Desestimada 26/10/2021 · 88 días en resolverse

Reclamación contra la resolución de acceso a documentación pública sobre autorizaciones de depósitos de combustible en Mondoñedo y desestimación de la misma

Una empresa reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la resolución que permitió a una asociación acceder a documentación sobre depósitos de combustible en Mondoñedo. La empresa alegó falta de legitimación, solicitud abusiva y genérica. La Comisión desestimó la reclamación, confirmando el derecho de acceso a la información pública sin necesidad de motivación.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito objetivo y subjetivo, por lo que no es exigible acreditar legitimación ni interés particular para obtener la información.
2 No es un requisito para la concesión del acceso que el solicitante indique el régimen jurídico de su solicitud ni motive la misma.
3 La solicitud no se considera genérica al identificar la finca mediante referencia catastral y solicitar expedientes de autorización concretos que deben existir en la administración.
4 El carácter abusivo de una solicitud debe evaluarse según el contenido objetivo de la documentación y no basándose en las motivaciones o móviles del solicitante.
5 No procede denegar el acceso basándose en la presunción de un futuro uso ilegítimo de la información, ya que existen otros mecanismos legales de defensa contra dicha utilización posterior.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en representación de mediante escrito do 30 de xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, remitiu con data do 10 de agosto de 2021, escrito de reclamación presentado o 30 de xullo de 2021 no Concello de Foz por en representación de - contra a Resolución de 2 de xullo de Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se resolve a solicitude de acceso presentada pola - de consulta da documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas pola Consellería de Economía, Empresa e lnnovación para a instalación de dous depósitos, posiblemente de combustible, na parcela con referencia catastral do lugar de Monte da Trinidade (Vilamor, Mondoñedo, Lugo) (Expediente AIP-MI-SC-2021-22). O reclamante en síntese indica que á empresa foille notificada sucintamente a existencia daquela solicitude, pero malia que en escrito presentado o 17 de Xuño de 2020 pediuse copia daquela solicitude, dos estatutos, da representación á Administración, non se facilitou a mesma. Considera a reclamante que a dita omisión adqui re substancial importancia e é determinante da eventual ilegalidade da resolución recorrida e que non compete á administración, ante unha eventual ausencia na solicitude inicial do título lexit imador que se invoca, suplir aquela omisión. Considera que o modo correcto de proceder é requirir ao administrado para que aclare, mellore ou emende aquel defecto, e neste caso, impediuse á empresa comprobar a legalidade da solicitude, xerando efectiva indefensión. Alega a empresa por outra banda, que no ámbito mineiro non existe unha acción pública, polo que se debe declarar a falla de lexitimación activa da actora sobre todas as cuestións expostas pola mesma, relativas á estrita defensa da legalidade mineira (seguridade mineira; viabilidade do proxecto mineiro; alternativas ou métodos explotación etc). Considera que de acordo co disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente o Tribunal Supremo interpretou que por moi amplamente que a Asociación poida definir o seu obxectivo respecto ao medio ambiente, non se converte xa que logo en interesada a efectos de instar ou participar en calquera procedemento. Considera que dado que se solicitou acceso a documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas para a instalación de dous depósitos, posiblemente de combustible, na parcela con referencia catastral é unha solicitude xenérica e inconcreta e que debe ser elaborada e por tanto non procede atender á dita petición. Por último, considera que a solicitude é abusiva, por canto xa se está t ramitando o expediente AEIP- MI- LU-2019-06, 2019-10, 2020-02, 2020-05, 2020-06 e, por tanto, estamos ante solicitudes claramente repetitivas e por tanto, abusivas, unido á larguísima traxectoria do solicitante de acceso no que se retire a pedir información e denunciar a esta empresa e as súas actividades. Segundo. Con data do 20 de agosto de 2021, déuselle traslado da documentación achegada pola entidade reclamante á Consellería de Economía, Emprego e lndustria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 16 de setembro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. ,, RÚ() do Hórreo, 65 1$7ú0: Santi.-:tgo d~ Compo..~tc1a AComña 6 info.@comisiond¿¡transparrncia.gat www.comisiotid3transµarenciJ.gat Neste informe, en resumo indícase que a información solicitada é relativa ás autorizacións outorgadas por esta Consellería para a realización de actividades mineiras e industriais nunha parcela no lugar de Monte da Trinidade, en Mondoñedo (Lugo). Respecto ás alegacións presentadas pola reclamante, que tiña a consideración de terceiro con dereitos afectados neste expediente, son substancialmente idénticas ás que presentou a mesma mercantil no trámite de t raslado a terceiros da solicitude de acceso, polo que se remite á resolución ditada o 25 de xuño de 2021 pola Dirección Xeral, na que esas mesmas alegacións xa foron contestadas. Na dita resolución, no fundamento xurídico sexto, e en relación á alegación á solicitude de acceso non se acompañan datos relativos á asociación solicitante, como xa se puxo de manifesto en varias ocasións, o solicitante asina a solicitude cun certificado dixital en nome da Asociación, t endo por tanto capacidade de representar á dita asociación . En canto a que xa se lle dera acceso á información solicitada noutros expedientes, en concreto, nos expedientes AIP-MI-LU-2019-06, AIP-MI-LU-2019-10, AIP-MI-LU-2020-02, 2020-0SAlP- MI-LU- e AIP-MI-LU-2020-06, polo tanto as devanditas solicitudes son repetitivas a Dirección Xeral xustifica que a solicitude non é repetitiva, por canto en ningún destes expedientes se lle deu acceso á asociación solicitante á Resolución de autorización do aproveitamento nin á Resolución pola que se autoriza a ampliación do recurso. Cuarto.- Con data do 17 de setembro de 2021, ábrese un trámite de audiencia (con remisión de copia da reclamación presentada por por un período de dez días, para que a se o considera oportuno, presente as alegacións ou docu mentos que estime convintes, sen que se recibise escrito de alegacións. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación previst a no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. (+34) 98156 97 40 Rúa Jo Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info:@cc,misiondêtransparcncia.gal ww'.•1,corn!.siondatrJnspãn.::ncfJ,gJl O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación RUa do Hórre-0, 65 f ,,: ,· í" {-~~ •.., l :'.>'100, S-3nti.lg•:i dc Con~post.~la _;:~. t, anspnr0ncia A Coruña ::; ,( Gzlida ww".v.comisiondatrallSp:lttncia.g¿il dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transpa rencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á entidade recorrente aceptou a notificación da resolución con data do 2 de xullo de 2021, e a súa recla mación a presentou no Concello de Foz con data do 30 de xullo do mesmo ano, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente Como xa se pronunciou esta Comisión en reclamación presentada por esta mesma Mercant il, (expedientes RSCTG 19/21, RSCTG 20/21 e RSCTG 116/21) o feito de que a Asociación non especificase o réxime xurídico da súa solicitude, sobre si o fixo en base á Lei de acceso á información ou dout ra norma, non pode ser en ningún caso motivo de inadmisión da solicitude ou de denegación da informe solicitada, por canto de conformidade co disposto no artigo 17 da Lei 19/2013, a solicitude de acceso á información pode presentarse por calquera medio que permita ter constancia da identidade do solicitante, da información que se solicita, unha dirección de contacto e a modalidade na que se prefire para o acceso á información, sen que sexa un requisito por tanto para a súa concesión, que o sol icitante indique o réxime xurídico da súa solicitude. En canto a que non se lle remit ise á reclamante ai copia da solicitude realizada p o l a - nin a copia dos estatutos da dita asociación, como tiñan solicitado, é necesario lembrar, como xa fixo esta Comisión nos expedientes citados no parágrafo anterior), que o acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo, polo que non é esixible nin ter a consideración de interesado nin acreditar lexitimación algunha para o acceso. Neste senso (+34j9Sl56974G Rúa da Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info~Wco11isioncbtransparcncia.ga: WW\'".'.CCJm!.siond<Jtransparcncia.gal todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercício das súas funcións, que por tanto constitúe información pública, pode ser obxecto dunha solicitude de acceso, sen que sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 1/2016 e 17 da Lei 19/2013, polo que a efectos de acceso á información pública é completamente irrelevante coñecer si os fins para os que se constituíu a asociación, están ou non relacionados coa información solicitada. Respecto da consideración da información solicitada como información ambiental, debemos ter en conta que de acordo co disposto no artigo 2.3 da Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, é información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente que lles afecten, as medidas administrativas, políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente e os informes sobre a execución da lexislación ambiental. No presente caso, tal e como se fai constar na resolución impugnada, a solicitude ten por obxecto o acceso á Resolución de autorización de aproveitamento de recursos da sección A) nomeada "Trinidad" nº 257 do 29 de abril de 1998 e á Resolución pola que se amplía o recurso de data do 26 de xuño de 2007, polo que non pode considerarse que se trate de información ambiental. Non pode aceptarse por outra banda, a consideración pola reclamante de que, dado que se solicitou acceso á documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas para a instalación de dous depósitos nunha parcela é unha solicitude xenérica e inconcreta e que debe ser elaborada, non procedendo atender á dita petición, por canto, por unha banda, o solicitante indica a finca, coa referencia catastral sobre a que solicita o acceso á documentación da autorización, e por outra está a solicitar acceso a expediente de autorización de depósitos, expedientes de autorización que deben existir, e non deben ser elaborados expresamente para dar unha resposta á solicitude. Respecto á consideración pola entidade reclamante, de que a solicitude é abusiva e repetitiva, por canto xa se está tramitando outros expedientes de acceso á información, e á traxectoria do solicitante de acceso no que se refire a pedir información e denunciar a esta empresa, por unha banda non pode aceptarse que a mesma é repetitiva, por canto tal e como informa a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, as solicitudes que cita non se lle deu acceso á asociación solicitante á Resolución de autorización do aproveitamento nin á Resolución pola que se autoriza a ampliación do recurso. Q Rúa do Hóueo, 65 15700, S3nti.a~p de Co mpostela AComña • www.comisiondatt.1nspanz•n da,gc>l Respecto do carácter abusivo, como xa sinalou esta Comisión en varias ocasións, de acordo coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 436-2020, o carácter abusivo dunha solicitude debe avaliarse en función do contido obxectivo da documentación solicitada, e por tanto, as motivacións do solicitante ou os móbiles que lle impulsan non son parte esencial do xuízo sobre a admisibilidade da solicitude de aoceso á información pública, sen que poida basearse a inadmisión na presunción polo órgano requirido, dunha futura utilización ilexítima da información obtida. A formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1. Por iso, non pode utilizarse o feito de que o solicitante sexa unha asociación e os seus fins estatutarios desta para tachar de abusiva a solicitude, referida a información pública á que calquera cidadán pode acceder, cando a motivación do solicitante e a finalidade para a que se vai a utilizar esa información nin se expresa na solicitude, nin tiña por que explicitarse. Non se pode denegar o acceso por unha presunción sobre o destino futuros que se lle poida dar a esa información, destino que en todo caso vén condicionado polo disposto no artigo 24.2 22 da Lei galega 1/2016 de transparencia e bo goberno, conforme ao cal no exercício do seu dereito ao acceso á información pública garantirase á cidadanía a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis. É dicir, calquera utilización da información non terá máis limitacións que as derivadas con carácter xeral das leis, e se esa utilización fose ilexítima, o reclamante poderá utilizar os mecanismos de defensa previstos no ordenamento xurídico, pero non pode utilizarse ese eventual feito posterior, futuro e hipotético como un prius que impida o exercido dun dereito recoñecido legalmente a todas as persoas, neste caso a unha Asociación. Neste senso, considérase, tal e como figura no informe da Consellería, que non existen elementos que poidan constatar que a solicitude de acceso teña finalidade antixurídica algunha. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Desestimar a reclamación presentada por en representación de contra a Resolución de 2 de xullo de Dirección Xeral de Planificación En ursos Naturais pola que se resolve a solicitude de acceso presentada pola de consulta da documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas pola Consellería de Economía, Empresa e ) 0 (+34) 9H569740 o Róa <.!o Hôn eo, 65 15700, Santiago dc Compost~la A.Coruña www.cor11isioncdatransp11'c=n-da.gill lnnovación para a instalación de dous depósitos na parcela con referencia catastral o lugar de Monte da Trinidade (Vilamor, Mondoñedo, Lugo). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 202 1.10.28 12:21 :44 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.