,,..... ~f · .. > ...~. >,.¡S,)' P( ' f y•¡. .)<'; 0 (••34)9S1569740 Rúa Co Hóaeo, 6S 15700, Sa ntiJgode Compô!.tcl3 ~ e transpa rer,da A Coruña 't·~, , ·. Galícia e info@comisiof\d(itr~ns.p<.1r1?nci~.gt)t En canto a ue non se lle remitise á reclamante a copia da solicitude realizada p o l a - nin a copia dos estatutos da dita asociación, como t iñan solicitado, e necesario lembrar, como xa fixo esta Comisión nos expedientes citados no parágrafo anterior, que o acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo, polo que non é esixible nin ter a consideración de interesado nin acreditar lexitimación algunha para o acceso. Neste senso todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercido das súas funcións, que por tanto constitúe información pública, pode ser obxecto dunha solicitude de acceso, sen que sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 1/2016 e 17 da Lei 19/2013, polo que a efectos de acceso á información pública é completamente irrelevante coñecer si os fins para os que se constituíu a asociación, están ou non relacionados coa información solicitada. Respecto da consideración da información solicitada como información ambiental, debemos ter en conta que de acordo co disposto no artigo 2.3 da Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, é información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc.. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente que lles afecten, as medidas administrativas, políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente e os informes sobre a execución da lexislación ambiental. No presente caso, tal e como se fai constar na resolución impugnada, a solicitude ten por obxecto o acceso á Resolución de autorización de aproveitamento de recursos da sección A) nomeada "Trinidad" nº 257 do 29 de abril de 1998 e á Resolución pola que se amplía o recurso de data do 26 de xuño de 2007, polo que non pode considerarse que se trate de información ambiental. Respecto á consideración pola entidade reclamante, de que a solicitude é abusiva e repetitiva, por canto xa se está tramitando outros expedientes de acceso á información, e á traxectoria do solicitante de acceso no que se refire a pedir información e denunciar a esta empresa, por unha banda non pode aceptarse que a mesma é repetitiva, por canto tal e como informa a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, as solicitudes que cita non se lle deu acceso á asociación solicitante á Resolución de autorización do aproveitamento nin á Resolución pola que se autoriza a ampliación do r ecurso. Respecto do carácter abusivo, como xa sinalou esta Comisión en varias ocasións, de acordo coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 436/ 2020, o carácter abusivo dunha solicitude debe avaliarse en función do contido obxectivo da documentación solicitada, e por tanto, as motivacións do solicitante ou os móbiles que lle impulsan non son parte esencial do e (+l4) 9S 1 5~ 97 40 e RUado Hórreo, 65 157ú0, S.;sntiago de Co mpo~teia e i nfo@co:nisiondZrtran sp-atcn-cia.g.lt ~ v..·ww.c~rri!sioné,1trt>nspa!'énd a.gal xuízo sobre a admisibilidade da solicitude de acceso á información pública, sen que poida basearse a inadmisión na presunción polo órgano requirido, dunha futura utilización ilexítima da información obtida. A formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1. Por iso, non pode utilizarse o feito de que o solicitante sexa unha asociación e os seus fins estatutarios desta para tachar de abusiva a solicitude, referida a información pública á que calquera cidadán pode acceder, cando a motivación do solicitante e a finalidade para a que se vai a utilizar esa información nin se expresa na solicitude, nin tiña por que explicitarse. Non se pode denegar o acceso por unha presunción sobre o destino futuros que se lle poida dar a esa información, destino que en todo caso vén condicionado pollo disposto no artigo 24.2 22 da Lei galega 1/2016 de Transparencia e Bo Goberno, conforme ao cal no exercício do seu dereito ao acceso á información pública garantirase á cidadania a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou out ras leis. É dicir, calquera utilización da información non t erá máis limitacións que as derivadas con carácter xeral das leis, e se esa utilización fose ilexítima, o reclamante poderá utilizar os mecanismos de defensa previstos no ordenamento xurídico, pero non pode utilizarse ese eventual feito posterior, futuro e hipotético como un prius que impida o exercido dun dereito recoñecido legalmente a todas as persoas, neste caso a unha Asociación. Neste senso, considérase, tal e como figura no informe da Consellería, que non existen elementos que poidan constata r que a solicitude de acceso teña finalidade antixurídica algunha. Por último, non se pode acceder á solicitude da Asociación no seu escrito de alegacións de que a Comisión da Transparencia se cerciore de que é titular de dereitos mineiros sobre dita parcela, dado que non é unha competencia que lle corresponda, debendo ser a citada asociación a que leve a cabo esa constatación, no momento no que se lle dea acceso ao expediente. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Desestimar a reclamación presentada por en representación de contra Resolución de 21 de xuño de 2021 da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que que se resolve a solicitude de acceso á Rúa Co HórfeO. 6S .. •ile< { ,,.í')'• zf ·,. ..:" -~ " .-.".· 1$700, Szrnti~go de Composte~a 1i: t ransparencia A Coruña ';;: Galíci a e info(~omiskmd"transparcnci~.gat información presentada pola de consulta da documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas pola Consellería de Economía, Empresa e lnnovación para a realización de actividades mineiras e industriais, que na actualidade se están a realizar na parcela con referencia catastral do lugar de Monte da Trinidade (Vilamor, Mondoñedo, Lugo), e no seu caso, obtención de copia. Contra esta resolución que pon fin á vía admin istrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021 .10.28 12:23:32 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.