Una asociación solicitó a la Consellería do Mar los asistentes, agenda, acta y coste de una reunión sobre la Mina de San Finx. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la información fue finalmente facilitada por la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía el 13 de octubre de 2021.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se interpuso contra la desestimación por silencio administrativo derivada de una solicitud de acceso a la información pública.
2
Se produjo una demora en la tramitación debido a que la solicitud se presentó ante la Consellería do Mar, mientras que el órgano convocante de la reunión era la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
3
La Comisión desestima la calificación de la información como 'informe de carácter ambiental' según la Ley 27/2006, ya que los datos solicitados (nombres, agenda y costes) no versan sobre el estado de elementos del medio ambiente.
4
La reclamación es admitida por estar presentada en plazo, conforme al artículo 24 de la Ley 19/2013, al no haber resolución expresa previa.
5
Se acuerda la estimación por motivos formales de la reclamación dado que la administración finalmente proporcionó la información requerida durante la tramitación del expediente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación resentada por en representación d a _
mediante escrito do 13 de setembro de 2021, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da
- presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de
setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude, presentada ante Consellería do Mar, de acceso aos nomes
dos altos cargos da Xunta de Galicia, a axenda e acta da mesma, e o custo económico no que
incorreu a Xunta de Galicia, para a celebración o 26 de xullo de 2021, da reunión convocada
pola dita Consellería en Santiago de Compostela sobre o estado das autorizacións ambientais
da Mina de San Finx, en Lousame.
O reclamante indicaba que no recibiu resposta á súa solicitude.
(+34) 98155 97 40 Rúa do Hórreo! E:5
15700, SJntiago de Cornposte!a
A Coruña
wwv1.con-1isiondatra11sparsncia.gal
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e asinada con certificado dixital
de representante de asociación.
Segundo. Con data do 14 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 24 de setembro de 2021 a Consellería do Mar remite oficio no que
comunica que examinada a solicitude, e ao non obrar a información solicitada na Consellería
do Mar, con data 3 de agosto de 2021 remitiuse á Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, Empresa e lnnovación, ao ser a convocante da citada reunión, comunicando esta
circunstancia ao solicitante.
Cuarto.- Con data do 5 de outubro de 2021, déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
Quinto.- Con data do 25 de outubro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, Empresa e lnnovación remite informe e copia do expediente tramitado.
No informe faise constar que con data do 13 de outubro de 2021, ditouse pola directora xeral
de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolución de acceso ao ditada no expediente
AI P-MI-SC-2021-117, pola que se facilitaba á entidade solicitante a información requirida, que
foi notificada á dita asociación o mesmo día 13.10.2021.
Nela faise constar que a solicitude presentou se ante a Consellería do Mar e o feito e que a
reunión fose en realidade convocada pola Vicepresidencia segunda provocou unha demora
na tramitación da solicitude derivada do traslado ao órgano competente para resolver.
O obxecto da mesma era coñecer aspectos relativos a unha reunión en relación coa coñecida
como Mina de San Finx, en Lousame, en concreto nomes dos altos cargos da Xunta de Galicia
que participaron en dita reunión, a axenda da reunión e acta da mesma, se existise e o custo
económico da dita reunión.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
Rúa Jo Honeo, 65
15700, Santiag:::i de Corr:¡:,ostcla
A Coruña
info/ilcomisiond~:transparcn:.:::a,gal www.c::.,rni:;iondauanspa:-cnciJ.ga1
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
(+34) 9&156 97 40
15700, Sçnti,Jgo de Con:posre!a
ACorun;i
info~@comlsiondztransparc,nciJ,ga'. ww'.N.cornisio,:datra11spJr0ncia.gal
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación non resolveu a
solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación reclamante solicitou acceso a información referente aos dos altos cargos da
Xunta de Galicia, a axenda, acta e o custo económico no que incorreu a Xunta de Galicia, para
a celebración o 26 de xullo de 2021, da reunión convocada pola dita Consellería en Santiago
de Compostela sobre o estado das autorizacións ambientais da Mina de San Finx, en Lousame.
Se ben a resolución da solicitude demorouse, dado que se presentou ante a Consellería do
Mar cando a convocante da mesma foi a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía,
Empresa e lnnovación, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
resolveu concedendo o acceso á informe con data do 13 de outubro de 2021.
Se ben non se pode compartir a afirmación da dita resolución de que a información solicitada
é informe de carácter ambiental, dado que se solicita información sobre nomes de altos
k -~ .. . ., ~ Rúa,fo Hórreo,65
: -~ • • $
15700, Santi~go de Compostela
· ·»,~ tr-anspa rendõ AÇoruña
.ij ' Galicia
cargos, axenda, acta e custo dunha reunión, e non sobre información que verse, segundo a
definición do artigo 2 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso
á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio
ambiente, sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o cha n
etc..)factores, substancias, enerxía, ruído etc. que afecten ou poidan afectar os elementos do
medio ambiente, proporcionouse a informe á entidade solicitante, polo que procede a
estimación por motivos formais da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación resentada por
en representación da con data do 13 de setembro de
2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitudede acceso aos
nomes dos altos cargos da Xunta de Galicia, a axenda e acta da mesma, e o custo económico
no que incorreu a Xunta de Galicia, para a celebración o 26 de xullo de 2021, da reun ión
convocada pola dita Consellería en Santiago de Compostela sobre o estado das autorizacións
ambientais da Mina de San Finx, en Lousame.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021.10.28 12:12:24 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.