Se solicitó a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade estadísticas de docentes en centros públicos (2019-2022). Ante el silencio administrativo, el ciudadano reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a que la administración no respondió ni aportó alegaciones, instándola a entregar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada se considera pública al ser documentos elaborados por la Administración educativa en el ejercicio de sus funciones.
2
Ante la ausencia de alegaciones por parte de la administración, debe prevalecer el interés público al acceso a la información.
3
La administración debe realizar la disociación de datos o contenidos parciales que pudieran estar afectados por los límites legales antes de la entrega.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada mediante escrito do 10 de agosto de
2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 202 1,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 21 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do dispost o no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a
desestimación por si lencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de
Cultura, Educación e Universidade, ás estatísticas por centro educativo e categoria profesior,al
do número de docentes no sistema de ensino público galego dos cursos 2019 a 2022.
O reclamante indicaba que non tivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicit ude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 29 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente, sen que se recibise o informe e copia do expediente solicitado.
(+34)981569740 Rúa cio Hórreo, 65
15700, Santiago de Corr:¡:,ostda
ACoruíla
ínfo:a:>comisiond.atransparrncia.gal WW'.'.'.comisio::datranspa•-cncia,gal
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98155 97 40 Rúa <.lo Hórreo 1 65
15700, S3ntiago de Cornpost<2la
A Coruña
info:J;)comisíond.atransparencia.gat wwv;.cc.,rnLsiondatransparcncia.ga
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regul.1r
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No s1iu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de ho
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como <,e
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou bai:<0 que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os pod,~r
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aproback1n
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal qlile
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte á•,
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo ;;'.4
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta :~n
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu dentro do prazo ordinario
dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que procede admitir a reclamación
presentada con data do 10 de agosto de 2021.
(',34) 98: 55 97 40 Rúa úo Horreo, E::5
15700, S3ntiago de Compo.ste!a
A Coruña
info:.@co11isíond2transparcncla,gal ww\•,1,co1Tdsiondatransparcncia.gal
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso ás estatísticas por centro educativo e
categoría profesional do número de docentes no sistema de ensino público galego dos cursos
2019 a 2022.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Consellería a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
Considérase que a información solicitada é información pública, por canto se trata de contidos
ou documentos elaborados ou adquiridos pola Administración educativa no exercício das súas
funcións, se ben se descoñece en que medida a información pode verse afectada por algún
dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que medida podería darse, de ser o caso,
a información despois de disociala para garantir o dereito de acceso a información non
estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16 da Lei 19/2013).
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de
conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión
os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia
de transparencia.
' '- ~ns.,121 en•:ia Ô {+:14)98156974D Rúa <10 Horreo, 65
15100, Santiai;odcCo,rpos,cl•
ACoruna
Gat;cía ~
,r .,_} info@comis1ondutra,,spart:>ocia.ga! www.comi~tOt!datransparenci".g~t
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro : Estimar a reclamación presentada por con data do 21 d,~
setembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude d,: ?
acceso ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, das estatísticas por e.entro
educativo e categoría profesional do número de docentes no sistema de ensino público ga leg1J
dos cursos 2019 a 2022.
Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máxim,:>
de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límit,?s dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro : Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máx mo
de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamantt: da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso cont encioso-administrativo no prazo de dous rnese ;,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ant e a Sala do contencioso-
adm inistrativo do Tribunal Superior de Xust iza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.12.01 14:05:36 +01 '00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Preside nta da Comisión da Transparencia.