El solicitante pidió a la Consellería de Medio Ambiente de Galicia certificaciones y el expediente completo del Tecor. Alegó falta de respuesta y posibles ilegalidades en la constitución del organismo. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación por considerarla repetitiva y un ejercicio abusivo del derecho de acceso.
Puntos clave de la argumentación
1
Las solicitudes de emisión de certificaciones o informes ad hoc no están amparadas por la normativa de transparencia, ya que esta regula el acceso a documentos ya existentes y no la generación de nuevos.
2
Se considera que la solicitud es repetitiva al coincidir el sujeto solicitante y el objetivo con peticiones anteriores que ya fueron resueltas y notificadas sin que se interpusieran recursos.
3
El volumen de información solicitado, que abarca más de veinte años de actuaciones, constituye un ejercicio abusivo del derecho desde una perspectiva cualitativa.
4
Una solicitud general que requiera medios humanos y materiales desproporcionados puede ocasionar una disfunción manifiesta en el organismo, contraviniendo el espíritu de la Ley 19/2013.
5
El derecho de acceso se limita a información real y efectiva que obre en poder de la Administración, no siendo competencia de la Comisión juzgar si un documento debería o no existir.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por que t ivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo o 17 de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro: presentou, mediante escrito con data de entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo do 17 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra
a desestimación por silencio administrativo de varias solicitudes á Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda de emisión de certificacións e aportación de copia de
documentación referida ao Tecor
O reclamante indica que non recibiu resposta á súa petición. Coa súa reclamación, achega un
escrito que ten data de 16 de agosto de 2021, no que relata o procedemento de creación do
referido Tecor, a normativa que lle é de aplicación, a documentación que debe acompaña rse
ao expedient e de creación e os dereitos dos titulares dos terreos.
Afirma que solicitou á Consellería de Medio Ambiente 47 veces que certificase a existencia da
documentación do Tecor, sen ter obtido a mesma.
Entre o solicitado, figura petición de documentación que considera que o Tecor tiña que
presentar, como o Pian quinquena l de Ordenación cinexética e acreditación da renovación da
concesión, dos que afirma que non constan no expediente.
(+34) 9-3156 97 40
15700; Santiago de Corrq::,o~tela
A Coruti:~
info'.P)co r1isío ndztr 0 nspa rcncia, gal WW\\' .corn !sio:~c <1tr a 11 spa n:::nc i J. gJ l
En escrito que ten data do 16 de agosto de 2021, reitera que presentou ante a Consellería de
Medio Ambiente 47 formularias de documentación e información referente ao expediente de
creación do referido Tecor, e sinala o que considera anomalías na tramitación do referido
expediente e incumprimentos polo Tecor das condicións de autorización.
Segundo.- Con data do 3 de setembro de 2021, solicitouse á Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda a remisión de copia do expediente e de informe sobre a reclamación
presentada.
Terceiro. Con data do 21 de setembro de 2021 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
No informe da Xefatura Territorial da Coruña que se remite, en síntese se indica que o
reclamante iniciou a presentación de solicitudes de información por rexistro o 10 de setembro
de 2018, pedindo, en tres escritos diferentes, determinada información en relación co Tecor
de e outra información xenérica relativa á normativa de caza, das que
se lle deu contestación nas que se lle remitiu información e documentación con data do 26 de
novembro e 4 de decembro de 2018.
Con data do 18 de decembro de 2018, unha persoa xurídica da cal é representante o
reclamante, presentou solicitude de novos datas complementarias sobre o proceso de
constitución do Tecor e o cato privado que lle precedeu, que foi contestada con data do 22
de decembro dese ano.
Consta unha terceira solicitude complementaria de información presentada pola mesma
persoa xurídica á que se lle deu contestación con data do 10 de xaneiro de 2019.
Con data do 4 de febreiro de 2019, o reclamante solicitou copias de diversa documentación
que obra no expediente, solicitude que resolveuse con data do 12 de marzo de 2019.
Con data do 9 de marzo de 2019, a citada persoa xurídica solicita mais datas relacionados co
Tecor, solicitude sobre a que se resolve con data do 1 de abril de 2019.
Con data do 3 de xuño de 2020, o interesado volveu a solicitar copias das autorizacións
expresas outorgadas ao Tecor. Polo Servizo de Patrimonio Natural requiríuselle para que
previamente a facilitarlle esta información, presentase unha solicitude de información
particular segundo modelo PROBA e que acreditase a súa condición de interesado en cada
procede menta.
Con data do 17 de novembro de 2020, polo Servizo do Patrimonio Natural emitiu informe
sobre as 10 queixas presentadas polo interesado no que se enumeran todas as solicitudes
Í'" 34) 9fl 56 97 40 Rúa úo Hórreo, 6:"}
15700, S3ntiag:l de Cornpostela
A Coruña
ínfo:q)comisiond;;transparcnc:J.gal WW'N.c-e.,rn:siondatranspat.:nôa.gal
anteriores que xa foron contestadas en 2018 e 2019, entre as que se atopan solicitudes de
emisión de informes ou certificados, que non se corresponde coa normativa de transparencia.
No referente á reclamación que deu lugar ao expediente RSCTG 121/2021, correspóndese coa
solicitude de información pública presentada o 30 de maio de 2021.
Considera o informe en relación á solicitude de acceso á informe, que a interpretación do
artigo 18.1 e) da Lei 19/2013 (referida á causa de inadmisión de solicitudes que sexan
manifestamente repetitivas ou teñan un carácter abusivo), non basea o exercício abusivo do
dereito nun criterio cuantitativo (número de solicitudes presentadas), senón cualitativo
(características da solicitudes presentadas e antecedentes da mesma), e estes son aspectos
que deben compatibilizarse en casos como o presente, no que se solicita documentación
correspondente a 20 anos.
No presente caso, e de acordo co criterio do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno,
considera que existiu un exercício excesivo e indiscriminado do dereito de acceso, solicitando
de forma reiterada a mesma documentación, información que ven solicitando dende o ano
2018 dun xeito continuado, solicitudes que foron resoltas e notificadas.
Considérase que excede manifestamente os límites normais do exercício dun dereito, neste
caso o de acceso aos expedientes de 20 anos, especialmente tendo en conta que non é posible
solicitar ao reclamante que concrete ou acate a súa petición, xa que expresamente solicita
todo.
De acordo co anterior, por Resolución do 20 de setembro de 2021, inadmitiuse a solicitude.
Cuarto.- Con data do 27 de setembro de 2021, a Secretaría Xeral Técnica, a fin de completar
o expediente, remite copia da Resolución do 24 de setembro de 2021 da Conselleira de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda de convalidación da resolución da Xefatura Territorial de A
Coruña do 20 de setembro de 2021 relativa á solicitude do interesado e copia da notificación
electrónica da Resolución ao mesmo.
Nos antecedentes da resolución, faise constar que o interesado manifesta que no expediente
de constitución do Tecor aprobado en agosto de 2001, non se cumpriron os requisitos esixidos
pola Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, polo que os funciona rios da Xunta de Galicia
levarían 21 anos cometendo varias delitos de prevaricación.
O interesado iniciou a presentación de solicitudes de información sobre o Tecor con data do
10 de setembro de 2018, así como outra información xenérica relativa á normativa de caza,
solicitudes que lle foron contestadas dende o Servizo de Conservación da Natureza da Coruña.
(-;-34) 9815597 40 Rúa d:i Hórreo 1 65
15700, Santiago de Con:poste!a
A Coruña
ínfo(,:Vco:"lisiondatransparcnCia.gal wwv1.cornlslo:1datransparcncia.gal
Así mesmo constan contestadas as súas solicitudes do 26 de novembro de 2018, incluídas as
cuestións xerais sobre a normativa de caza e sobre a constitución dos tecores, do 18 de
decembro de 2018, sobre novos datos complementarias sobre o proceso de constitución do
Tecor e determinados aspectos do cumprimento da legalidade vixente no momento da
constitución do Tecor e cambias na titularidade dos dereitos cinexéticas dos terreos
pertencentes ao mesmo. Con data do 22 de decembro de 2018, concedéuselle acceso a novos
datos e informóuselle de diversas cuestións solicitadas. Á solicitude de información
presentada con data do 9 de decembro de 2018, déuselle contestación con data do 10 de
xaneiro de 2019, de acceso aos datos solicitados. Se lle concedeu acceso con data do 12 de
marzo de 2019, ás copias de diversa documentación solicitada con data do 4 de febreiro de
2019, entre os que se atopan os Plans anuais de aproveitamento cinexética. Remítese nova
información con data do 11 de abril de 2019, referida a axentes medioambientais, batidas por
danos de xabaril, informes dos axentes medioambientais, e sancións ao Tecor dende a súa
creación.
Respecto da afirmación de que o Tecor constituíuse ilegalmente, se lle dá unha explicación da
normativa que lle é de aplicación.
Con data do 13 de marzo remitíuselle nova documentación sobre a constitución do Tecor e a
súa ordenación cinexética.
E finalmente, con data do 20 de setembro de 2021 ditouse pola resolución pola que se
inadmite a súa solicitude de obtención de copias de todos os expedientes ao atoparse entre
os supostos previstos no artigo 18.1.e) da Lei 19/2013, polos motivos que figuran nos seus
fundamentos.
Quinto.- Con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 13 de outubro de 2021, o
reclamante presenta escrito de reclamación contra a Resolución do 24 de setembro de 2021,
de convalidación da resolución da Xefatura Territorial de A Coruña do 20 de setembro de
2021.
Non dito escrito, prescindindo das valoracións realizadas polo reclamante sobre persoal da
Consellería e sobre materias non relacionadas co dereito de acceso á información, en resume
alega que os límites dos art. 14 e 15 da Lei 19/2013 non son de aplicación, que non se lle
contestou a ningunha solicitude das efectuadas nos anos 2019 e 2020, que a única solicitude
que se repite é a de entrega de copia dos documentos que acrediten que o Tecor presentou
o 12 de decembro de 2000 ou posteriormente, a documentación da cesión dos dereitos
cinexéticas das parcelas, que non foi contestada nunca.
Considera o reclamante que a resolución de convalidación dá por válidos os parágrafos 17 e
20, nos que se fai referencia a que de acordo coa normativa de aplicación, o Tecor non
{1•34) 981 SG 97 40 Rúa Jn Hórreo, 65
15700, Santiago de Con:postela
A Corufla
info:.q)comisíond,;transparcnciJ.gal WW'N,con1i.sio=-!datranspa:cncia.gal
necesitaba acreditar a cesión de terreos e que a ausencia de acordos expresos de cesión de
dereitos cinexéticas no expediente de constitución do Tecor non presupón ningún
incumprimento da Lei 4/1997, do que o reclamante afirma que a súa inexistencia é unha
ilegalidade.
Afirma o reclamante que a súa solicitude de tramitación de procedemento de exclusión da
caza no seu predio, e na que que solicita unha medida cautelar de prohibición da caza nos
seus terreos, que se concreta en solicitude de inicio e tramitación dos expedientes necesarios
para a exclusión do predio do Tecor, de prohibición total de caza no predio de prohibición de
acceso ao predio de persoas alleas a propiedade ou sen autorización e de medida cautelar de
prohibición de acceso ao predio aos membros do Tecor, non foi contestada.
Reitera que presentou 19 solicitudes de Información, distintas cada unha e que só foron
contestadas 2, polo que faltan por contestar 17, que non son repetitivas senón distintas.
Considera que o argumento reflectido na resolución de convalidación segundo o cal se lle
inadmite a súa solicitude de obtención de copias de todos expedientes do Tecor por atoparse
entre os supostos previstos no artigo 18.1.e), é inadmisible e non aplicable polo que a
resolución de convalidación é nula. Así mesmo, considera que o argumento de que o
interesado debe concretar a súa solicitude, xa que facilitarlle copia de todo o relacionado co
Tecor claramente impediría o funcionamento normal do Servizo do Patrimonio Natural non é
aceptable.
O reclamante considera que ten dereito a obter copia íntegra de todo ou expediente e que se
non existen os documentos solicitados, o Tecor estaría en situación ilegal.
Comunica que con data do 5 de setembro de 2021, solicitou no servizo de Caza da Xefatura
Territorial da Coruña, que se lle certificasen unha serie de aspectos relacionados co Tecor e
copias de determinadas autorizacións e informes emitidos pola Consellería e que é parte da
documentación solicitada desde 2018, é a documentación que acredite que o Tecor obtivo a
cesión de dereitos cinexéticas dos terreos incluídos no ámbito xeográfico do mesmo, que
procedeu á renovación dos dereitos cinexéticas, a documentación que acredite a
presentación dos plans quinquenais, que se expediron/outorgaron autorizacións expresas ao
Tecor para poder cazar en zonas que sufriron incendias forestais e que cumpriu as condicións
reflectidas no documento de aprobación do Tecor do ano 2001. O reclamante considera que
dado que non se lle remitiu esa información, é que non existe.
Sexto.- Con data do 14 de outubro de 2021, solicitóuselle a Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda a emisión de informe sobre o contido do escrito presentado polo
reclamante contra a Resolución do 24 de setembro de 2021, de convalidación.
{+34j 95156 97 40
15700, Santiago de Cornpo$tela
wwvJ.comisiondzitranspa!·cncia.gal
Sétimo.- Con data do 21 de outubro de 2021, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
oficio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co que se remite informe da
Xefatura Territorial sobre o escrito presentado polo reclamante contra a Resolución de
convalidación do 24 de setembro de 2021.
No dito informe en resumo, faise constar que con data do 26 de novembro de 2018,
remitíuselle ao interesado información solicitada referida á solicitude de declaración do Tecor
e á documentación que nel consta (memoria, Plano de delimitación, relación de parcelas
incluídas, pian de Ordenación cinexética, trámite de información pública, sesión do Comité de
caza provincial), informe sobre a normativa de aplicación á solicitude da resolución de
aprobación provisional, data de sinatura de transformación do Couto Privado en Tecor (con
indicación da solicitude, lexislación que lle é de aplicación, data de aprobación do couto),
normativa aplicable en materia de concesión de batidas, épocas hábiles de caza, medidas de
contrai por danos e os réximes especiais por espedes, procedemento para autorizar batidas
e documentación que se debe achegar e outros aspectos relacionados co exercido da caza, e
se lle indica a forma de poñerse en contacto co servizo para consultar algunha problemática
concreta que lle afecte.
A solicitude foi presentada nova mente polo interesado con data do 26 de novembro de 2018,
á que se lle deu resposta con data do 4 de decembro do 2018.
Con data do 18 de decembro do mesmo ano, unha persoa xurídica da cal é representante o
reclamante solicitou novos datos complementarias sobre o Tecor e o coto privado que lle
precedeu, que foi contestada con data do 22 de decembro de 2018, concedendo o acceso aos
datos solicitados (constitución do tecor e os cambias na titularidade dos dereitos cinexéticas
dos terreos incluídos no mesmo).
Nas mesmas datas, a persoa xurídica da que é administrador o reclamante, presentou outra
solicitude de información complementaria relativa ao Tecor, da que se lle da resposta o 3 de
xaneiro de 2019, coa informe referente a datos dos tecores extremeiros, información
referente á relación de presidentes do Tecor, o seu réxime cinexética, enderezo, batidas, e
autorizacións outorgadas ao Tecor que se detallan no informe.
Con data do 4 de febreiro de 2019, o interesado solicitou copias de diversa documentación do
expediente do Tecor do que se lle concedeu aceso con data do 12 de marzo de 2019.
Con data do 9 de marzo de 2019 a persoa xurídica da que é administrador único o reclamante
solicitou nova documentación referida a axentes medioambientais, batidas por danos de
xabaril nos últimos 5 anos, informes dos axentes medioambientais sobre as solicitudes de
batidas por danos, sancións ao Tecor dende a súa creación, sobre a que se concedeu o acceso
con data do 11 de abril de 2019.
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, S3nti;:igo de Compostela
ww'N.cc"Jrnisio:~datranspa:-:..:ncia.gal
Con data do 3 de xuño de 2020, o interesado solicitou copias das autorizacións expresas
outorgadas ao Tecor dende 2008 e posteriormente remitiu dez queixas á Dirección Xeral de
Avaliación e Reforma Administrativa sobre as que se realizou un informe con data do 17 de
novembro de 2020.
En diversos escritos presentados o reclamante solicita a emisión de informes ou certificados,
o que non se correspondería coa normativa de transparencia e de acceso a información
pública {xa que o acceso á dita información non implica a xeración de documentos novos) e
con data do 30 de maio de 2021, solicita que se lle proporcionase copia completa de todo o
expediente do Tecor, escrito ao que se lle deu contestación con data do 20 de setembro de
2021, inadmitíndose o mesmo, por tratarse dun exercício excesivo e indiscriminado do dereito
de acceso á información, solicitando de forma continuada dende o ano 2018 documentación
sobre o Tecor, solicitudes que foron resoltas e notificadas.
Baséase así mesmo en que a solicitude excede manifestamente os límites normais do
exercício dun dereito, neste caso o de acceso aos expedientes de 20 anos, especialmente
tendo en conta que non é posible pedirlle que concrete ou acoute a súa petición, xa que
expresamente solicita todo e facilitarlle copia de todo o relacionado co Tecor dende a súa
solicitude de constitución no ano 2000 ata a actualidade, claramente impediría o
funcionamento normal do Servizo do Patrimonio Natural.
Considera o informe que os termos vexatorios e despóticos que emprega o reclamante nos
seus escritos, e a imputación de delitos a funcionarios, afecta en si mesma ao exercido do
dereito á información pública, excedéndose do obxecto e finalidade da propia norma, sendo
unha actitude claramente abusiva e desproporcionada, non xustificada coa finalidade da Lei
19/2013.
No informe danse explicacións sobre a cesión dos dereitos cinexéticos das parcelas do citado
Tecor, e se tal cesión era esixible legalmente, sobre a afirmación do reclamante de que o
Tecor constituíuse ilegalmente, sobre a necesidade de renovar os dereitos do lecor,
concluíndose que informouse ao reclamante das cuestións relacionadas cos dereitos
cinexéticos do Tecor, a pesar do cal, continúa insistindo nas súas peticións e nas súas
interpretacións erróneas sobre as leis de caza.
Considera o informe que a resolución do 20-09-2021 da xefa territorial da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña é a denegación dunha solicitude de
información particular, distinta á que motiva o expediente RSCTG 121/21, na que pedía a
identificación das autoridades e persoal responsables da tramitación da aprobación do Tecor
que non está relacionada co expediente RSCTG 121/2021, a pesar de que o interesado
mestura ambas as dúas resolucións e que está referida ás posibles afectacións nas súas
propiedades polas actividades do Tecor.
(+34j 9815697 40 Rúa do Hôrreo 1 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruria
info:@co:nisiondz:trans.parcncia.g:al WW'.N.GJm!sio::datranspa=-cncia.gal
Así mesmo, a emisión de certificados solicitados, tampouco están relacionados co expediente
RSCTG 121/2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
{+34j 981.5697 40 Rúa do Hórreo, E:'.)
15700, S3ntiago de Cornpost<2!a
ACorw\a
infoc~comisiondctransparcncia.ga; WW'.'.'.cornlslondatransparcncia.gal
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro}.
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1}. No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
(+34j 9S, 56 97 40 Rúa <lo Hórreo) 65
15700, Santiago de Cornposte!a
A Coniña
ínfo~@co·nisiondztransparcncia,gal ww'N .cornlsiond at-a 11 spJ n:::ncia. gal
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, o interesado presentou a solicitude con
data do 30 de maio de 2021, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda resolveu
o 22 de setembro de 2021, unha vez transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.3
da Lei 1/2016 e cando o interesado xa tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, debe
admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Tal e como informa a Consellería, o interesado presentou varias solicitudes dende o ano 2018,
dentro das cales, nalgunhas delas solicitaba a emisión de certificacións, outras eran escritos
de queixa, noutras se solicitaba a elaboración de informes específicos, e noutras acceso a
determinada información ou documentación.
As solicitudes referentes a emisión de certificacións, elaboración de informes ou escritos de
queixa, como ben se afirma nos diversos informes remitidos pola Consellería, non están
amparadas pola normativa de Transparencia, xa non se solicita acceso a contidos ou
documentos que estean en poder da mesma, elaborados ou adquiridos no exercido das súas
funcións, senón da elaboración ad hoc dun documento (certificado ou informe).
Os escritos de queixa, tampouco constitúen procedementos de acceso á información polo que
nin sobre os primeiros nin sobre os segundos, pode pronunciarse esta Comisión, por carecer
de competencias para elo.
Sobre as solicitudes de acceso á información anteriores á de 30 de maio de 2021, a Consellería
informa que xa foron resoltas, concedéndoselle ao interesado acceso á información e
documentación solicitada, sen que conste que o interesado interpuxese reclamación ante esta
Comisión contra esas resolucións expresas, polo que debe entenderse que as ditas resolucións
son firmes.
Respecto da solicitude presentada con data do 30 de maio de 2021, a Consellería ditou
resolución con data do 20 de setembro de 2021 inadmitindo a solicitude, por ser a dita
solicitude repetitiva de solicitudes de acceso á información xa resoltas e sobre as que se
remitiu ao solicitante a información pedida.
(~·34) 98155 97 40 Rúa do Horreo, 6S
15700, Santiago de Cornpostela
info:q)comisiondttranspan:ncia.gal wvvvJ.cornisiondatransparcncia.ga!.
Procede analizar agora, se se trata dunha petición repetitiva ou non. En relación a este asunto,
e como consta no expediente, o interesado ven presentando solicitudes de acceso á informe
dende o mes de novembro de 2018, que foron admitidas, remitíndolle a Consellería a
documentación solicitada (referentes ao proceso de constitución do Tecor, cambias de
titularidade dos dereitos cinexéticas dos terreos pertencentes ao mesmo, Plans anuais de
aproveitamento cinexética, batidas de caza e copias de diversa documentación). A
información solicitouse tanto polo reclamante como por unha persoa xurídica da que o
reclamante é administrador único.
O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de inadmisión
de solicitudes de información repetitiva, sinala que para inadmitir tería que coincidir con outra
ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes e que fose
rexeitada e a resposta adquirise firmeza, ou que xa se lle tivese ofrecido a información e non
houbese modificación real ou legal dos datas ofrecidos no seu momento, ou tamén nos casos
nos que o solicitante coñecera de antemán o sentido da resolución por térenselle comunicado
nun procedemento anterior polo órgano informante. Igualmente sería manifestamente
repetitiva se se tratara dun asunto de resposta imposible, ben polo contido ou por razóns de
competencia e así se lle notificase e xustificara ao solicitante da información.
No presente caso, a Consellería foi dando resposta a todas as solicitudes de acceso á
información presentadas polo interesado, remitindo a documentación solicitada. No presente
caso, para considerar a solicitude como repetitiva, cómprese o criterio subxectivo, posto que
a petición de información foi formulada polo mesmo solicitante e dirixida ao mesmo suxeito
obrigado ao cumprimento e o obxectivo, xa que a solicitude pode considerarse idéntica ou
substancialmente similar ás formuladas con anterioridade, que foron contestadas
(concedendo o acceso á información, e sen que o interesado presentase recurso contra as
mesmas).
Respecto do carácter abusivo da solicitude de remisión do expediente completo do Tecor, o
criterio interpretativo 3/2016 do Consello de Transparencia e Bo Goberno establece que o
artigo 18.1.e) da Lei, asocia o carácter abusivo da solicitude á condición de que a petición non
estea xustificada coa finalidade da Lei, polo que deben darse algún destes dous elementos
esenciais para a aplicación desta causa de inadmisión: que o exercido do dereito sexa abusivo
cualitativamente, cousa que non sucede no presente caso, ou que o exercício do dereito poida
considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei.
De acordo co anterior seria abusiva aquela solicitude que se puidese considerar incluída no
concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil, tal e como interpreta a
xurisprudencia, é dicir, cando en caso de ser atendida, requirise un tratamento que obrigase
a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a facilitar a información, impedindo a
atención xusta e equitativa do seu traballo e o servizo público que encomendaron. Como ten
(+34) 9815697 40 Rúa do Horreo, 65
15700, Santiago de Compostela
ínfo:~cornisíondatrans.parr,Kia,gal ww1.v.con"lisio,1datranspar-cncia_gal
sinalado o Consejo (por todas, as resolucións 181/19 e 350/19), se ben a interpretación do
artigo 18.1 e) da Lei 19/2013 non basea o exercido abusivo do dereito nun criterio cuantitativo
(número de solicitudes presentadas), senón cualitativo (características da solicitudes
presentadas e antecedentes da mesma), estes son aspectos que deben cohonestarse en casos
como o presente no que o volume da información solicitada, que abarca todas as posibles
actuacións da Administración Autonómica sobre un Tecor nun período de mais de vinte anos,
é un reflexo do exercido abusivo do dereito desde unha perspectiva cualitativa.
Como estableceu a Sentenza da Audiencia Nacional do 10 de decembro de 2019 (sala do
Contencioso Recurso 00034/2019), a solicitude ten un carácter esencialmente xeral, que
implicaría a utilización de importantes recursos humanos e materiais da Administración
Pública, en detrimento do normal desenvolvemento do organismo e como xa sinalou a mesma
Sala en sentenza do 30 de maio de 2019, (recurso de apelación 1/2019), unha solicitude de
información destas características, polo seu volume, extensión, período de tempo,
identificación e medios para instrumentar a petición, alén de ocasionar unha disfunción
manifesta, non deixa de ser un desiderátum non acorde co espírito e finalidade da normativa
de transparencia. Unha solicitude destas características non deixa de ser unha
instrumentación da normativa de transparencia que non se acomoda ao espírito e finalidade
da norma.
Unha interpretación do dereito de acceso á información pública regulado na Lei 19/2013 que
implique un exercido excesivo e indiscriminado do mesmo, solicitando de forma xenérica,
afecta en si mesmo a este dereito, excedéndose do obxecto e finalidade da propia norma. Así,
debe lembrarse que é a protección do interese xeral na transparencia pública, como ben
común da nosa sociedade, a que debe prevalecer fronte a solicitudes de información que
perseguen outros intereses que non encaixan na finalidade perseguida pola Lei, e por tanto,
non poden ser considerados superiores.
Engadido ao anterior, a solicitude exposta debe analizarse desde a perspectiva do control da
acción da Administración e a rendición de contas polas decisións públicas, que aparece
cumprida no presente caso, mediante a remisión pola Consellería da distinta e variada
documentación que se foi remitindo ao solicitante.
Por outra banda, o interesado insiste en que no expediente do Tecor debe figurar determinada
documentación que de non existir, demostraría que o Tecor está constituído ilegalmente, e
que parece ser o obxectivo das súas solicitudes e reclamacións, e sobre os que a Consellería
xustifica que non debe existir, en base á normativa aplicable en cada momento ao Tecor.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
1.2
Rúado 1-kmeo, 6S
-&
. '
ff3 1Sl),;';((;f'i C!3
15700, Santiago de CompO$td;,
ACorvña
(;¿,! iç;2 info@com1siondztr3n;;p~rcnc!J:,g.ll www.con,!sio:, catrans.p:1n,¡1nciJ:.g,1!
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercício das súas
competencias. Por tanto é necesario para ter dereito ao acceso, a existencia real e efectiva
dun contido ou documento que figure en poder do suxeito obrigado con ocasión do exercício
das funcións que ten encomendadas, polo que procede desestimar a reclamación que
pretenda acceder a documentos inexistentes, e iso con independencia da valoración particular
que dita inexistencia poida merecer ao reclamante, dado que a esta Comisión non lle
corresponde revisar se unha determinada información debería ou non existir, nin axuizar a
corrección xurídica da eventual carencia da mesma.
De acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada, polo que en base
aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por contra a
desestimación inicial por silencio administrativo de varias solicitudes á Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda de emisión de certificacións e aportación de copia de
documentación referida ao Tecor e contra as resolucións do 20 e 24 de
setembro de 2021, pola que se inadmite e convalida respectivamente, a súa solicitude de
acceso á copia completa do expediente do Tecor.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdici.ón tontencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021. l 0.28 12:10:35 + 02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.