Inadmitida 30/11/2021 · 64 días en resolverse

Inadmisión de reclamación solicitando contrato del ciclo integral del agua al Concello de Cangas do Morrazo

El solicitante pidió a la Comisión da Transparencia de Galicia que requiriera al Concello de Cangas do Morrazo la copia de un contrato del ciclo integral del agua, alegando que su abogado no se la entregó pese a una resolución favorable previa de 2017. La Comisión inadmitió la reclamación por no existir un nuevo acto administrativo denegatorio que impugnar.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es inadmisible según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 al no existir un acto administrativo susceptible de reclamación en este momento.
2 No es procedente interponer una nueva reclamación sobre los mismos hechos y documentos sobre los que la Comisión ya resolvió en el expediente RSCTG 013/2017.
3 La vía adecuada para obtener la información no es una nueva reclamación, sino acreditar que el Ayuntamiento ha denegado el acceso a la información ya reconocida.
4 La Comisión puede solicitar al Ayuntamiento un informe sobre la ejecución de la resolución anterior si el interesado comunica que el acceso le ha sido denegado efectivamente.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 27 ce setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que !,e especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, un escrito, que t ivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de setembro de 2021, no que solicita que pola Comisión da Transparencia se formule petición ao Concello de Cangas do Morrazo do contrato de submínistración do ciclo integral da auga. O reclamant e indicaba que a Comisión da Transparencia de Galicia con data do 1 de xullo de 2017 (expediente RSCTG 013/2017) estimoulle a reclamación. Tras o pertinente estudo, pronunciouse resolución de do 1 de xullo de 2017, na que se estima a súa reclamación contra a denegación de acceso á información sobre o contrato de xestión de servizo público mediante concesión administrat iva, relat ivo ao ciclo integral da auga no Concello de Cangas, aprobado o 26 de setembro de 2014. Indica que o seu letrado acudiu con el á cita que tiña no Concello e que acordaron que se lh~s facilitaria unha copia do contrato de subministración do ciclo integral da auga ao dito letraoo, sen que por parte do mesmo se lle aportara a copia do contrato. (+34) 98i 5$97 4J Rúa da Hórreo, 65 15700, Santiago de Cornpo$tda A Coruña info@co misio nd2transpa rcnc ia.gal www.cc,ff1isiondatranspJ,.cncia.gal O reclamante interpuxo queixa contra o letrado ante o Colexio de Avogados de Pontevedra, que foi arquivada por falla de contido deontolóxico e recurso de alzada contra a resolución do Colexio de Avogados de Pontevedra, que foi inadmitido polo Consello da Avogacía Galega. O interesado comunica que nestes momentos está a estudiar a interposición da demanda contenciosa administrativa correspondente e solicita que por parte da Comisión da Transparencia se solicite ao Concello a copia do contrato de subministración do ciclo integral da auga. Segundo. Con data do 30 de setembro de 2021 solicitouse ao interesado aclaración de se co seu escrito se estaba a solicitar o cumprimento da resolución desta Comisión recaída no expediente RSCTG 13/2017, ou está a presentar unha reclamación contra a falla de contestación a unha solicitude de obtención do dito contrato, presentada novamente. Terceiro. Con data do 4 de outubro de 2021 o interesado remite escrito de contestación ao requirimento, no que manifesta que o que está a solicitar é que a Comisión presente novamente a reclamación contra a falta de contestación por parte do Concello de Cangas do Morrazo xa que no seu momento outorgou ao seu letrado dita xestión e non fixo nada ao respecto. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. (+34) 98156 97 40 Rúa d:':J Hórreo, 65 15700; Santi-Jgo de Compostela A Coruna info::q)comisiond2transparrncia.gal www.comisiondatransparcncla.ga l A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponder~ . no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo., a :i que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten caráctH potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobacion dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. ¡n. iS {• 34) 981569740 o Rúa do Hôueo, 65 15700, S2n:i~go dcCompostola A Coniña \VW'N.comisioncatra11spr1reoci¡i,g(ll Cuarto.- Análíse do expediente No presente caso, o interesado presentou unha reclamación no ano 2017, contra a denegación polo Concello de Cangas, de obtención de copia do contrato solicitado. A dita reclamación, foi estimada por esta Comisión con data do 1 de xullo de 2017 (expediente RSCTG 013/2017)e segundo informa o interesado, o Concello comunicoulle que se lle facilitaría unha copia ao seu representante (o seu letrado), sen que o interesado obtivese resposta por parte do seu letrado de se lle entregou ou non a dita copia . Á vista da existencia deste precedente, idéntico ao actual, lémbrase que a vía para solicitar a información aínda non faci litada non é presentar unha nova reclamación cos mesmos documentos e o mesmo argumento material. Como informa o interesado, o Concello comunicou a súa disposición a proporcionarlle a información, sen que conste que polo interesado se acudise ao Concello a obter a mesma e se lle houbese denegado. Por tanto, procede a inadmisión da reclamación presentada, de conformidade co disposto no artigo 116c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao non existir acto susceptible de reclamación, e non ser posible a interposición dunha nova reclamación sobre os mesmos feitos sobre os que esta Comisión xa resolveu. O anterior non obsta para que, se o Concello lle denegase o acceso á información sobre a que esta Comisión resolveu que ten dereito (expediente RSCTG 13/2017), o comunique aos efectos de que pola Comisión se lle solicite ao Concello informe sobre a execución da resolución do referido expediente RSCTG 13/2017. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir o escrito presentado po polo que require a esta Comisión para que solicite ao Concello de Cangas a copia do contrato de submin istración do ciclo integral da auga. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no (+34) 98156 97 40 Rúa tío Hórreo, 65 15700, Santi.ag•:i de Compostela A Corufla info@comlsiondêtransparcncia.gat wwvJ.cornisiondatranspa;·::ncia.gal artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.12.01 14:08:28 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.