Una asociación solicitó a la Secretaría General de Medios de la Xunta de Galicia documentación sobre campañas en redes sociales (2013-2021). Alegó que la respuesta era insuficiente y no incluía contratos menores. La Comisión de Transparencia de Galicia desestimó la reclamación al considerar que la administración facilitó la información existente y disponible.
Puntos clave de la argumentación
1
Las solicitudes de acceso a la información deben basarse en documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2
La resolución de la Secretaría General de Medios es conforme a la normativa al remitir el enlace con toda la documentación disponible sobre la contratación del servicio de comunicación digital.
3
Las valoraciones subjetivas sobre altos cargos, funcionarios o procedimientos judiciales ajenos a la solicitud de acceso son improcedentes en el procedimiento de reclamación.
4
Si el reclamante considera que deberían haberse tramitado otros procedimientos de contratación que no se hicieron, dicha impugnación debe canalizarse por la normativa de contratos y no por la de Transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
presentada na Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia o 31 de xullo de 2021, que t ivo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 2 de setembro, remitida pola dita Secretaría, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transpa rencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro: Con data do 2 de setembro de 2021, t ivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
un oficio da Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia, co que remite dous
escritos, un de recurso e outro de anexo ao recurso, que tiveron ent rada na dita Secretaría o
31 de xu llo de 2021, contra a resolución do 28 de xullo de 2021, ditada no procedemento de
solicitude de información pública TR-7/2021, presentados por
en representación da
e Rú&do Hórreo, 65
151C,O, S;mtiJgo de Coir:postd-'
ACorull•
e info@(O nisio ndê:t<BflSp-arc::ôa .gat
para a súa tramitación como unha reclamación, ao amparo do disposto
no artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
O escrito de reclamación, contén valoracións e opinións sobre altos cargos e funcionarios da
Administración autonómica e sobre procedemento xudiciais alleos á solicitude de acceso á
información.
En resumo a Asociación alega no primeiro escrito que a resolución impugnada da informe
sobre unha adxudicación dun contrato que non é nin o 1% do realizado por la Xunta de Galicia,
non sendo posible localizar o resto, que a resolución non responde en absoluto ás solicitudes.
No segundo escrito o alega que o link remitido só mostra a adxudicación a unha axencia
intermediaria, á que se lle encarga a xestión de intermediar na adxudicación contratos
menores da Xunta de Galicia.
Considera que a resolución que se recorre non responde ás solicitude de obtención de copia
das adxudicacións de contratos menores que corresponden legalmente á Secretaría Xeral de
Medios coas redes sociais, ou acta e resolución da Secretaría na que conste a delegación en
nome da mesma para delegar o poder de adxudicar contratos públicos aos intermediarios de
comunicación. Neste escrito fanse tamén unha serie de consideracións, valoracións e opinións
sobre altos ca rgos e funcionarios da Administración autonómica e sobre a súa forma de
tramitar os expediente de contratación, alleos á solicitude de acceso á información.
Segundo.- Con data do 7 de setembro de 2021, solicitouse á Secretaría Xeral de Medies da
Presidencia da Xunta de Galicia a remisión de copia do expediente e de informe sobre a
reclamación presentada.
Terceiro. Con data do 20 de setembro de 2021 a Secretaría Xeral de Medies contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indica que en contestación á solicitude de acceso á documentación
referente ás subvencións, orzamentos, contas anuais, retribucións, copia das actas e
convenios de acordos correspondente ás campañas en redes sociais existentes nos rexistros
da Xunta de Galicia dos anos 2013 a 2020 e previsión do 2021, ditouse Resolución do 28 de
xullo de 2021, na que se admite a solicitude e se concede o acceso á información,
comunicando á Asociación solicitante que toda a documentación e datos solicitados
correspóndense cos do expediente PAS 1-2021 de contratación dun servizo para o
desenvolvemento de accións de comunicación dixital das campañas de información pública
no actual contexto epidemiolóxico, indicando o link de Contratos de Galicia no que se pode
atopar toda a información solicitada.
(+34) 98156 97 40 Rúa 0a Hórreo, 65
15700, Santiago de Cornpostda
A Coruña
info~q>comlsiondztransparcnc:a.ga: wwv.:.cc.>n-1!siondatranspan::ncit1.gal
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa d:) Hórreo., 65
15700, Santiago de Con"'poste!a
A Coruña
info:q)cot1isiond¿transparrnciJ.gat www.cornlslondatransparcncia.gat
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución impugnada ditouse con data do 28 de xullo de 2021, e a reclamación
se presentou no rexistro da Xunta de Galicia o 31 do mesmo mes, debe admitirse a mesma
por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Como xa se fixo referencia nos apartado de antecedentes desta resolución, tanto no primeiro
escrito de reclamación como no segundo, a asociación fai unha serie de valoracións e opinións
sobre altos cargos e funcionarios da Administración autonómica, e sobre a súa forma de
tramitar os expedientes de contratación, que son improcedentes nunha solicitude de acceso
••
t>
-=~
e (+3~) 98l 5E-97 4(} Rúa do Hórreo, 65
157 00, San ti-ago de Com po!,(cl:,
:~; transp2r0nc'? A Coruña
t.t . ""· t . <
,'"; ,. , ;¡;:j¡¡t_ ¡,"¡ (:) inio@)comiStondc-iransparend il .ga!
á información e no posterior procedernento de reclamación. Asi mesmo, as referencias a
procedementos xudiciais alleos á solicitude, son improcedentes, polo que esta Comisión, non
vai a entrar a valoralos por non ser da súa competencia.
A Secretaria Xeral de Medios ditou resolución pola que se resolve a solicitude de acceso á
información mediante a remisión a un link no que figura, segundo a mesma, toda a
documentación e datos solicitados que se corresponden coa contratación dun servizo para o
desenvolvemento de accións de comunicación dixital das campañas de información pública.
A entidade reclamante, nas alegacións referidas á impugnación da Resolución da Secretaria
Xeral de Medios, afirma que o contrato ao que se lle remite, non é nin o 1% do realizado por
la Xunta de Galicia, e que a resolución non responde ás solicitudes de obtención de copia das
adxudicacións de contratos menores da dita Secretaria.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercido das súas
competencias.
Aínda que de forma xenenca, a Asociación reclamante parece dar a ent ender que
determinada documentación ou expedientes que considera que deberian terse tramitados,
non se tramitaron ou non existen. A resolución da Secretaría Xeral é clara no senso de que a
documentación e datos solicitados, son os que figuran no link remitido, que se corresponden
coa contratación do servizo para o desenvolvemento de accións de comunicación dixital das
campañas de información. Por tanto debe entenderse que a resposta dada é conforme coa
normativa de transparencia.
No caso de que deberan terse tramitados outros procedementos de contratación e non se
tiveran feito, os recursos ou reclamacións nesta materia deben tramitarse pola normativa de
contratos e non pola de Transparencia.
De acordo co anterior procede a desestirnación da reclamación presentada, polo que en base
aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar
contra a Resolución do 28 de xullo de 2021, da Secretaria Xeral de Medias
{+34)9S:56974J Rúa Jo Hórreo., 65
15700, S3ntiago de Con:post~~!a
ínfo~Wcc-nisíondztransparcnciJ,gal WW\\',corn!siond<itrans¡nrcncia.gal
da Presidencia da Xunta de Galicia de acceso a documentación das campañas en redes sociais
dende 2013.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.10.28 12:28:20 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.