Se solicitó a la Consellería de Medio Ambiente de Galicia el listado de beneficiarios de ayudas por ataques de lobo. El reclamante alegó que la respuesta omitía la identidad de las personas físicas y jurídicas. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia, al determinar que la solicitud versa sobre información ambiental.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre ataques de lobo y compensaciones económicas se encuadra dentro del concepto de información ambiental según el artículo 2.3 de la Ley 27/2006.
2
El concepto de información ambiental es amplio y abarca cualquier actividad administrativa que pueda afectar o proteger el estado de los sectores del medio ambiente.
3
La Ley 19/2013 de transparencia tiene un carácter supletorio frente a materias que cuentan con una regulación específica de acceso a la información.
4
Al existir un régimen jurídico específico en la Ley 27/2006, tanto el procedimiento de acceso como el de recurso deben tramitarse según dicha norma y no a través de la Comisión de Transparencia.
5
La vía administrativa adecuada para impugnar la resolución de la Dirección General es el recurso de alzada ante la persona titular de la Consellería.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada mediante escrito do 16 de setembro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2021,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexist ro do
Valedor do Pobo o 16 de setembro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución
do 9 de set embro de 2021, da Dirección Xeral Patrimonio Natural da Consellería de M edio
Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se lle da acceso ao informe referente a datos
estatísticos sobre ataques de lobo e axudas solicitadas, concedidas e denegadas en
compensación por ataques de lobo nos últimos dez anos.
O reclamante indicaba que solicitou os datos estatísticos sobre at aques de lobo e axudas
concedidas en compensación e, na resposta dada pola Consellería, non se inclúen a relación
de persoas físicas e xurídicas que reci biron axudas.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 29 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de M edio Ambiente, Territ orio e Vivenda para que, en
Rlla Jo Hórreo, 65
15700, S3ntiago de Compo5:te!a
A Coruíla
info~s)comisíondatransparcn.:ia.gal WW'.!/.C:::Hl1isl0·-,,datransparcncia.gal
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A solicitude foi recibida pola Consellería con data do 1 de outubro de 2021.
Terceiro. Con data do 25 de outubro de 2021 a Consellería contesta á petición, remitindo
informe e copia do expediente solicitada.
No informe asinado polo Xefe do Servizo de Caza e Pesca Fluvial, en resumo faise constar que
na resposta dada á solicitude de acceso á información interpretouse que o interesado quería
coñecer o número de axudas concedidas e o seu importe, non a identidade dos beneficia rios.
No que respecta á información relativa a axudas públicas, a Xunta de Galicia en cumprimento
do artigo 8.1 c) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, e do artigo 17 pl e 2 e 3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, publica no seu portal de Transparencia tódalas convocatorias e
subvencións concedidas na súa web, da que indica os enlaces nos que se pode consultar e
considera que de acordo co disposto no artigo 18.1.a) da Lei 19/2013, ao tratarse de
información en curso de publicación, a solicitude incorre na causa de inadmisión do dito
artigo.
Visto o recurso, considera que a solicitude do reclamante non se non se axusta a dereito, non
podéndose facilitar a identidade das persoas que recibiron axudas para paliar os danos do
lobo nos últimos dez anos, procedendo a súa denegación de conformidade co artigo 13.2.f da
Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de
participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, ao afectar
negativamente á confidencialidade dos datos persoais.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo) 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info~é;lcomisíondztransparenc:a.gal wW\A.'.con"lisiondatranspan:ncia.gal
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece qu ,~
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información públl c.:1,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Cornisió 1
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devandité1s
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustaras.e
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que élS
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten caráctn
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluído::, no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súi,11s
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e reguldr
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No SPU
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
(+34) 98150 97 40 Rúa do Hórrev, 6S
15700, S3nti,3go de Compostela
A Coruña
info(~comisiondatransparencia,gal wwv;.cornisio:~ciatransparcncia.gal
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O interesado presentou a súa reclamación o 16 de setembro de 2021, e a resolución
impugnada ditouse con data do 8 do mesmo mes, polo que debe considerarse presentada en
prazo.
Quinto.-Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, datas
estatísticos sobre ataques de lobo e axudas solicitadas, concedidas e denegadas en
compensación polos ataques nos últimos dez anos.
A citada Consellería, resolveu a solicitude de acceso á información de acordo co disposto na
Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, ao considerar que
a informe solicitada é información ambiental.
Entrando na análise da información solicitada, debemos considerar que a información que se
solicita ten carácter medioambiental, e así o considera a Dirección Xeral, que resolveu a
solicitude de acordo coa dita normativa, indicando ao reclamante que contra a mesma podería
interpoñer recurso de alzada ante a titular da Consellería, e non reclamación ante a Comisión
da Transparencia de Galicia.
O artigo 2.3 da citada Lei 27/2006, considera información ambiental toda información en
forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado
dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ), a diversidade
biolóxica e os seus compoñentes, incluídos os organismos modificados xeneticamente e a
(+34) %156 97 40 Rúa do Hórreo 1 6S
15700, Santiago de Compostela
A Coruna
¡" info~comisíondatri1nsparcncia.gal wvrw.corn1siondatranspa:·cncia.gal
interacción entre estes elementos, os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc. que
afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente, as medidas, incluídas as
administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio
ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da salÍde ,.~
seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural,~
artístico e construcións.
Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas
Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas
sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de informació 1
medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos
do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos
devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión d:J
medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto d1~
medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a
autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercido de actividade
administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración
constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio
ambiente aos que se retire a Directiva.
De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a
materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental
do artigo 2 da citada Lei 27 /2006, debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido
na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, como indicou a Dirección Xeral na
resolución impugnada no senso de que contra a mesma procede en caso de desconformidade,
interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería, carecendo por tanto esta
Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da
información que se solicita.
Por tanto, de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013,
deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no
procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa
normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de
transparencia.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
\1' (• 34) 98! 56 9740 Rúa do Hórreo, 65
151C~. S3otiago de Comp-c,stela
ACon.1ña
e infoz~omi sionct.;transp-arcnda.gat
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por con data do 16 de
setembro de 2021, contra a Resolución do 9 de setembro de 2021, da Dirección Xeral
Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se lle dá
acceso ao informe referente a datos estatísticos sobre ataques de lobo e axudas solicitadas,
concedidas e denegadas en compensación por ataques de lobo nos últimos dez anos.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.12.01 14:04:09 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.