Se solicitó al Concello da Illa de Arousa el contrato de adecuación del aparcamiento disuasorio de O Bao. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder en 10 días, ya que no se justificó la denegación ni se resolvió la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse producido la desestimación por silencio administrativo tras expirar el plazo fijado en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición.
3
El Ayuntamiento debe dictar una resolución expresa que dé acceso a la información, previa revisión motivada para disociar datos protegidos según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
4
En caso de afectar a derechos de terceros, es preceptivo abrir el trámite de audiencia previo a la ponderación del interés público frente al privado.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 16 de
setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de
outubro de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, media nte escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 16 de setembro de 2021, unha recla mación ao amparo do disposto na
disposición adiciona l quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrat ivo da súa solicitude de acceso ante o Concello
da Illa de Arousa, á formalización do contrato de adecuación do aparcamento disuasorio de O
Bao, que foi adxudicado o 11 de febreiro de 2021.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude, tendo constancia que o
contrato foi adxudicado o 11 de febreiro de 2021, ta l e como consta no portal Contratos
Públicos de Galicia da Xunta de Galicia, e as obras comeza ron o no mes de xuño, e na páxina
web do Concello non figura información algunha relativa a este contrato.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34) %1 'iG 97 40 RlÍa Jo Hórreo 1 65
, ,'>
15700, Santiago de Corr:postda
ACoruña
~ ínfo((1/comlsiondztransparrnc:a.gal wwv.'.com!sio:~datransparcncia.gal
Segundo. Con data do 21 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello da Illa de Arousa para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 27 de setembro de 2021 o Concello da Illa de Arousa contesta a petición
remitindo copia do expediente da obra, sen remitir copia do expediente da solicitude de
acceso á información nin informe sobre a reclamación presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
¿
(+34) 9.Sl 56 97 4:J Rlla do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
í nfo:ó;lcomi sio nda tra nsparrr;ci a"gal WW'N,CC.>rni~iondatranspatcnciJ,gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1}. No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(·:'34) 951 SG 97 40 Rúa <lo Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
ínfo:q)comisíondêtrans.pr,rc)c:J.gal ww\•.:,com lsiond auansp¿¡ n:::ncic1.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a solicitude de acceso á informe
presentouse o 10 de agosto de 2021, e o Concello non ditou resolución expresa sobre o
mesmo, debe admitirase a reclamación presentada con data do 16 de setembro de 2021, ao
terse producida a desestimación por silencio administrativo por ter transcorrido o prazo
fixado polo artigo 27.4 da Lei 1/2016.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou do Concello o acceso á formalización dun contrato de adecuación dun
aparcadoiro, sen obter resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente, recibíndose a copia do expediente da obra
tramitado, pero non o informe sobre a reclamación solicitado. Non consta á vista do
expediente, dado que se remitiu copia do expediente de obra e non o da solicitude de acceso
á información, que se resolvese sobre a solicitude de acceso á información realizada polo
reclamante.
De acordo co disposto no artigo 27 da Lei 1/2016, debe ditarse resolución expresa por parte
do Concello, dando acceso á información pedida, aínda que con carácter previa debe
examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datas ou contidos
parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos
14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se
comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso
o acceso (art. 14.2 da referida Lei).
Respecto da información solicitada, cuxo acceso poida afectar a dereitos ou intereses de
terceiras persoas interesadas, debe abrirse o correspondente trámite de audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 1/2016, e unha vez finalizado o mesmo, facer
unha ponderación para determinar si debe primar o interese público na difusión da
, ~ r
. ~(• ~ <
0 (+ 34j 9 81 56 97 40 RUa <lo Honeo, 65
15700, s,:mti¡jgo de Com;:,ost-:-Ia
~ .; transDarcrh:10 A Coruña
C:Jé:1; cia
información, ou a protección dos intereses privados das persoas interesadas, resolvendo o
que corresponda
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garant ías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembra rse ao Concello da Illa de Arousa, de conformidade co disposto no
artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remit ir a esta Comisión os informes que se lle requiran,
para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro : Estimar a reclamación presentada por con data do 16 de
setembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
presentada ante o Concello da Illa de Arousa, de acceso á formalización do contrato de
adecuación do aparcamento disuasorio de O Bao, que foi adxudicado o 11 de febreiro de 2021.
Segundo: Insta r ao Concello da Illa de Arousa, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello da Illa de Arousa, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Su perior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+34j 98156 97 40 Rúa lb Hórreo, 6S
15700, SJnti-Jgo de Cornposte!a
A Corulla
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.10.28 12:30:33 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.