Se solicitó a la Consellería de Sanidade el número de médicos activos en Atención Primaria desde 2005. El ciudadano alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó concediendo el acceso a la información tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida a pesar de la resolución posterior de la administración ya que el silencio administrativo ocurrió antes de la solicitud ante la Comisión.
2
La Consellería de Sanidade dictó resolución expresa concediendo el acceso a la información solicitada con posterioridad al plazo legal.
3
Se recuerda a la administración que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, dt!
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escr ito do 27 e,:!
setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos cue !••:!
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 e-:
novembro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexist ·o
do Valedor do Pobo o 27 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto 110
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de
San idade, da cantidade de médicos en activo que tivo a At ención Primaria, ano a ano, dende
o 2005.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da nor mativa cle
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administ ración foi o 4 de outubro de 2021
Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de CorT'postda
A Corur'!.3
ínfotq)comisiondctransparcncia.gal www.cornisiondatransparcncia.ga!
Terceiro. Con data do 10 de novembro de 2021 A Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que en base ao o informe da Dirección Xeral de Saúde
Pública, en data 27 de outubro de 2021, a Secretaría Xeral Técnica resolve conceder o acceso
á información a que se refire a solicitude
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
{+34j 98156 97 40 Rúa do Hórreo 1 65
15700, Santiago de: Compostela
A Coruña
info.Jycomisiond2transparencia.g:al ww·.v.comlsiondatransparcncla.gal
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de form3
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas a5,
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso ?1
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal qL e
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte! ;ís
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo ;,4
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzad2 e
Rúa <lo Horreo, 65
15700, San ti.i:godcCon;~or.tcla
A Coruña
(;) info@rnmisio nd~t ranspMt:>nci,a.gat
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade resolveu a solicitude de acceso á información unha vez transcorrido
o prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, e unha vez que o interesado tiña
presentada reclamación ante a Comisión da Transparencia, polo que debe admitirse a mesma.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso ao número de médicos en activo que
tivo a Atención Primaria, ano a ano, dende o 2005.
A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
a Lei establece, ditou resolución expresa con posterioridade, na que concede o acceso á
información solicitada, remitíndolle o número de profesionais activos a 31 de decembro de
cada ano de11de o ano 2005 na categoría profesional solicitada.
De acordo co anterior procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
sen prexuízo de que si o reclamante o estima convinte, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á resolución expresa ditada pola Consellería con data do 22 de outubro de
2021, e na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, ditándose a
resolución que corresponda.
Debe lembrarse á Consellería de Sanidade que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora .
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
- con data do 27 de setembro de 2021, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, da cantidade de
médicos en activo que tivo a Atención Primaria, ano a ano, dende o 2005.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+ 34) 98155 97 40 Rúa cio Hórreo, 65
15700, s,rntiJgo de Compostela
info;@comisiondêtransparrricia.gal wwv.t.corni-;iondatransparcncia.gal
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.12.01 14:09:44 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.