Estimada 30/11/2021 · 67 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre estadísticas de dosis de vacunas Covid-19 desechadas en Galicia

Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia estadísticas sobre dosis de vacunas Covid-19 desechadas y sus motivos. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no respondió en plazo, aunque posteriormente concedió el acceso a la información.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
2 Las reclamaciones contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
3 La Consellería de Sanidade no resolvió la solicitud en el plazo legal, dictando resolución expresa solo después de interpuesta la reclamación.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta de la administración.
5 La estimación formal no impide que el interesado presente una nueva reclamación si no está conforme con el contenido de la información finalmente entregada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada mediante escrito do 24 de setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o dia 30 de novembro de 2021, adopta a seguint e resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediant e escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de setembro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, ás estatísticas de doses de vacinas contra a Covid-19 desbotadas por área sanitaria así como os motivos para ser desbotadas. O recla mante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 30 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumpri mento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida pola Consellería con data do 4 de outubro de 2021. {+34) 9Sl 56 97 40 Rúa tio HorrerJ, 65 15700, Santiago de Cornposrda A Coruna info~q)ce:misiondatransprircr.cia.gal ww1.•.'.con1islondatranspa,-,.;ncla.gal Terceiro. Con data do 25 de outubro de 2021 a Consellería contesta á petición, remitindo informe e copia do expediente solicitada. No informe, a Consellería comunica que en base ao informe emitido pola Dirección Xeral de Saúde Pública do 21 de outubro de 2021 a Secretaría Xeral Técnica resolve conceder o acceso á información a que se retire a solicitude. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas (+34j 98156 97 40 Rúa do Horreo) 65 15700, Santiago de Compost€!a A Coruña info~ccrnisiondatransparencia,gat wwiv.comisio:1datransparcncla.gal funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que teI· carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de form ,1 ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso a información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ,ís resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con caráctN potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e :, ~~~ .,?. u Rúa do Hóneo, 65 ·t•~trarisp.Jrencia ACoruña ·i; 0, \:::auc1a ' ~t . " '. ' e info@cc,misiondutr ~1,spal't ncla.g<l! reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude presentada en prazo, senón que ditou resolución expresa con data do 22 de outubro de 2021, cando o interesado xa tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma . Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso ás estatísticas de doses de vacinas contra a Covid-19 desbotadas por área sanitaria, así como os motivos para ser desbotadas. A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que a Lei establece, ditou resolución expresa con posterioridade, na que concede o acceso á información solicitada. Na dita resolución informa ao interesado que Galicia destaca no Pian de Vacinación polo optimización e eficiencia na xestión e uti lización das vacinas, e acompaña datos onde figura a porcentaxe de doses administradas sobre doses entregadas do 101 %, motivado pola capacidade de extraer ma is doses das que figuran na ficha técnica de cada vacina sen comprometer a pauta de dosificación individual indicada, e porque se conta cun sistema de loxística inversa, que implica unha complexa coordinación diaria cos diferentes puntos de vacinación, de forma que todos os viaís contendo vacina de COVID-19 que non fosen ut ilizados son recollidos para a súa posterior redistribución e utilización, e nas listas programadas coas persoas convocadas para cada sesión, se dispón de listas de reserva para citar e optimizar o aproveitamento das doses sobrantes de cada xornada. De acordo co anterior procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si o reclamante o estima convinte, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á resolución expresa ditada pola Consellería con data do 22 de outubro de 2021, e na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, ditándose a resolución que corresponda . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por con data 24 de setembro de 2021, contra a desesti mación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, ás estatísticas de doses de vacinas contra a Covid-19 desbotadas por área sanitaria así como os motivos para ser desbotadas. (+34) 98156 97 40 15700, Santiago de Corr:poste!a A Coruña info:q)comlsiond2transparencia.gal ww·..t;_cc1rnislo:1datransparcncia,gal Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso d,i desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.12.01 14:07:02 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.