El ciudadano solicitó al Concello de Vigo planos de situación y documentación técnica de tramos de la Rúa Milladas. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó dictando resolución expresa tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida por haber sido interpuesta en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Concello de Vigo dictó resolución expresa posteriormente a la interposición de la reclamación ante la Comisión.
3
La Comisión recuerda al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 dE!
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 2 i'
de setembro de 2021, e consideran o os antecedentes e fu ndamentos xurídicos que s,~
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día .30 di:
novembro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrit o con entrada no
rexistro do a e or o o o o 27 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante o Concello de Vigo, ao plano de situación dos tramos da Rúa Milladas incluídos no
inventario de bens ou no seu caso número de polida incluídos nos devanditos tramos a fin dE·
poder identifica r a súa localización e á documentación ou informes técnicos relativos ás
medicións e característ icas dos viarios que se fan co nstar na relación publicada no Portal de
Transparencia do Concello.
A reclama nte indicaba que non recibiu resposta á súa petición .
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
f+34j 981 SE 97 40 Rúa do Hàrreoi 65
15700, S3nti::1go de CornpDstela
A Corufla
ínfo:.q)comisiondctrans.parencia,gal wwv;.com!sio•1datranspa:cncia,gal
Segundo. Con data do 13 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 15 de outubro de 2021, a interesada remite escrito no que comunica
que se lle remitiu informe por parta do Concello e manifesta que a información que se lle
remitiu referida aos anos 1993 e 2000 non é a solicitada por ela e non é a información que á
data consta publicada no Portal de Transparencia do Concello. Remite copia dun escrito
presentado por ela reiterando a petición aos efectos de que se teña en conta na resolución da
súa reclamación ante esta Comisión.
Cuarto.- Con data do 26 de outubro de 2021 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a interesada solicitou acceso a planos de situación
dos tramos da Rua Milladas incluídos no inventa rio de bens ou no seu caso o número de polida
incluídos nos ditos tramos, documentación ou informes técnicos relativos ás medicións dos
viaís que se fan constar no Portal de Transparencia del Concello.
Con data do 4 de outubro de 2021 emitiuse informe, polo Xefe da Oficina de Supervisión de
Proxectos e Asistencia Municipal no que informa dos datas que constan no Inventaria
municipal de Bens e Dereitos, aprobado por acordo plenario de 04 de maio de 1993,
modificado o 29 de maio de 2000, informe que se remite á interesada.
Con data do 15 de outubro de 2021 a interesada presenta escrito no que reitera a remisión
da información, ao entender que o informe remitido non se refire á información solicitada e
non consta publicada no Portal de Transparencia, e na mesma data presenta solicitude de
remisión de diversa documentación referente á titularidade municipal duns tramos da Rúa
Milladas, que está en trámite no momento de emitir o informe.
Con data do 22 de outubro de 2021 ditouse Resolución pola que se resolve sobre o acceso á
información, na que se procede a facilitarlle a información que da rúa Milladas e seus ramais
figura no vixente Inventaria Municipal de Bens e Dereitos, a ficha técnica do inventaria
contendo os datas técnicos deses viaís e as follas cartográficas onde se atopan reflectidos, e
na que se tivo en conta o carácter provisional dos datas reflectidos no portal de transparencia,
pendentes de revisión, como así figura publicado neste.
Quinto.-Con data do 29 de outubro de 2021, solicítaselle por esta Comisión ao Concello de
Vigo, informe sobre o escrito presentado pola interesada con data do 15 de outubro de 2021,
no que manifesta a súa desconformidade co informe e documentación anexa remitido pola
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compost<:.:!a
A Coruña
ínfo'.f1/comisiondztransparcncla.gal wwv1.comisiondatranspa,\::ncia,g1l
Concellaría de Patrimonio del Concello de Vigo, en resposta á súa solicitude de acceso á
información.
Sexto.- Con data do 29 de outubro de 2021, a interesada remite escrito no que comunica que
con data do 27 de outubro de 2021, notificóuselle resolución pola que o Concello de Vigo
inadmite a solicitude de información pública orixe do expediente desta Comisión e que na
mesma data presentou demanda xudicial impugnando a resolución notificada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toca
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñer5e
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbit:>
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece qu :'
contra toda resolución expresa ou presunta en mate ria de acceso á información públicc .·
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Corriisió1·
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devandita~
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súé
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
'.)
-'
(+ 34) 98151-' 97 4:J Rúa Jo Hórreo, 65
15700, Santi-:lgo de Compostela
A Coruñ.?J
info@comisíond2;transparcnc,:a.gai www.com:sioncatranspar.::ncia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
157001 Santiago de Compostela
A Coruña
info::4)comisíondatransparcnôa.gal wwv.'.cornlsiond atra nspa renda,,: al
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que a interesada presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha
vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no
artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou ao Concello de Vigo acceso a copia dun plano de situación dos tramos
dunha determinada vía incluídos no inventaria de bens municipal ou o número de polida e á
documentación ou informes técnicos relativos ás medicións e características dos via rios qL ,2
figuran no Portal de Transparencia do Concello.
O Concello emitiu informe dos dates que constan no Inventaria municipal que notificou ,3
interesada, e esta lle manifestou por escrito que o informe que se lle remitiu, non se refire ;1
información solicitada.
Polo Concello, resolveuse expresamente con data do 25 de outubro de 2021, inadmitinclo a
solicitude de información pública, contra o que a interesada comunica que ten presentada
demanda xudicial (enténdese que recurso contencioso-administrativo).
Dado que a reclamación ante esta Comisión se interpuxo contra a desestimación por silencio
administrativo da solicitude de acceso á información, e que tras a presentación da mesma o
Concello ditou resolución expresa, procede e estimación por motivos formais da reclamación
presentada.
Respecto da disconformidade da interesada coa resolución ditada polo Concello, será o
Xulgado competente o que resolva o que proceda, ao ter a interesada comunicado a esta
Comisión a interposición do correspondente recurso.
Debe lembrarse ao Concello de Vigo que, consente o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013,
o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de·
infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaric,
previsto na correspondente normativa reguladora.
s
.: , ,.f r (l.: (•34) 9Sl 5, 97 40 \, Rú• d o Porreo, 65
. trJn<;p;,• ,_n.::ía
$
15700, Santiago de Compostela
~ t :.\
'- GaF:::L ,,,..
... info~omisiond~tr.1nspare r)t1a."1! ..,
P,< ww\v.comlsio,,óaminsp~tcnci.>,,gat
'
En base aos feitos e fundamentos de dereit o anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
- contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
o Concello de Vigo, ao plano de situación dos tramos da Rúa Milladas incluídos no inventario
de bens e á documentación ou informes técnicos relativos ás medicións e características dos
viarios que se fan constar na relación publicada no Portal de Transparencia do Concello.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de confo rmidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
admin istrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 202 1.12.01 14:10:30 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.