Estimada 30/11/2021 · 70 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre criterios de reparto económico y responsables de servicios en la EOXI de A Coruña estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó a la Consellería de Sanidade información sobre criterios de reparto económico y responsables en servicios de transplantes y cuidados críticos de la EOXI de A Coruña. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena el acceso a la información, ya que son documentos públicos elaborados en ejercicio de sus funciones.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible al haberse interpuesto tras producirse los efectos del silencio administrativo, conforme al Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
2 El derecho de acceso a la información pública comprende cualquier contenido o documento en poder de los sujetos obligados elaborado o adquirido en el ejercicio de sus funciones.
3 La información solicitada tiene carácter público, por lo que debe aportarse aunque no haya sido publicada previamente en el DOG.
4 El acceso a la información debe realizarse previa disociación de datos personales o contenidos parciales afectados por los límites legales de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave a efectos del régimen disciplinario según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 21 de set embro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifica n a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Sanidade, sobre os criterio de reparto entre as distintas unidades, categorías profesiona is de garda ou que participan na súa q uenda habitual, responsables de referencia nos diferentes servizos, encargados da organización dos recursos humanos e económicos, implicadas no transplante, hospitalización, unidades de coidados críticos, reanimación, quirófano ...etc, no ámbito hospita lario da Estrutura Organ izativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 9Sl 5697 4J Rúa d~ Horreo, 65 15700, SJntiago de Compo~te!a A Coruña info:(1/co11isiond2transparencia.gal ww'.v.corn!siondatransparcnciJ.gJt Segundo. Con data do 28 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 1 de outubro de 2021. Terceiro. Con data do 19 de novembro de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a interesada presentou a súa solicitude ante a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña e Cee, de información sobre as partidas económicas destinadas ás categorías profesionais que colaboran nos transplantes o ámbito hospitalario da EOXI da Coruña, con expresa indicación do criterio de reparto e contías entre as distintas unidades implicadas e categorías profesionais que participan, relación das categorías que cobran mediante garda localizada no seu domicilio, ou participan no transplante na propia garda ou quenda habitual de traballo, e perciben unha remuneración a maiores da súa xornada, relación dos responsables de referencia nos diferentes servizos. Faise constar que a solicitude non tivo entrada nese órgano de dirección, e unha vez recibida a reclamación da Comisión da Transparencia de Galicia, solicitouse á Xerencia do Servizo Galego de Saúde informe relativo á solicitude de acceso. Con data do 18 de novembro de 2021 a Xerencia remitiu informe da Subdirección de Calidade Asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee e na mesma data, a Secretaría Xeral Técnica resolveu conceder o acceso á información a que se refire a solicitude. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, (+ 34) 98156 97 4G Rúa tb Hóneoi 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña infoc@com isiondt:tra nsparcnc' a.gal www ,comlsiond .atra nspa rcncia.ga l poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Cornisió11 da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que é'S reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten caráctH potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a sú1a tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materi;:1 cle recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquei a que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos ro ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que tf n carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas is persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (-=·34)98156974:J Rúa do Horreo, 65 15700, S:.rntiago de Cornpo~te!a info~@co11isiondatransp2ircr;cia.gal ww,N.cornisio:"!datransparcncia.gal Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade resolveu a solicitude de acceso á información con data do 18 de novembro de 2021, transcorrido o prazo dun mes establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016 e cando a interesada tiña presentada a súa reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia , polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou da Consellería de Sanidade acceso aos criterios de reparto entre as distintas unidades e categorías profesionais implicadas nos transplantes, hospitalización, unidades de coidados críticos, reanimación, quirófano, etc, no ámbito hospitalario da EOXI da Coruña. A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, resolveu con data do 18 de novembro de 2021, conceder acceso á información mediante a información remitida pola Subdirección de Calidade Asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee na que lle informa que os criterios para a confección de nóminas dentro do Servizo Galego de Saúde están regulados por Orde anual da Consellería de Facenda e Administración Publica (para este exercido a Orde do 8 de febreiro de 2021) pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para a que indica a data da súa publicación no DOG. Sobre a relación de responsables de referencia nos distintos servizos, encargados da organización dos recursos humanos e económicos, indícaselle que a área sanitaria publica ...li e (••34) 9615,9740 o RUa do Hórreo, 65 1$700, s,mtil)gô de Com postela AConiña e inío@comisiond~tcansparcncía.ga! www.cornisio11datr1lnsp,u-e-ncia.g¿¡l anualmente na páxina web da área a memoria de actividade, a identificación dos responsables das unidades e servizos que a integran, e as partidas orzamentarias correspondentes. A memoria inclúe a actividade, os datos económicos e a relación de responsables médicos e de enfermería de cada GFH, incluindo aqueles que realizan programas de transplante, que son os competentes para a organización asistencial das súas unidades e servizos. lndícaselle tamén que se publica unha memoria anual da OCT {Oficina de Coordinación de Transplantes) da que se indica o seu enlace. Respecto dos criterios de asignación de contias e categorias correspondentes, ditanse por Resolución do Servizo Galego de Saúde do 15 de xaneiro de 2007, e son remitidas ás xerencias de área, con actualización anua l segundo as leis de orzamentos da Comunidade Autónoma. De acordo co informe da subdirectora de Calidade Asistencial, as asignacións atópanse nunha resolución non dispoñible no D.O.G. e polo tanto que non é pública, polo que deixa a criterio da Comisión da Transparencia a pertinencia do seu acceso, constando no expediente remitido copia da resolución. O criterio da Comisión da Transparencia, como non poderia ser outro, é que cando se solicita información que ten o carácter de pública, por ser documentos ou contidos en poder dun suxeito obrigado, elaborados ou adquiridos no exercido das súas funcións, debe aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei), ou concorra unha causa de inadmisión que estea debidamente xustificada, de acordo co disposto no artigo 18 da referida Lei. Debe lembrárselle á Consellería de Sanidade, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efect os da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 21 de setembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Sanidade, sobre os criterio de reparto entre as distintas unidades, categorias profesionais de garda ou que participan na súa quenda habitual, (+34j 98156 97 4J Rúa tlo Hórreo, 65 15700, S.antiago de Compostela info~(1/comisiondêtransparcncia.gal WW'N.cornisiondatr.1nsp.1n::nci.1.g,1l responsables de referencia nos diferentes servizos, encargados da organización dos recursos humanos e económicos, implicadas no transplante, hospitalización, unidades de coidados críticos, reanimación e quirófano, no ámbito hospitalario da EOXI da Coruña. Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo co fundamento quinto da presente resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío á reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.12.01 14:03:15 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. r o