El ciudadano solicitó a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Galicia el acceso a la base de datos del "Rexistro Eólico de Galicia". Tras alegar silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por considerarla extemporánea, al no haber transcurrido el plazo legal para su interposición.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue presentada el 31 de agosto de 2021, mientras que la solicitud original entró en el órgano competente el 2 de agosto de 2021.
2
No había transcurrido el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación.
3
De acuerdo con el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, la falta de transcurso del plazo para la interposición de un recurso es causa de inadmisión.
4
La tramitación de las reclamaciones ante la Comisión de Transparencia se ajusta a la normativa de procedimiento administrativo común en materia de recursos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do do artigo 28 dá Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 27 de xullo de
2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a seguir, a
Comisión da Transparencia en sesión celebrada o 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escr ito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 27 de xullo de 202 1, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28
da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a desestimación por
si lencio administrativo, da súa solicitude de acceso ante a Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, á información dos proxectos de enerxía
eólica que están en fase de tramitación e ás novas solicitudes.
O reclamante indicaba que solicitou acceder á base de datos que conforma o "Rexistro Eólico
de Galicia" a fin de poder acceder a toda a información ref erida aos proxectos de enerxía
eólica en fase de t ramitación e as novas solicitudes, xa que a citada infor mación non se recolle
non Diario Oficial de Galicia ata que os citados proxectos son sometidos a información pública,
sen que obtivese resposta, pasados mais de 30 días da petición.
('-?Aí 9U5G97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, SJntiago de Cornposte!a
A Coruña
info:,q)ccmisíond.ctransparrncia.gal
O escrito veu acompañado de copia da solicitude de acceso a información presentada e do
seu DNI.
Segundo. Con data do 2 de setembro de 2021, déuselle traslado da documentación
presentada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa
e lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, remitise informe e
copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data de 23 de setembro de 2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais dependente da dita Vicepresidencia Segunda, contesta a petición remitindo
informe.
A Dirección Xeral información informa que a solicitude de acceso foi tramitada, ditándose
Resolución con data do 17 de setembro de 2021, pola que se inadmite a mesma, ao entender
que concorren dúas das causas de inadmisión que contempla o artigo 18 da Lei 19/2013, dado
que a información solicitada está en curso de publicación xeral, ademais de tratarse dunha
solicitude que pode ser considerada abusiva non xustificada coa finalidade da Lei.
Fai constar que a solicitude tivo entrada no rexistro xeral da Xunta de Galicia o 27 de xullo de
2021 e no órgano competente para resolver (a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais) o 3 de agosto de 2021, polo que, de conformidade co disposto nos artigos
20 da Lei 19/2013 e 27.4 da Lei 1/2016, a data a partir da cal poderíase ter interposto unha
reclamación ante a Comisión da Transparencia sería o 3 de setembro de 2021, polo que sen
prexuízo de que a solicitude xa foi obxecto de resolución expresa, dado que a reclamación foi
presentada o 31 de agosto de 2021, antes de que vencese o prazo máximo para resolver deste
órgano, considera que debería inadmitirse por extemporánea.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(+34) 98156 97 40 Rúa JD Hor(eO, 65
15700, Santi-Jgo de Con~post+:da
ACoruñ.a
infot(1/comisiondctr2ns.parcncia,gal wwv.:.cornlsiondatranspar:.:ncia.gal
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, consonte o disposto no artigo 33, a resolución das estas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013, que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
{+!-4) 9f 15697 40 Rúa Jo Horreo 1 65
15700, S3ntiago de Con~poste!a
A Coruña
ínfo ~(1/cc misiond,;tra nspa rcncia .ga: WW',,.J.ccirnisi,Jndauansparcncia.gal
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o interesado
presentou a súa solicitude de acceso á información o 27 de xullo de 2021, tendo entrada no
órgano competente para resolver (Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais) o 2 de agosto de 2021 segundo figura na copia do expediente administrativo
remitido, e a reclamación ante a falta de contestación á dita solicitude a presentou o
interesado no Rexistro do Valedor do Pobo o 31 de agosto de 2021.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude pola Dirección Xeral competente para resolver, ata a
interposición da reclamación polo interesado.
Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no
artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das
Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos
interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de
Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co
disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión non ter transcorrido o prazo
para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta
reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a
tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en
materia de procedemento administrativo.
,,
~ (+.l4) 9Sl 5G9740 Rcia cio Hóueo, ES
15itiQ. Samiago dcConipostela
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG n2136, do 18 de xullo de 2017),
ACORDO
Único: lnadmitir, por extemporánea, a reclamación presentada po con
data do 31 de agosto de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa
solicitude de acceso ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e
lnnovación, á información dos proxectos de enerxia eólica que están en fase de tramitación e
ás novas solicitudes.
Contra esta resolución que poñen fin á via administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o dia seguinte á notificación de·sta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.10.28 12:24:36 +02'00'
Maria Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia