Una asociación solicitó a Augas de Galicia y a la Xefatura Territorial de Minas de A Coruña acceso a expedientes sobre la mina de Touro (proyectos de drenaje, restauración y sanciones). La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que gran parte de la información es de carácter ambiental y debe resolverse según la Ley 27/2006 y no por transparencia general.
Puntos clave de la argumentación
1
La información relativa a planes de labores, restauración medioambiental y proyectos de drenaje se califica como información ambiental según la Ley 27/2006, quedando fuera de la competencia de la Comisión de Transparencia.
2
Se valida la denegación de acceso a expedientes sancionadores en tramitación basándose en el artículo 14.e) de la Ley 19/2013, ya que su difusión podría interferir en la investigación y determinación de responsabilidades.
3
La Administración actuó correctamente al solicitar la concreción de la solicitud y abrir el trámite de audiencia a terceros afectados conforme a los artículos 19.2 y 19.3 de la Ley 19/2013.
4
Cuando existe oposición de terceros, el acceso a la información queda diferido hasta que transcurra el plazo de recurso contencioso-administrativo según el artículo 22.2 de la Ley 19/2013.
5
No procede el acceso a documentos futuros que 'puedan seguir incorporándose' al expediente, ya que la información debe existir y haber sido elaborada en el ejercicio de las funciones públicas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na
reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas as reclamacións presentadas por en representación da
mediante escritos d<? 19 de agosto de 2021, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2021, adopt a a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da
- p r esentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de
agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a contestación recibida con data do 30 de
xullo de 2021 de Augas de Galicia e resposta emitida pola Xefatura Territorial de Minas de A
Coruña con datas do 6 e 9 de agosto de 2021, de acceso á información sobre o expediente de
proxecto de drenaxe temporal na mina de Touro (DH.WlS.64849) e contra a falla de
contestación pola Xefatura Territorial á solicitude de acceso á informe referente a información
sobre o estado da sanción froito da inspección iniciada en xullo de 2018, acceso ao pian de
restauración vixente dos terreos da mina pechada, ou calquera outra que estivera en estudo,
medidas sancionadoras, proxecto de restauración medioambiental vixente na explotación
mineira, comunicacións dos plans de labores, plans de restauración medioambiental
presentados e autorizados pola Administración, informes de inspección de seguimento e
vixilancia realizados á concesión San Rafael nº 21236 e de seguimento do pian ou plans de
restauración, informe das sancións emitidas sobre a dita explotación, Informes de
(+34) 9SJ 56 97 40 Rúa tb Horreo, 65
15700; Santiago de Cornpo5.:tcla
A Corufla
, 1. info~@comisiondztransparc>nc!a.gal ww'.•:.con1lsiondJtranspan:mciJ.gJl
investigación solicitados sobre a dita explotación dende xaneiro de 2020 a maio de 2021 e
indicación da empresa ou grupo de empresas que contan co dereito mineiro.
A Asociación reclamante indicaba que dende a Xefatura Territorial, con datas do 6 e 9 de
agosto de 2021, remitíuselles contestación no senso de que con esa mesma data dáselles
traslado aos terceiros interesados afectados pola solicitude para os efectos de que no prazo
de quince días formulen as alegacións que consideren necesarias, con suspensión do prazo
para resolver, e transcorrido o prazo dos 15 días a data da reclamación, non se recibiu
resolución nin a documentación solicitada.
Ao escrito presentado o 15 de xullo de 2021 a Augas de Galicia no que se solicitou acceso e
información sobre o expediente de proxecto de drenaxe temporal na mina de Touro
(DH.W15.64849) a Asociación recibiu o 30 de xullo de 2021, escrito no que se indica son da
súa competencia as referentes ás medidas de seguimento e comprobación realizadas por
parte dese organismo en relación aos puntos da Resolución de autorización efectuada pola
Dirección Xeral en relación ao punto a). Sinala que o solicitante non comunicou o remate da
obras, e que o prazo de 12 meses sinalado finaliza o 2/11/2021. Ase mesmo indica que con
data 27 de xullo de 2021 a gardaría fluvial, no marco das actuacións de seguimento, efectuou
unha visita á zona en cuestión comprobando que non se levaran a cabo os traballos
autorizados, estado o proxecto presentado en Augas de Galicia o 28 de xullo de 2021.
A entidade reclamante considera que ante as súas peticións de poder ter acceso ao proxecto
de restauración medioambiental vixente nos terreos da mina de Touro por parte da empresa
que conta coa concesión e acceso ao estado do expediente, e ante a petición de maneira
reiterada de acceso ao novo proxecto de drenaxe presentado pola empresa titular dos terreos
os órganos encargados da tramitación (Augas de Galicia e Xefatura Territorial de Minas da
Coruña) adoitan responder con evasivas, o que semella querer ganar tempo en favor da
mercantil e obviando o interese das organizacións medioambientais baixo o argumento da Lei
19/2013, obviando o dereito de acceso á información ambiental, polo que solicitan acceso por
Augas de Galicia e Xefatura Territorial de Minas de Coruña e Dirección Xeral de Planificación
Enerxética e Recursos Naturais ao :
■ Proxecto de Drenaxe definitivo presentado o 28/7/2021.
■ Medidas sancionadoras, que foron adoptadas polos organismos competentes en relación ao
expediente sancionador aberto o 30/7/2018. (expedientes Augas de Galicia DH.WlS.64849 e
Xefatura Territorial minas de Coruña CE2946/07 /2018-01}
■ Proxecto de restauración medioambiental vixente na explotación mineira en Touro, San Rafael
n2 2946 e de existir outro proxecto en estudio ter acceso ao mesmo ou ao posible recurso
potestativo de reposición presentado pola empresa Cobre San Rafael SL.
■ Comunicacións dos plans de labores da empresa cos que conta ou contou en cada ano, co
dereito mineiro dende xaneiro 1988 a maio 2021, ambos incluídos.
(+34) 98156 97 40 Rúa dn Hórreo, 65
15700, Santiago de Cornposte!a
ACoruña
info(~comisiondatransparcncia.gal ww\~.t.comi.siondatranspatcncia.gal
• Plans de restauración medioambiental presentados e autorizados pola Administración
competente dende o ano 1981 ata 2021 (ambos incluídos).
• Informes de inspección de seguimento e vixilancia realizados á concesión "San Rafael" n2 2946
pola Xefatura Territorial de minas de Coruña dende os anos 1988 ata 2021 (ambos incluído:,)
e de seguimento do pian ou plans de restauración medioambiental da explotación "San Rafael"
n9 2946, con indicación das datas, motivos e resultados.
• Informe das sancións emitidas sobre á explotación "San Rafael" n9 2946 dende os anos 1988
ata 2021 (ambos incluídos) con indicación das datas, motivos das sancións e resultado.
• Informes de investigación solicitados sobre a concesión "San Rafael" n9 2946 dende xaneiro
de 2020 a maio de 2021 con indicación da data de solicitude, empresa solicitante e cuadrículas
investigadas.
■ Indicación por parte da Xefatura Territorial de Minas de Coruña da empresa ou grupo de
empresas que contan co dereito mineiro desta concesión dende o ano xaneiro de 1988 ata
maio de 2021, con indicación do ano ou período e empresa ou empresas que teñen outorgado
este dereito mineiro e ata a o momento actual.:
Os escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do DNI do representante.
Segundo. Con data 20 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovacic'.m
e a Augas de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achega!'e
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude por Augas de Galicia foi o 21 de setembro de 2021, e pola
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación o 22 do rnesrr o
mes.
Terceiro.- Con data do 5 de novembro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, Empresa e lnnovación remite copia do expediente e informe sobre a reclamación
presentada.
No informe, en síntese, indica que a reclamación presentada ten que ver con tres solicitudes
de acceso a información diferenciadas, tramitadas na Xefatura Territorial da Coruña cos
números de expediente AIP-MI-SC-2021-34, AI P-MI-SC-2021-100, AIP-M I-SC-2021-113 e que
xa foron resoltas na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
En concreto, dúas solicitudes presentadas o 15 de xullo e 4 de agosto de 2021,
correspóndense coas tramitadas cos números de expediente AIP-MI-SC-2021-100 e AIP-Ml-
SC-2021-113, e apresentada con data do 22 de abril de 2021, co expediente AIP-MI-SC-2021-
34.
{+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compo::te!,'3
A Coruna
ínfo:P.)comisiond2trans.parcncJ.gal w1,vv.'.CC1misior~datra11span:ncia.gat
Con respecto á solicitude tramitada como AIP-MI-SC-2021-34, solicitáronse os plans de
labores da empresa cos que conta ou contou en cada ano, co dereito mineiro dende xaneiro
1988 a maio 2021, plans de restauración medioambiental presentados e autorizados dende o
ano 1981 ata 2021, Pian de restauración medioambiental vixente da concesión San Rafael n2
2946, informes de inspección de seguimento e vixilancia da referida concesión dende os anos
1988 ata 2021, e de seguimento do pian ou plans de restauración medioambiental da dita
explotación, con indicación das datas, motivos e resultados, informe das sancións emitidas
sobre a explotación dende os anos 1988 ata 2021, informes de investigación solicitados sobre
a concesión dende xaneiro de 2020 a maio de 2021 e indicación no período de xaneiro de
1988 ata maio de 2021, da empresa ou empresas que teñen outorgado este dereito mineiro
e ata a o momento actual (información que coincide coa sinalada nos puntos 4 a 9 da
reclamación presentada ante a Comisión).
De acordo co informe remitido pola Xefatura Territorial, mediante escrito que tivo entrada o
8 de xuño de 2021 a mercantil Cobre San Rafael, S.L. manifesta a súa oposición á solicitude
expoñendo unha serie de alegacións.
A información solicitada é información tanto de carácter ambiental, cuxo acceso se rexe pola
Lei 27 /2006, como non ambiental, cuxo acceso se rexe pola Lei 19/2013, (que se xustifican nas
consideracións legais e técnicas da resolución) e sobre a que se ditou resolución pola Dirección
Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais con data do 28 de setembro de 2021,
permitindo o acceso aos expedientes que constan na Xefatura Territorial correspondentes ao
outorgamento e transmisións relativos a concesión de explotación San Rafael 2946 dende o
ano 1958, en aplicación da Lei 19/2013, aos expedientes correspondentes a plans de labores
e plans de restauración dende o ano 1958, en aplicación da Lei 27 /2006, e non permitir o
acceso á solicitante aos procedementos sancionadores en tramitación sobre a explotación ao
abeiro do artigo 14 e) da Lei 19/2013, polas razóns expostas na consideración legal e técnica
5.
Respecto á tramitada como AIP-MI -SC-2021-100, solicitouse informe das actuacións
realizadas pola Dirección Xeral en relación ao cumprimento e seguimento da Resolución do 6
de novembro de 2018 da Xefatura Territorial pola que se aproba o Proxecto de Drenaxe
Temporal na mina de Explotación mineira de cobre de Touro, o Proxecto de Drenaxe definitivo
presentado pola empresa Explotaciones Gallegas S.L., medidas sancionadoras en relación ao
expediente sancionador aberto o 30 de xullo de 2018, Proxecto de restauración
medioambiental vixente na explotación mineira en Explotación mineira de cobre de Touro
(información que coincide coa sinalada nos puntos 1 a 3 da reclamación presentada ante a
Comisión).
Polo contido desta solicitude, enténdese que a asociación pretende que a administración
realice unha labor de revisión da documentación que consta nos seus arquivos relativa ao
{+34) 98156 97 40 Rúa <lo Horreo, 6S
15700, Santiago de Compostela
ACoruña
ínfo~comisiondatransparcncia.gal ww\v.comisiondatransparcncia.gal
proxecto de drenaxe temporal para a concesión da explotación e lle entregue un informe
elaborado ex profeso para a súa solicitude coa información que sinala, polo que procedería a
súa inadmisión, pero optouse por unha solución operativa, poñendo a disposición da
Asociación para a súa consulta in situ, o expediente correspondente ao proxecto de drena>:e
temporal para a concesión.
Respecto do acceso ao documento denominado "Proxecto de drenaxe integral da conces,ión
de explotación San Rafael nº 2946 (abril 2021)" dado que o dito documento está actualmPnte
sendo sometido á información pública por parte do organismo de bacía facilítase o enlace
para o acceso. En canto a expedientes sancionadores, indícaselle que non consta na Xefatura
Territorial ningún expediente sancionador iniciado o 30/07/2018 referente á concesión.
Respecto do pian de restauración vixente e pian de restauración en estudio é manifestamente
repetitiva dado que xa foi obxecto da solicitude anterior da mesma asociación, e para a cal
emitiuse resolución a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, o
28/09/2021, na que se resolveu permitir o acceso á solicitante en aplicación da Lei 27 /2006
O proxecto do drenaxe temporal para a concesión que se considera información ambiental,
está actualmente en información pública, indicando o enderezo electrónico no que pode ser
consultado. lnadmitiuse a solicitude no referente aos plans de restauración, vixente e en
estudio, da concesión, ao abeiro do artigo 18.le) da Lei 19/2013, por ser manifestamente
repetitiva, e inadmitiuse a solicitude relativa ao expediente sancionador por tratarse de
información inexistente.
En canto á tramitada como AI P-M I-SC-2021-113, solicitouse de acordo co disposto nc1 L1~i
27/2006 pola que se regulan os dereitos de acceso á información, da participación pública e
do acceso á xustiza en mate ria ambiental e á Lei 1/2016, vista do referido expediente en
formato dixital ou acceso a enlace electrónico para consulta dos documentos que obren e
poidan seguir incorporándose ao expediente en concreto acceso ao novo proxecto de drena><e
definitivo ao que fan referencia na súa resposta presentado o 28/7/2021 por Explotaciones
Gallegas SL/ Cobre San Rafael/ Atalaya Maning ou calquera outra mercantil que actúa no
proxecto, coñecer en que situación queda a resolución do proxecto de drenaxe temporal
anteriormente aprobado en outubro de 2020 (Expediente CE2946/07 /2018-019),
información, motivos e estado das sancións en curso que sobre esta mina estean abertas as
empresas: Explotaciones Gallegas SL, Cobre San Rafael SL e/ou Atalaya Mining e ao Pian de
restauración actualmente vixente co que conte a concesión San Rafael nQ 2986 (mina de
Touro) e a calquera outra pian de restauración que estea en estudio actualmente por parte
dese organismo ou da súa Xefatura Territorial na Coruña.
0 (+34)9Sl 5697 4:l Rú~ do Hórreo, 65
A Coruña
e info(o/COmisionditran:,,pc:irc-ncia.ga. ww,,•.comlsloncatranspi1i'enclcl.g<1l
Consta no informe da Xefatura Territorial que con data do 27 de agosto de 2021, Cobre San
Rafael SL e Explotaciones Gallegas SL, presentan sendos escritos nos que manifestan a súa
oposición á solicitude expoñendo unha serie de alegacións.
Por resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 22 de
outubro de 2021 esta solicitude foi inadmitida dado o carácter repetitivo coas solicitude
tramitadas nos expedientes AIP-MI-SC-2021-34 e AIP-MI-SC-2021-100.
Por tanto, considera a Consellería que todas estas solicitudes de acceso foron xa resoltas e
notificadas aos interesados e terceiros con dereitos afectados, concedéndose o acceso a toda
a información existente que os solicitantes indican, a excepción dos puntos 2 e 7, por referirse
a medidas sancionadoras e estar amparada a súa denegación no artigo 14.e) da Lei 19/2013
do 9 de decembro e salvo no caso da información que xa fora obxecto de publicación, o acceso
concedido ao resto da información diferiuse en aplicación do artigo 22.2 da Lei 19/2013, ao
existir oposición por parte dos terceiros con dereitos afectados.
Considera a Consellería que a práctica totalidade da información que se solicitou pode
considerarse como de carácter ambiental, como así se xustifica nas resolucións de acceso a
información ditadas, agás a referente aos expedientes de outorgamento e transmisións
relativos á concesión da explotación (expediente AIP-MI-SC-2021-34).
O alegado por referente aos accesos á información, é unicamente á
situación que consideran de ocultación, denegación de acceso continuado e falta de
transparencia, sobre o que a Consellería indica que se procedeu conforme establece a Lei
19/2013, Lei 1/2016, e Lei 27 /2006, do 18 de xullo, en concreto respecto da concreción da
información solicitada e da audiencia a terceiros que se poden ver afectados nos seus dereitos
e intereses.
O motivo polo que se solicitou con data do 7 de maio de 2021, de aclaración da información
solicitada foi por que Cobre San Rafael SL é titular da concesión de explotación San Rafael nº
2946, e por Resolución do 09/03/2017, da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, pola
que se autoriza a transmisión ao seu favor e cando na solicitude se cita a unha empresa
dedicada a actividade de extracción e produción de áridos pode referirse a Explotaciones
Gallegas SL ou a Francisco Górnez y Cía SL, a cales son explotadora e contrata, respectiva-
mente, como se recolle nos plans de labores anuais. Respecto das autorizacións ás empresas
que desenvolven a actividade de valorización e xestión de residuos, non son competencia da
consellería, son autorizacións ambientais sobre as se lle indicaron á Asociación solicitante, os
links nos que se pode obter a mesma.
A Asociación solicitante contestou con data do 15 de maio de 2021 ao requirimento, no que
non se limita a responder ao requirido senón que amplía de tal xeito a información solicitada
{+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
157G0, Santiago de Compo~tda
A Coruña
ínfo:J1/comisiondztransparencia.gal WW\.'-✓.cornisiondatransparcncia.gal
que reformula a súa solicitude aos plans de labores da empresa dende xaneiro 1988 a maio
2021, que se lle informe da data de recepción da presentación do pian de labores, nome da
empresa que presenta o pian, recurso e confirmación de autorización si existe dese servizo de
recepción ou autorización, plans de restauración medioambiental nas mesmas datas, Pian de
restauración medioambiental vixente, Informes de inspección de seguimento e vixílaricia
realizados á concesión nesas datas e de seguimento do pian ou plans de restauración
medioambiental da explotación, informe das sancións emitidas sobre á explotación, lnforme:s
de investigación solicitados sobre a concesión dende xaneiro de 2020 a maio de 2021,
indicación da empresa ou grupo de empresas que contan co dereito mineiro desta concesión
dende 1988, con indicación do ano ou período e empresa ou empresas que teñen outorgado
este dereito mineiro e ata a o momento actual, do que pode deducirse que se está a solicitar
que a administración realice unha labor de revisión dos centos de expedientes que constan
nos seus arquivos dende o outorgamento da concesión da explotación no ano 1958 e se lle
entregue un informe elaborado ex profeso para a súa solicitude cos datos que sinala, polo que
se considera que se esta a solicitar unha información para o que é necesaria unha labor de
reelaboración, xa que seria necesaria unha previa selección e consulta de expedientes (en
número non determinado a priori e a maioría en formato papel) susceptibles de atoparse nos
supostos indicados, así como a selección e recompilación da información afectada e o
tratamento dos datos. indica, así mesmo, que o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura
Territorial da Coruña é unha unidade técnica de moi reducidas dimensións que teñen
asignadas importantes competencias en materia de xestión do dominio público mineiro, entre
elas, no ámbito da seguridade, que non poden ser desatendidas e facer esta reelaboración,
implica unha carga administrativa e interfire no normal funcionamento da Administración. de
acordo co anterior considerouse unha solución operativa, que garanta os dereitos dos
cidadáns de acceso á información, é poñer a disposición da asociación solicitante, para a súa
consulta in situ, os expedientes correspondentes a plans de labores, plans de restauración,
outorgamento e transmisións relativos a concesión da explotación.
En canto a procedementos sancionadores sobre a explotación "San Rafael" nº 2946 dende os
anos 1988 ata 2021 (ambos incluídos), indícase que nos arquivos desta Xefatura Territorial
constan dous expedientes en tramitación iniciados en maio de 2021.
O artigo 14.e) da Lei 19/2013, recolle que o dereito de acceso poderá ser limitado cando
acceder á información supoña un prexuízo para a prevención, investigación e sanción de
ilícitos penais, administrativos e disciplinarios', como sería o caso dun expediente sancionador
en tramitación cuxo obxectivo precisamente é determinar se a sociedade titular ou
explotadora do dereito mineiro ten algunha responsabilidade administrativa en determinados
feitos dos que se tratará de determinar a súa realidade, autoría, alcance e consecuencias
xurídicas, polo que dar a coñecer este tipo de información sen que estea concluído o
procedemento interferiría neste procedemento sancionador e polo tanto concorrería na
información solicitada o límite previsto no apartado e) do artigo 14 da Lei 19/2013.
(+34) 98155 97 40 Rúa Jo Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
ACorufn
info~~co:nisíondêtransparenciu.gal www.comislo nd atra nspa rcncia.ga t
Por último, en canto aos informes de investigación solicitados sobre a concesión indícase que
non consta ningún permiso de investigación solicitado nin outorgado sobre a mesma.
Segundo o criterio da Comisión de Transparencia de Galicia (CTG) establecido na súa
Resolución do 27/05/2021 no expediente nº RSCTG 22/2021, os plans de labores trátase de
información de contido ambiental.
Así mesmo, o proxecto de drenaxe temporal de augas aprobado por resolución do 06/11/2018
da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, a unha
autorización de Augas de Galicia, do 28/10/2020, de autorización de obras para o proxecto de
drenaxe temporal da mina de Touro e á presentación dun proxecto de drenaxe integral e
definitivo, de acordo coa definición legal de información ambiental, lle é de aplicación a Lei
27 /2006. Por outra banda, non procede dar acceso a documentos futuros que "poidan seguir
incorporándose ao expediente" xa que non se trata de información pública xa que de acordo
co establecido no artigo 24 da Lei 1/2016, a información ten que existir e debe ter sido
elaborada ou adquirida no exercicio das funcións.
O acceso ao proxecto de drenaxe definitivo é unha petición repetitiva dado que xa foi obxecto
da solicitude anterior da mesma asociación (expediente AIP-MI-SC-2021-100), e para a cal
emitiu resolución a Dirección Xeral; a solicitude de aceso aos procedementos sancionadores,
xa foi obxecto da solicitude anterior (expediente AIP-MI-SC-2021-034), para a cal emitiu
resolución a Dirección Xeral; as peticións sobre pian de restauración vixente e pian de
restauración en estudio son manifestamente repetitivas dado que xa foron obxecto da
solicitude anterior da mesma asociación(expediente AIP-MI-SC-2021-34), e para a cal emitiu
resolución a Dirección Xeral, polo que procede inadmitir a solicitude formulada respecto ao
expediente nº: AI P-M I-SC-2021-113, por ser manifestamente repetitiva, resolución que está
actualmente en proceso de elaboración e seralle remitida a esa comisión en canto sexa
asinada.
Cuarto.- Augas de Galicia non remitiu copia do expediente nin o informe sobre a reclamación
solicitado por esta Comisión.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
(+34j 98156 97 40 Rúa do Horreo, 65
ínfoto/comisíondêtransparrricia.gal wi,.vv-J.comisiondatransparcncia.gal
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 2'l
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbit:J
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información públic.1,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que ,,s
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten caráctr·r
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluído:; no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das ~iú,,s
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas eis
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como ~.e
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
(+34) 98156 97 40 Rúa cio Hórreo, 65
info~q)cor1isiond.:transparcncia.gal wwv.•.corn!sfondatransparcncia.gal
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución impugnada ditouse con data do 30 de xullo e 6 e 9 de agosto, e a
reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia tivo entrada o 19 de agosto, debe
admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación presentou unha reclamación contra a contestación recibida con data do 30 de
xullo de 2021 de Augas de Galicia e resposta emitida pola Xefatura Territorial de Minas de A
Coruña con datas do 6 e 9 de agosto de 2021, de acceso á información sobre o expediente de
proxecto de drenaxe temporal na mina de Touro e contra a falla de contestación pola Xefatura
Territorial, á solicitude de acceso á informe referente a información sobre o estado dunha
sanción, acceso ao pian de restauración, proxecto de restauración medioambiental vixente,
plans de labores, plans de restauración medioambiental informes de inspección de
seguimento e vixilancia dos mesmos e das sancións emitidas.
A Consellería no seu informe indica que a reclamación da Asociación fai referencia a tres
solicitudes distintas.
Na primeira, solicitáronse os plans de labores da empresa, plans de restauración
medioambiental e informes de inspección de seguimento e vixilancia do pian ou plans de
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hôrreo, 65
ínfo:~comisíondztransparc>ncia.gal wwv:.cornisior~datranspa:cncla.gal
restauración medioambiental da dita explotación, informe das sancións sobre a referid i
explotación e acceso aos expedientes correspondentes ao outorgamento e transmisións di
concesión de explotación.
Parte da informe solicitada (plans de labores da empresa, Plans de restauració·1
medioambiental e seguimento dos mesmos), é información que de acordo co disposto na LPi
27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medi:)
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente e de acordo C:J
informe da Xefatura Territorial, é información ambiental, xa que entra dentro da definición
establecida no artigo 2.3 da citada Lei que a define como toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc. que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informfs
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoa::,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
Debe portanto de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013,
tramitarse esta solicitude, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no
procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola st'.1a
normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de
transparencia, carecendo esta Comisión de competencia para resolver por tanto a
reclamación presentada no referente á materia ambiental.
Respecto da solicitude de acceso aos expedientes correspondentes ao outorgamento e
transmisións relativos a concesión, a Dirección Xeral ditou resolución permitindo o acceso aos
mesmos, e en canto aos procedementos sancionadores en tramitación sobre a explotación,
resolveu non conceder o acceso, dado que se trata de expedientes sancionadores en
tramitación cuxo obxectivo é determinar se a sociedade titular ou explotadora do dereito
mineiro ten algunha responsabilidade administrativa en determinados feitos dos que se
tratará de determinar a súa realidade, autoría, alcance e consecuencias xurídicas, polo que
dar a coñecer este tipo de información sen que estea concluída o procedemento interferiría
no seu resultado.
En materia de acceso á información pública a regra xeral é a de permitir o mesmo, mentres
que a aplicación dos límites debe entenderse de forma restritiva e procede unicamente nos
casos nos que a concesión da información supoña un prexuízo claro e concreto superior ao
interese do seu acceso.
(+ 34) 9815697 40 Rúa tb Horreo, 65
15700, SantiJgo de Compostela
ínfo@comisiondêtransparcr;cia.gal wW'/./.COffllslondatranspa,·cncia.gat
Tal e como xa afirmou a xurisprudencia, os límites de acceso á información enumerados no
artigo 14 e) e f), como a que neste caso nos ocupa, non están definidos, senón que constitúen
conceptos xurídicos indeterminados cuxa relevancia e transcendencia deben ser concretadas
en cada caso, ponderando os intereses en conflito, como a norma indica. Por tanto para a
aplicación deste límite, débese demostrar que o acceso á información solicitada supón un
prexuízo para a prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou
disciplinarios e a igualdade das partes nos procesos xudiciais.
Tanto as normas xurídicas aplicables, a xurisprudencia e adoutrina non ofrecen dúbida de que
á hora de limitar o dereito de acceso a información pública, o relevante é a xustificación que
realiza a administración, que debe estar baseada nunha ponderación de intereses -o interese
no acceso e o interese concreto que se protexe co límite- aplicada ao suposto concreto que
se axuíza.
A aplicación do referido límite ten como obxectivo asegurar a investigación e persecución de
ilícitos, neste caso administrativos, límite que pode invocarse cando se trate de evitar que o
acceso á información poida ser prexudicial ás investigacións, conducir á destrución de probas
e impedir un bo fin da investigación. Este é, en definitiva, o ben xurídico protexido polo límite
previsto no artigo 14.1.e) da Lei 19/2013: asegurar o bo fin de todos os actos de investigación
que se poden chegar a realizar, que ten sentido mentres os procedementos de investigación
ou sanción están abertos, xa que a difusión da información que os integra podería influír na
súa resolución e mesmo ou facilitar que os investigados ou os presuntos infractores puidesen
eludir as súas responsabilidades.
No presente caso, a Consellería xustifica a aplicación do límite en que os expedientes
sancionadores están en tramitación e darlles acceso podería prexudicar a determinación da
realidade dos feitos, autoría, alcance e consecuencias xurídicas, polo que se considera
correcta a aplicación do límite.
Respecto da solicitude de acceso tramitado como AIP-MI -SC-2021-100, dado que o seu
contido é referente a un proxecto de drenaxe na mina e ao proxecto de restauración
medioambiental, con independencia de que a Consellería considere que a asociación
pretende que a administración realice unha labor de revisión da documentación e lle entregue
un informe elaborado ex profeso, e por tanto podería inadmitirse pola necesidade de
reelaboración da información, deben considerarse que constitúen tamén información
ambiental, polo que non corresponde polos motivos expostos, que a Comisión da
Transparencia se pronuncie sobre o mesmo.
O mesmo sucede respecto ao acceso ao expediente AI P-M I-SC-2021-113, solicitado conforme
á Lei 27/2006.
(+34j 98156 97 40 Rúa Jo Hórreo) 65
,
,,,_.,,. info~@comisíondztrans.parcncla.gal WW'N.cornlsiondatransparcncia.gal
En canto a afirmación da Asociación reclamante de que o feito de que se lles solicite qu ,!
aclaren a súa solicitude ou que se abra un trámite de alegacións para que as entidades cu ><os
dereitos ou intereses peidan resultar afectados polo acceso sexa responder con evasiva•;, :J
que semella querer ganar tempo en favor da mercantil e obviando o interés das organizacións
medioambientais baixo o argumento da Lei 19/2013 obviando o dereito de acceso :í
información ambiental, non pode aceptarse, por canto, cando unha solicitude está formulada
de forma confusa, inconcreta ou xenérica, a Administración ten a obriga, de conformidade o
disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, de solicitar ao interesado que a concrete no prazo de
dez días, con indicación de que en caso de que non o faga, se lle terá por desistido da súa
solicitude.
Así mesmo, si a información solicitada pode afectar a dereitos ou intereses de terceiro:,,
debidamente identificados como sucede no presente caso, de conformidade co disposto no
artigo 19.3 da Lei 19/2013, a Administración ten a obriga de abrir un trámite de audiencia para
que peidan realizar as alegacións que estimen oportunas.
Nos casos como no presente nos que existiu oposición dos terceiros interesados, de
conformidade co disposto no artigo 22.2 da norma, o acceso só terá lugar cando,
concedéndose devandito acceso, transcorrese o prazo para interpoñer recurso contencioso
administrativo sen que se formalizase ou fose resolto confirmando o dereito para recibir a
información. A dita previsión ten como obxectivo, en última instancia, que a informaciún 11011
sexa accesible en prexuízo de dereitos ou intereses de terceiros no procedemento, de t;d
maneira que as posibles vías de recurso se vexan desnaturalizadas.
En canto á reclamación contra a resolución dada por Augas de Galicia á solicitude de accei;o á
información sobre o expediente de proxecto de drenaxe temporal da mina, se ben o dito
organismo non remitiu informe e copia do expediente solicitado, o seu contido pode
considerarse información ambiental, polo que debe ser o dito organismo o que resolva a
reclamación presentada de acordo co disposto na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se
regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza
en materia de medio ambiente.
De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
sen prexuízo de que se o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante
esta Comisión fronte á resolución expresa ditada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería
de Economía, lndustria e lnnovación e na tramitación da mesma peidan ser analizados os seus
argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
, f
. ti ')
@ /••34) 9S1569740 t'" Rua do 1-iór:eo, 65
15700, $,ln ti.1go de Compost.~lil
,.,.< tr::H~~n:.:,,An(h A Coruña
A~ ~ (A ;. .! ~ r-' ~A • \,., > l . , 1 {:;~
¡~~ ·· r Gal¡c¡a
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada po en
representación da no referente á información
solicitada que non ten carácter ambiental, de acordo co fundamento xurídico quinto desta
resolución, contra a contestación recibida con data do 30 de xullo de 2021 de Augas de Galicia
e resposta emitida pola Xefatura Territorial de Minas de A Coruña con datas do 6 e 9 de agosto
de 2021, sobre a San Rafael nº 2946.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administ rativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xul lo, reguladora da xurisdición contencioso-
adm inistrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021 .12.01 14:02:16 + 01·00·
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.