Estimada 26/10/2021 · 36 días en resolverse

Reclamación contra la Consellería de Sanidade por denegación de acceso a información sobre centros de salud mental y acuerdos con hospitales privados

Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia información detallada sobre hospitales de salud mental, toxicomanías y acuerdos con centros privados. El solicitante alegó falta de motivación en la denegación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la administración no justificó que la información requiriera una reelaboración previa.

Puntos clave de la argumentación

1 Las causas de inadmisión del artículo 18 de la Ley 19/2013 deben interpretarse de manera restrictiva, partiendo de que el derecho de acceso tiene una formulación amplia.
2 Se considera que existe reelaboración solo cuando la información debe elaborarse expresamente usando diversas fuentes o cuando el organismo carece de medios técnicos para extraer los datos.
3 La aplicación de la causa de inadmisión por reelaboración requiere una motivación debidamente justificada en la resolución, lo cual no ocurrió en este caso.
4 La resolución de la Consellería carecía de argumentos que justificaran la denegación o que precisaran el volumen de la información solicitada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 20 de set embro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. present ou, mediant e escrit o con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20 de set embro de 2021, , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra Resolución do 1 de setembro de 2021, da Consellería de Sanidade pola que se inadmit e a súa solicitude de acceso á información sobre hospitais públicos e privados de agudos, de media e longa est adía, de saúde ment al e toxicomanías, os hospitais que dispoñan de unidade de atención á sa úde mental e onde se atopan, número de camas de psiquiatría, acordos entre a Administración autonómica e os hospitais privados, para financiar calquera actividade relacionada coas unidades de saúde mental, centros sanitarios públicos de atención especializada operativos na comunidade que t eñan unha oferta asist encial de Psiquiatria, de Psicoloxía clínica e número de psiquiatras e/ou de psicólogos clínicos que traballan en cada un dos centros. {+34) 981:í697 4:J Rúa Jo Hórreo, 65 15700, Sanfr:igo de Compostela A Coruña ínfo~a;icornisiond;;transparcncia.gat wwv.,_corn \sionc atr anspa: :.:ncia.ga ! O reclamante en resumo, indica que a Consellería de Sanidade négase a atender a solicitude de información co argumento de que require unha reelaboración previa, sen explicar en ningún momento que información concreta esixiría esa reelaboración previa. A solicitude abarca 9 puntos, cun total de 28 items, e considera que non esixe reelaboración por exemplo, o nome dos hospitais privados cos que a Consellería asinou acordos relacionados coa saúde mental. O feito de rexeitar todas as solicitudes cunha negativa xenérica supón o incumprimento da súa obriga legal de motivar as resolucións. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 28 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de outubro de 2021, Consellería de Sanidade remite copia do expediente e informe. No informe fai constar que con data do 01 de setembro de 2021 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade procede á inadmisión a trámite no senso de que a información solicitada precisa unha acción previa de reelaboración de conformidade co disposto no artigo 18.1.c) da Lei 19/2013 e xunta copia do informe emitido o día 10/08/2021 pola Subdirectora Xeral de Atención Primaria da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde que determina que a información que se solicita require dunha elaboración específica. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión (+34) 9Sl 56 97 4G Rúa Jo Horr-20, 65 15700, S;.rntiago de Compostela A Coruñ;:¡ info)Vcomlsiond2.tr2nsparrncia,gal www.corn 'slond atra ns¡B rcnciJ. ga, da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (+34j 981 SG 97 40 Rúa do Horreo, 65 15700, Santiago de Con,postd,1 A Coruñ?i WW',V.CCJrn isiond atr J nspil :-e ncia,ga l Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería de Sanidade ditou resolución con data do 1 de setembro de 2021, e o interesado presentou a reclamación con data do 20 do mesmo mes, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou da Consellería de Sanidade informe referente a hospitais públicos e privados de agudos, de saúde mental e toxicomanías, os hospitais que dispoñan de unidade de atención á saúde mental, acordos entre a Administración autonómica e os hospitais privados, para financiar calquera actividade relacionada coas unidades de saúde mental e oferta asistencial de Psicoloxía clínica. A Consellería emitiu resolución na que inadmite a solicitude en virtude do establecido no artigo 18. e) da Lei 19/2013 (solicitudes relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración), sen achegar no informe remitido a petición desta Comisión, ningún argumento ou xustificación máis. Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocas1ons anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consello de Transparencia e Bo Goberno e a xurisprudencia existente na materia, no sentido de que as causas de inadmisión establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, deben ser interpretadas de maneira restritiva. En mate ria de acceso á información, débese partir da premisa de que o dereito de acceso aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas. Pódese considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos ' ¡f;) ·~ ¡ ti> H4) 98 156 97 40 :i; transparenc1a , r ¡· . ACornña •~\\ V vctd('¡a medias técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a resolución pronunciada pola Consellería carece de toda motivación que xustifique a aplicación da indicada causa de inadmisión, descoñecéndose por esta Comisión sequera o volume que representa a información solicitada . Consente o anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que non está xustificada a causa de inadmisión da sol icitude presentada, debendo a Consellería facilitar a información solicitada referida aos hospitais de saúde mental, toxicomanías, oferta asistencial de Psicoloxía clínica e acordos entre a Administración autonómica e os hospitais privados. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar, a reclamación presentada por con data do 20 de setembro de 2021, contra a Resolución do 10 de agosto de 2021, da Consellería de Sanidade pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información sobre os hospitais de saúde mental, toxicomanías, oferta asistencial de Psicolloxía clínica e acordos entre a Adm inistración autonómica e os hospitais privados. Segundo: Instar á Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fa i á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao recla mante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía admin istrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- admin istrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no s (+34) 9g156 97 40 Rúa tio Hórreo, 65 15700; Samiago de Compo~tda A Coruña i nfo/Ycomi sío ndvtranspa rcnc ia,g,)'. ww'.t-' .con-1:i~ iond at.ra 11 spa: onc!a. ga 1 artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.28 12:31 :04 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.