Estimada 30/11/2021 · 64 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Vigo sobre expedientes de licencias de obra y electricidad, estimada por la Comisión da Transparencia

Se solicitó al Concello de Vigo el acceso a los expedientes de licencia de construcción de un viario y colocación de postes eléctricos. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder a la solicitud en un plazo de 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible al haberse interpuesto tras transcurrir el plazo de un mes desde la solicitud, conforme al artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2 La información solicitada se considera pública por haber sido elaborada o adquirida en el ejercicio de las funciones del Ayuntamiento.
3 El Concello de Vigo omitió remitir el informe y la copia del expediente solicitados por la Comisión, obligando a resolver sin sus alegaciones.
4 El acceso debe formalizarse respetando los límites de protección de datos y confidencialidad previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 Se advierte que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 d ti xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada po mediante escrito do 2·1 de setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que ~e especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada r ,) rexistro do Valedor do Pobo o 27 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo co disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparE!ncia •:! bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de accei.,:> ante o Concello de Vigo, de acceso e consulta dos expedientes tramitados nesa Xerencia pa ra a obtención da licenza de construción do novo via rio que comunica as rúas Rúa M illadas e Rúa Camiño Finca Pateira da cidade de Vigo e para a colocación de varios postes de enerxia eléctrica na devandita rúa. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición. O escrito viña acompañado de copia da solicit ude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 30 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegad a pola reclamante á Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparenci a, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34)%1559740 Rúa J::i Horreo 1 65 15700, S3ntiago de Compostda A Coruña info(~comisíond<-::transparL'ncia.gal WW','-1.corn!siondatranspa,-cncia.gal A recepción da solicitude polo Concello foi o 1 de outubro de 2021, sen que se recibise copia do expediente e o informe sobre a reclamación solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas (+34) 98156 97 40 Rúa dn Hórreo, 65 15700, Santiago de Cornpostela A Coruña info;q)comisiondztransparcncia.gal WW'N.cornisiondatransparcncia.gal funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 q,.Je ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forrr a ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas é1s persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso 3 información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regubr e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No sE:..1 preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como :;e toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder,,·s públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal qI.e establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte íÍS resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo ~'.4 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carác1:er potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao ela notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzad~ e Rúa do Horreo, 65 15700, Santiago de Con:poste!a A Coruna info'.p)c<,misiondt;transparcncia.g,1l WW'#.CO!Tllslo=~datransparcncia.gal. reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que a interesada presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou ao Concello de Vigo, acceso e consulta dos expedientes tramitados para a obtención da licenza de construción do novo viario que comunica dúas rúas no Concello de Vigo, e para a colocación de varios postes de enerxía eléctrica na devandita rúa. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. Considérase que a información solicitada é información pública, ao tratarse de información e documentación elaborada ou adquirida no exercido das funcións do Concello, polo que debe este resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello de Vigo que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. 1 . ;\t .' e Rúa do HÔ((e-0, 65 15700, Sami agod~ Compostela ,:,; transparencia A Coruña · \.: . r~ Gé:llid a e info@comisiond(~t(~llSparcnci~.ga~ Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Vigo, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra il desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Vigo, de acceso e consulta dos expedientes tramitados nesa Xerencia para a obtención da licenza de construción do novo viario que comunica as rúas Rúa M illadas e Rúa Camiño Finca Pateira da cidade de Vigo e para a colocación de varios postes de enerxía eléctrica na devandita rúa . Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ,í petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/20B, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 15 días hábi les, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de~ desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous Meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contenciosc,- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digit almente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021 .12.01 14:07:43 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.