Inadmitida 26/10/2021 · 69 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso al expediente COL/55/2020 de la APLU por aplicación de normativa administrativa común

Una entidad solicitó a la Agencia de Protección de la Legalidade Urbanística de Galicia el acceso al expediente COL/55/2020. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación porque, al ser el solicitante interesado en el procedimiento, debe aplicar la normativa administrativa común y no la de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a documentación de un expediente en curso en el que el reclamante tiene la condición de interesado no se tramita por la Ley de Transparencia.
2 De acuerdo con la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, prevalece la normativa reguladora del procedimiento administrativo específico sobre la normativa general de transparencia.
3 El acceso a la documentación para interesados está condicionado al pago de la tasa estipulada en la Ley 6/2003 de tasas, precios y exacciones reguladoras de Galicia.
4 La Comisión da Transparencia determina que no procede la admisión de la reclamación al no ser el solicitante un tercero, sino una parte interesada en las actuaciones informativas.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno en representación de de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. en representación de presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa sol icitude de acceso ao expediente COL/55/2020 que se está tram itar na Axencia de protección da legalidade urbanística de Galicia. O reclamante expón que o 12 de maio presentou solicitude de acceso ao expediente COL/55/2020 que se está tramitar na Axencia de protección da legalidade urbanística de Galicia e no que ten a condición de interesado, s-en ter resposta. En febreiro de 2021, recibiu unha comunicación da APLU pola que se lle fada un requirimento no referido expediente sen dar mais información sobre o seu contido. Rúa do Hóneo, €5 lS'!C-0, Santiago de Compostela Ô ¡flfo@comisiQnd¿¡t.ransparencla,g,lt Segundo. Con data do 2 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Axencia de Protección da Legalidade Urbaníst ica (APLU) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 6 de setembro de 2021. Terceiro. Con data do 17 de setembro de 2021 a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con motivo de denuncia formulada no exercido da acción pública en relación coas obras de construción dun establecemento hoteleiro dentro da zona de servidume de protección do domínio público marítimo- terrestre, no lugar de Punta Penencia, no t ermo municipal de Ferrol (na parcela catastral o Servizo Provincial da APLU da Coruña levou a cabo actuacións previas para coñecer as circunstancias do caso, segundo o artigo 378 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (actuacións informativas núm. COL/55/2020). Segundo a certificación descritiva e gráfica da Dirección Xeral do Catastro, o titular da parcela na que se sitúan as obras é a entidade Con data do 12 de maio de 2021, o reclamante, en representación da dita entidade, solicita copia das referidas actuacións informat ivas, e con data do 13 de xullo de 2021, o interesado, en representación da referida mercanti l, solicita o acceso ao referido expediente. A solicitude de copia das actuacións non se tramita polo procedemento previsto na Lei 1/2016, en tanto a entidade solicitante figura nas actuacións informativas en cuestión como interesado (titular da parcela na que se sitúan as obras obxecto de investigación) e non como un terceiro. En consecuencia, o seu envío está soamente condicionado ao previo pago da taxa estipulada na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras de la Comunidade Autónoma de Galicia, feito este que se notificou ao interesado con data do 13 de setembro de 2021. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda (+34) 98156 97 40 Rúa Jo Horreo, 65 15700, S;3ntiago de Cori7 postela A Coruna info;<11comisiondatrans¡x1rcncia,g,:i: WW'.'/ .corn isiond atra nspa n:nda,ga l resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos ¡. : '' ....,;{ ,¡ Q.t {+34)9S1569740 Rúa do Hór:eo, 65 157C-O, S~nH~gn dQCo mpostefa ACoruñ~ h'f, transparencia !!; 4"· Galkia 'INWW. C◊llli si onda tr(lllSpa rc: ncio . g:A l responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública . Cuarto. Análise do expediente O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos ãncluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste t ipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso o interesado solicitou acceso a determinada documentación sobre expediente de dilixencias previas que se esta a tramitar pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e no que ten a condición de interesado. Por tanto, dado que se trata dunha solicitude de acceso a documentación dun expediente que se atopa en curso, e no que o reclamante ten a condición de interesado, de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, debe ser a normativa reguladora dese procedemento administrativo e non a normativa xeral de transparencia, a aplicable ao acceso a información ou documentación existente no mesmo, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmit ir a reclamación presentada por en representación de contra falla de obtención da documentación do expediente COL/55/2020 que se está tramitar na Axencia de protección da legalidade urbanística de Galicia. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, (+ 34) 9815697 4D Rúa J'.':J Honeo 1 65 15700, S3ntiago de Compostela ACoruña ww'.v.cornisitWC'.<1transparcnciJ.gal contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.10.28 12:22:13 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.