Estimada 26/10/2021 · 54 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la solicitud de acceso a información pública al Concello de Forcarei estimada por la Comisión da Transparencia

El solicitante pidió al Concello de Forcarei informes de intervención, cuentas municipales 2020, contratos de personal de la Alcaldía y la RPT. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a entregar la información en 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admitida por haber sido interpuesta en plazo contra una resolución presunta derivada del silencio administrativo.
2 Al tratarse de información elaborada o adquirida en el ejercicio de funciones públicas, el Ayuntamiento tiene la obligación de resolver expresamente sobre el acceso.
3 El organismo insta al Ayuntamiento a aplicar los límites de acceso previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013, procediendo a la disociación de datos personales si fuera necesario.
4 Se advierte al Concello de Forcarei que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario.
5 Se recuerda la obligación legal del Ayuntamiento de remitir a la Comisión los informes requeridos para el cumplimiento de sus funciones de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 2 de setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifica n a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.- Mediant e oficio remitido polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno que tivo entrada nesta institución o día 1 de setembro de 2021, remítese escrito de reclamación presentado por contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicit ude de acceso aos Informes da Intervención/Secretaria do Concello, ás Contas Municipais 2020 e á súa exposición pública para a presentación de alegacións veciñais e aos contratos labora is/mercantís do Asesor Xurídico, do asist ent e do secretario particular da alcaldesa e da empresa de comunicación da Alcaldía e á Relación de Postos de Traballo Municipais ( RPT) do Concello de Forcarei. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada. Segundo. Con data do 3 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Forcarei para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa Jo Hôrreo, 65 15700, Santiago de Cornpostel.a A Coruña info(q)cc 11isíond2transparcr;cia.gal www.comisiond atra nspa n:nc ¡a.gal A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de setembro de 2021, sen que se recibise o informe sobre a reclamación e a copia do expediente de tramitación da solicitude de acceso á información solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no (+34) 9Sl 56 97 40 Rúa Jo Hórre0, 65 15700, Sami2go dê Cor:~po.sr<.>la A Coruña infof)comisíondatransparrr;(a.gaL www.cc,rnislondatranspat:::·nc!a.gal ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e (+34) 9t 15(:, 97 40 Rúa do Hórrw1, 65 15700; Santiago de Corr:postela info~@..:c-misiondzt.r2nsparcnc¡a.gs1l wW'..'.'.cornlsiondatransparcncia.gat reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Forcarei non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso ante o Concello, acceso aos Informes da Intervención/Secretaria do Concello, ás Contas Municipais e á súa exposición pública para apresentación de alegacións veciñais, a determinados contratos laborais/mercantís do concello e á Relación de Postos de Traballo Municipais (RPT). Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da reclamación presentada contra a falla de resolución da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido concreto da información solicitada, pero ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercicio das súas funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, abrindo de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, se procede, trámite de alegacións a terceiros cuxos dereitos poidan resultar afectados sobre o acceso, e examinando previamente si a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datas de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei), ou si concorre algunha causa de inadmisión na solicitude presentada. A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello de Forcarei que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. '(.} Róa éo Hô:-reo, 65 15700, Santi~g◊ de Cornpo~tctb Ô info@comisíond;:tro.nsp~rcr.c1a.g.at Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Forcarei, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 2 de setembro de 2021, contra a desestimación, por silencio administrativo da súa solicitude de acceso aos Informes da Intervención/Secretaria do Concello, ás Contas Municipais 2020 e á súa exposición pública para a presentación de alegacións veciñais e aos contratos laborais/mercantís do Asesor Xurídico, do asistente do secreta rio particular da alcaldesa e da empresa de comunicación da Alcaldía e á Relación de Postos de Traballo Municipais ( RPT). Segundo: Instar ao Concello de Forcarei a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Forcarei a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiz.a de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.28 12:11 :18 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.