Inadmitida 30/05/2017

Reclamación sobre acceso a estadísticas de transferencias a escuelas con concierto educativo entre 2009 y 2022

Se solicitó a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade estadísticas de transferencias a escuelas concertadas (2009-2022). El interesado alegó que la administración dispone de herramientas digitales para obtener los datos sin desplazamiento físico. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por ser extemporánea, al no haber transcurrido el plazo legal para el silencio administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue presentada el 24 de septiembre de 2021 frente a una solicitud iniciada el 23 de agosto de 2021.
2 El órgano resolutor determina que no había transcurrido el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación.
3 Se aplica el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, considerando que la reclamación es contra un acto no susceptible de recurso por ser prematura.
4 La administración reclamada había alegado previamente que la solicitud requería una reelaboración de datos y resultaba abusiva por la amplitud temporal y el volumen de expedientes físicos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación present ada mediante escrito do 24 de setembr o de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican 3 continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de· 202 1., adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrit o con entrada no rexistro co Valedor do Pobo o 24 de setembro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto ro artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xanei ro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Cu ltura, Educación e Universidade, ás estatísticas das transferencias dende o curso escolar 2009-2010 ata o curso 2021-2022, ás escolas corn concerto educativo coa Xunta de Galicia c.1 u calquera lnstitución vencellada. O escrito viña acompañado de copia da solicitudle presentada e do seu DNI Segundo. Con data do 30 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34)%1569740 Rúa tio Hórreo, 65 15700, Santiago de Cornposti:;,!a A Coruíla info:õ;lcomisiondatransparc>nc¡a_gal www,cc,m!siondatransparcnciJ.gal Terceiro. Con data do 28 de outubro de 2021 a Consellería contesta á petición, remitindo informe sobre a reclamación presentada. No informe, en resumo, faise constar que a información solicitada sobre os fondos transferidos refírese á información económica dos pagos realizados aos centros concertados por diferentes conceptos (Pago delegado de persoal docente, outros gastos, persoal complementaria) que se realiza mediante documentos contables globais que reflicten o importe total por províncias e non se detalla individualizadamente o importe de cada centro. Para poder facilitar a información relativa a un centro, sería necesario solicitar a documentación física de cada documento de pago e extraer o importe, o que implicaría un proceso de reelaboración extraendo a información de múltiples expedientes e soportes, xa que a información figura sistematizada dunha forma distinta á solicitada (sistema contable, documentación física e no caso de pago delegado, seria necesario solicitar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que elaborara un informe específico para establecer o importe a cada docente que figurou no pagamento delegado en cada un dos centros concertados e en cada unha das mensualidades. Por tanto considera que concorren as causas de inadmisión da solicitude de información pública establecidas no artigo 18.1, parágrafos c) (reelaboración) e e) carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia da Lei. Atender á petición de información demandada é evidente que requiriría elaboración previa que habería que facerse expresamente para o caso, e por outra banda, a amplitude de tempo que comprende a solicitude (dende o año 2009 ata a actualidade) implica un elevado número de consultas para acceder á información incorporada a expedientes físicos e sistemas informáticos e desprazamento do persoal ao arquivo correspondente para preparala, que interferiría no traballo ordinario de varias servizos da Administración polo que se considera abusiva. Con todo, a Consellería indica que a información dos centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que subscribiron concerto educativo dende o curso 2009-2010 ata o 2021-2022 foi obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, polo que os datas de todos os centros privados concertados en Galicia en cada curso escolar son públicos e accesibles (relacionados por província, localidade, ensinanzas concertadas e número de unidades), e o financiamento que recibiron en cada período escolar os centros docentes privados concertados é a que resulta dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros privados concertados, regulados anualmente nas leis de orzamentos xerais da comunidade autónoma. (+34} 9Sl 56 97 40 Rúa tb Hórreo, 65 15700, Santi.ago de Compostela A Coruña info~comisiondc;transparC>ncia,gal wwvi.cornislondauansparcncia.gal Cuarto.- Con data do 29 de outubro de 2021, déuselle traslado ao interesado do inform.~ remitido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, aos efectos de que no praz,1 de dez días, puidese presentar as alegacións ou documentación que considerase oportuna. Quinto.- Con data do 10 de novembro de 2021, o interesado presenta escrito no qu :~ manifesta que de acordo co disposto na Lei 4/2019 de administración dixital da Galiza do 1/ de xullo, o inventaria de información administrativa é de uso obrigatorio por parte de:; sistemas de información utilizados nos diferentes ámbitos de actividade do sector públic.:> administrativo e debe garantirse o cumprimento das normas técnicas de interoperabilidade que posibilite a circulación de datos e documentos, polo que considera que a Consellaría te,·1 que contar con ferramentas para cun número reducido de consultas obter a información solicitada sen desprazamento físico do persoal. Como se indica na solicitude, requírense os datos de cartos transferidos a escolas con concerto educativo, polo que os puntos 1, 2 e 3 do informe da Consellería, refírense a cuestións non solicitadas polo interesado. Alega por último que no caso de que non haxa máis transferencias económicas aos centros de ensino cun concerto aparte das referidas á subscrición do concerto educativo, e se como mencionan as alegacións foron obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, son accesíbeis de xeito doado ao persoal da Consellaría, o que non suporía paralizar o resto de xestión do suxeitos obrigados a facilitar a información, polo que considera que non existe xustificación para considerar a solicitude de información como abusiva. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñer•;e unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión (+34)981569740 Rúa Jo Horreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña ínfo;iVcc-:Y1isiond2transparcncia.gal wwvJ.comislondatransparcncia.gal da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. e- (+3~) 9$1 569740 l S?C,O; Santiago d~ Compostela ACornlla e í[email protected]~transparencia.ga1 wwv:.comisfo~datrans¡)r)l'encia.gal Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, tal e como consta na copia da solicitude presentada polo interesado, presentouse no Rexistro da Xunta de Galicia, con data do 23 de agosto de 2021, e a reclamación contra a falla de contestación á dita solicitude, presentouna o interesado no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 24 de setembro de 2021, De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, desde a recepción da solicitude pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, órgano competente para resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao serviz.o das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 c) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión non ter transcorrido o prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017). ACORDO Única: lnadmitir, por extemporánea, a reclamación presentada por con data do 24 de setembro de 2021, contra a desestimación por si lencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ás estatísticas ' {+34) %150 97 40 Rúa do Horreo, 65 15700, S:rntíago de Compo~tela A Coruna info:.q)comisiond2trans.parcncía,ga: WW'-N.conilsiond<itranspan:mcia.gal das transferencias dende o curso escolar 2009-2010 ata o curso 2021-2022, ás escolas con concerto educativo coa Xunta de Galicia ou calquera lnstitución vencellada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.12.01 14:06:45 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.