Estimada 26/10/2021 · 70 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a las listas de espera de psicología del Sergas y estimación de la solicitud

Se solicitó al Servizo Galego de Saúde (Sergas) el acceso a las listas de espera y tiempos de aguarda para consultas de psicología. El solicitante alegó que la información es de interés público y que el Sergas ya dispone de los datos desglosados. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que no se justificó la necesidad de reelaboración de la información.

Puntos clave de la argumentación

1 Las causas de inadmisión del artículo 18 de la Ley 19/2013 deben interpretarse de manera restrictiva, partiendo de que el derecho de acceso tiene una formulación amplia.
2 Existe reelaboración solo cuando la información debe crearse expresamente usando diversas fuentes o cuando el organismo carece de medios técnicos para extraer la información solicitada.
3 La aplicación de la causa de inadmisión por reelaboración requiere una motivación debidamente justificada en la resolución, algo que en este caso no ocurrió.
4 La administración no negó que el SERGAS dispusiera de la información desglosada de la especialidad de psicología en sus estadísticas finales.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 17 de agosto de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a seguir, a Comisión da Transparencia en sesión celebrada o 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro , de Transparencia e Bo Goberno, contra Resolución do 11 de agosto de 2021 do Servizo Galego de Saúde, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso ás listaxes de espera e tempo de agarda das e dos pacientes para acceder a unha consulta de psicoloxía a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas}. O reclamante indicaba que o Servizo Galego de Saúde ofrece unicamente no seu conxunto as cifras de psicoloxía e psiquiatría englobadas inesta última especialidade, sen diferenciar canto corresponde á psicoloxía. Trát ase dunha información de grande interese para a cidadanía, máxime tendo en conta o aumento da demanda de servizos de psicoterapia por mor da pandemia. É, así mesmo, unha reivindicación constante das e dos profesiona is do servizo coñecer os datos reais de espera para unha consulta de psicoloxía, que nalgunhas áreas sanitarias afirman que pode oscilar entre 3 e 5 meses. Considera que a denegación da súa solicitude por ser necesaria unha acción previa de reelaboración, non esta xustificada porque se trata dunha información de necesario coñecemento por parte da cidadanía e o sector, e o Sergas coñece os datos desglosados da .3 {+j4} 95156 97 40 RU~ do Hórreo, 65 J 57f:0, Santíago de· Comp{)Stel? A Corufia especialidade de psicoloxía á hora de elaborar as estatísticas finais, polo que non suporía un impedimento poder ofrecer esta información desglosada que é de interese público. O escrito veu acompañado de copia da solicitude de acceso á información presentada e do seu DNI. Segundo. Con data de 2 de setembro de 2021, déuselle traslado da documentación presentada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data de 14 de setembro de 2021, a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia do expediente e informe no que fai constar que con data do 11 de agosto de 2021 a Secretaría Xeral Técnica procedeu á inadmisión a trámite da solicitude dado que a información solicitada precisa unha acción previa de reelaboración de conformidade co disposto no artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, e acompaña informe emitido o día o 9 de agosto pola Subdirectora Xeral de Atención Primaria da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro , de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, en na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións pronunciadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, consonte o disposto no artigo 33, a resolución das estas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten ACon. ll'\a carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro , recoñece no seu artigo 24, o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta Lei, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013, que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro ). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións, pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase a o previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. 157no, Santiago clt> Compnsteb Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta na información remitida pola Consellería de Sanidade, a resolución notificouse ao interesado con data do 12 de agosto de 2021, e a reclamación presentouse no Rexistro do Valedor do Pobo o 17 do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto. -Análise do expediente O reclamante solicitou á Consellería de Sanidade acceso ás listaxes de espera e tempo de agarda das e dos pacientes para acceder a unha consulta de psicoloxía a través do Servizo Galego de Saúde. A Consellería emitiu resolución na que inadmite a solicitude en virtude do establecido no artigo 18. c) da Lei 19/2013 (solicitudes relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración), sen achegar no informe remitido a petición desta Comisión, ningún argumento ou xustificación máis. O reclamante afirma no seu escrito de reclamación que o Sergas coñece os datos desglosados da especialidade de psicoloxía á hora de elaborar as estatísticas finais, feito que a Consellería non nega. Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocas1ons anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consello de Transparencia e Bo Goberno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, deben ser interpretadas de maneira restritiva. En materia de acceso á información, débese partir da premisa de que o dereito de acceso aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas. Pódese considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a resolución pronunciada pola Consellería carece de toda motivación que G lf e~,;,,,,. (+Jt.) 9Sl 5';91" 40 Rua do H6,-rto, 65 ACoruôa ~~ info@c::.míStond;,~l ' ãri~EJ:m.wda-e,at \ti~.,, xustifique a aplicación da indicada causa de inadmisión, que non nega a afirmación feita polo recorrente de que o SERGAS dispón desa información nas súas estatísticas. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que non está xustificada a causa de inadmisión da solicitude presentada, debendo a Consellería facilitar a información referente ás listaxes de espera e tempo de agarda das consulta de psicoloxía do Servizo Galego de Saúde. Con base nos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a Resolución do 11 de agosto de 2021 do Servizo Galego de Saúde, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso ás listaxes de espera e tempo de agarda das e dos pacientes para acceder a unha consulta de psicoloxia a través do Servizo Ga lego de Saúde. Segundo: Instar a Consellería de Sanidade , a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, respóndase a petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro , e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 dias hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante. Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o dia seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa . Santiago de Compostela, Firmado d igitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 202 1.10.28 12:25:30 +02'00' Maria Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia