Estimada 26/10/2021 · 40 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la solicitud de acceso a información sobre la instalación de un quiosco en la Praia de Espiñeiro

Se solicitó al Concello da Illa de Arousa documentación técnica y económica sobre un chiringuito en la Praia de Espiñeiro. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a entregar la información en 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa tras la solicitud del 11 de agosto de 2021, se produjo la desestimación por silencio administrativo.
2 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición.
3 El Ayuntamiento debe dictar una resolución expresa que dé acceso a la información, realizando la disociación motivada de datos protegidos según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
4 En caso de que la información afecte a derechos de terceros, es preceptivo abrir un trámite de audiencia y realizar una ponderación entre el interés público y la protección de intereses privados.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 16 de setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello da Illa de Arousa, á autorización e proposta de delimitación de zonas a ocupar, planos das instalacións e servizos cuxa definición así o requira e estudio económico-financeiro do chiringuito instalado no acceso á Praia de Espiñeiro. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (~34) 98156 97 40 Rúa do Horreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@cc misiondatransparcncia.gal wW'# .corn !siond atra nspa rcncr a.gal Segundo. Con data do 21 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello da Illa de Arousa para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de setembro de 2021 o Concello da Illa de Arousa contesta a petición remitindo copia do expediente de Instalación de quiosco de temporada en praia de Espiñeiro, sen remitir a copia do expediente da solicitude de acceso á información e o informe sobre a reclamación presentada que se lle solicitou. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. 2. (+34) 9.Sl 56 97 40 Rúa Jo Hórres-Ji 65 15700, Santiago de Con~po~te!a A Coruna info~@comisiondt:transpart:ncia,gal WW\N.ccirnlsiondatranspa,-cnci,1,g,1\ Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (-:•34)981569740 Rúa Un Hórreoi 65 15700, S3ntiago de Compostela A Corutia ), info~q)cc misiondctransparenc:a.gal ww·.v.cornisio=~datranspatcncia.gat Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta no expediente remitido, a solicitude de acceso á informe presentouse o 11 de agosto de 2021, e o Concello non ditou resolución expresa sobre o mesmo, debe admitirase a reclamación presentada con data do 16 de setembro de 2021, ao terse producida a desestimación por silencio administrativo por ter transcorrido o prazo fixado polo artigo 27.4 da Lei 1/2016. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou do Concello o acceso á autorización, proposta de delimitación, planos das instalacións e servizos e estudio económico-financeiro dunha instalación de tempada instalado no acceso á Praia de Espiñeiro. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente, recibíndose a copia do expediente da obra tramitado, pero non o informe sobre a reclamación solicitado. Non consta á vista do expediente, dado que se remitiu copia do expediente de instalación de quiosco de tempada e non o da solicitude de acceso á información, que se resolvese sobre a solicitude de acceso á información realizada polo reclamante. De acordo co disposto no artigo 27 da Lei 1/2016, debe ditarse resolución expresa por parte do Concello, dando acceso á información pedida, aínda que con carácter previa debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). Respecto da información solicitada, cuxo acceso poida afectar a dereitos ou intereses de terceiras persoas interesadas, debe abrirse o correspondente trámite de audiencia, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 1/2016, e unha vez finalizado o mesmo, facer unha ponderación para determinar si debe primar o interese público na difusión da 15700, Santiagodt Com¡>,::istcl:\ A Cor ut\a información, ou a protección dos intereses privados das persoas interesadas, resolvendo o que corresponda. A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substit utivo. Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe .lembrarse ao Concel lo da Illa de Arousa, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle requ iran, pa ra o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 16 de setembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello da Illa de Arousa, á autor ización e proposta de delimitación de zonas a ocupar, planos das instalacións e servizos e estudio económico-financeiro da instalación de tempada instalada no acceso á Praia de Espiñeiro. Segundo: Instar ao Concello da Illa de Arousa, a que, no prazo máximo de 10 días hábi les, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello da Illa de Arousa, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon f in á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no (+34) 98156 97 40 Rúa Uo Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info(i1/cc :11isíondztransparcncia.gal www.cornlsio:~datr¿insparcncia.ga! artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.2813:24:42 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.