Estimada 02/12/2021 · 64 días en resolverse

Acceso a la información pública de la Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais sobre el proyecto de parque eólico Maxal, LAT Maxal-Belesar en el Ayuntamiento de Chantada

El ciudadano solicitó a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación de la Xunta de Galicia el expediente de la línea de evacuación del parque eólico do Maxal. Tras alegar silencio administrativo, la administración acabó concediendo el acceso. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales al desaparecer el objeto por la resolución expresa.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración concedió el acceso a la información solicitada mediante resolución expresa posterior a la interposición de la reclamación.
2 Se distingue entre información ambiental, sujeta a la Ley 27/2006, y el resto del expediente sujeto a la normativa general de transparencia.
3 El acceso a la información no ambiental quedó diferido según el artículo 22.2 de la Ley 19/2013 debido a la oposición de terceros afectados.
4 La resolución de la Comisión se limita a la información no ambiental, ya que la materia ambiental tiene un régimen jurídico específico.
5 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la resolución expresa de la administración produjo la desaparición sobrevenida del objeto de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada mediante escrito do 29 de setembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Com isión da Transparencia na s,esión celebrada o día 30 de novembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.-- p resentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor d o ~ de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, a copia do expediente relativo á liña de evacuación do parque eólico do Maxal ata Belesar, atinxindo ao Concello de Chantada. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 7 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnno·,adón para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia compieta e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Terceiro. Con data do 18 de novembro de 2021, o interesado remite escrito no que comunica que con data do 17 de novembro, recibiu resolución da súa solicitude pero que non se lle deu traslado da documentación solicitada nin ligazón algunha. Cuarto . Con data do 25 de novembro de 2021 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación contesta a petición remitindo o informe e copia do expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que tras recibir a solicitude, déuselle traslado ao promotor do proxecto da liña de evacuación, por se o acceso á información puidese afectar aos seus dereitos ou intereses. O promotor presentou con data do 23 de agosto de 2021, escrito no que se opón ao acceso. Pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais ditouse resolución con data do 16 de novembro de 2021, pola que se concedeu acceso ao solicitante á información requirida, se ben ao existir oposición de terceiros con dereitos afectados, este acceso quedou diferido en aplicación do artigo 22.2 da Lei 19/2013, do 9 ce decembro. A solicitude é de acceso á totalidade dun expediente que contén información ambiental (estudio de impacto ambiental), non tendo o resto da información solicitada o tal carácter. O acceso á información solicitada foi concedido, polo que se produce a desaparición sobrevida do obxecto da reclamación presentada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión ,11 (+34) 98156 97 40 RUa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.comislondatranspa rencia. ¡ ;a 1 da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devand tas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a 5Úa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materiê1 de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calq1.,era que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluído~. no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e reg.Jlar e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). l\lo seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer coinc" se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crtscente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobar ión dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legJI que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude presentada en prazo, senón que ditou resolución expresa con data do 16 de novembro de 2021, cando o interesado xa tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma . Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou da Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia, copia do expediente relativo á liña de evacuación dun parque eólico. A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que a Lei establece, ditou resolución expresa con posterioridade, na que concede o acceso á información solicitada. Na dita resolución, faise constar que a información solicitada contén tanto información ambiental como non ambiental. A información ambiental, de acordo coa definición do artigo 2 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, é toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc. que afecten ou peidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.¡ al ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da satídP e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultJr,il e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Dire,:ti ,,as Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en cli\1er',as sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de informac!ón medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elernenros do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado cios devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestion cio medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concep·:o de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de activ1dé1cle administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que veI"sa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administrac ón constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do me i 10 ambiente aos que se retire a Directiva. No presente caso, pode considerarse información ambiental o estudo de impacto ambier tal solicitado, polo que de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira Cia l_ei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, :anto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola ~ úa normativa específica, estando o acceso ao resto do expediente suxeito á normativa básica de acceso á información. En base ao anterior, a resolución da Comisión da Transpar,enc1a unicamente se pronunciará sobre a información que non ten a consideración de ambientê 1. No expediente, segundo consta na resolución remitida, deuse audiencia a terceiros interesados, que presentaron alegacións sobre a condición de interesada da solicitante, ao feito de que a información solicitada vai ser obxecto de trámite de información pública, a consideración de que a documentación técnica elaborada pola mercantil como parte da solicitude non pode estar incluída no ámbito subxectivo da Lei 19/2013, e á aplicación cios límites do artigo 14.1.g) relativo ás funcións administrativas de vixilancia, inspección e contrnl e 14.1.j) relativo ao segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial. As di1 as alegacións foron analizadas na resolución ditada. A dita resolución permite o acceso, logo da disociación dos datos de carácter perscal, a información que non ten carácter ambiental, e dado que existiu oposición de terceirJs, o acceso non será efectivo ata que transcorra o prazo ao que fai referencia o artigo 22.2 ca l.ei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberr o. ., @ (• ~ ) 981 56 9740 a Rúa do Hórreo~65 1S700, SanCiago de Compostel• ¡..1<-r r·n , e t .f' ~ ílS"'-. 't ¡-e: (J - A Coru~a 1,...-., t : ., ~ 't• , 1, 1.,JéH1C1a t .. , e inío@comisiondatran;sparencia.ga1 • www.comlslondauansparencia.g.al O dit o artigo, establece que si existiu oposición de terceiro, o acceso só terá lugar cando, concedéndose devandito acceso, transcorrese o prazo para interpoñer recurso contencioso administrativo sen que se formalizase ou fose resolto confirmando o dereito para recibir a información. A dita previsión ten como obxectivo, en última instancia, que a información non sexa accesible en prexu ízo de dereitos ou intereses de terceiros alegados no procedemento, de tal maneira que as posibles vías de recurso véxanse desnaturalizadas. De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexu ízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á resolución expresa remitida pola Vicepresidencia Segunda e Con sellería de Economía, lndustria e lnnovación e na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por contra a desesti mación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación, a copia do expediente relativo á liña de evacuación do parque eólico do Maxal. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xust iza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa . Santiago de Compostela, Firmado dlgltalmente por 76706870F MARIA 76706870F MARIA DOLORES DOLO RES FERNANDEZ FERNANDEZ (R: S6500009Cl (R: S6500009() Fecha: 2021.12.02 13:14:24 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencla. (