Un abogado solicitó al Ayuntamiento de Silleda una certificación de su historial profesional defendiendo al alcalde y al municipio. No se detallan alegaciones adicionales. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la solicitud de un certificado implica una actuación material de la administración y no el acceso a información ya elaborada y existente.
Puntos clave de la argumentación
1
La información pública se define como contenidos o documentos ya elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas.
2
El derecho de acceso a la información tiene como objetivo principal permitir que la ciudadanía rinda cuentas de la actuación de los responsables públicos.
3
Las solicitudes cuyo objetivo sea la acreditación de circunstancias mediante la emisión de un certificado no se amparan en la Ley 1/2016.
4
La emisión de un certificado supone una actuación material de la administración y no el simple acceso a información preexistente.
5
Al no tratarse de acceso a información ya elaborada, la pretensión queda fuera del ámbito de aplicación de la transparencia pública y de la competencia del organismo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 d E!
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación remitida con data do 8 de novembro de 2021 polo Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno presentada por mediant e
escrito do 7 de novembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídiccs
que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30
de novembro de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito remitido polo Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de novembr:,
de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da L1ii
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, unha reclamación contra a falla de
emisión polo Concello de Silleda de certificación do historial do reclamante defendendo como
letrado os intereses do alcalde e do Concello de Silleda dende o 1 de abril do 2014 ata o 9 de
marzo de 2019.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra t oda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34) 981 =i6 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santi-3go de Cornposte!a
A Cona1a
info~(1/comisiondêtranspare>ncfa.gai ww. . v.cornisiondatransparcnciJ.gJl
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
(+34) 98155 97 40 Rúa do Hórreo, €5
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
ínfo@cornisiond-Gtransparcncia,gal WW'#.com isiondatra n spa rcnc ia. ga
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e reguliir
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como ~e
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou bai><o que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderE>s
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demancia
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O reclamante presentou reclamación contra a falla de emisión, por parte do Concello de
Silleda, de certificación do seu historial defendendo como letrado os intereses do alcalde e do
Concello dende o 1 de abril do 2014 ata o 9 de marzo de 2019.
Un certificado é un documento emitido por que ten atribuída a competencia para a súa
emisión, na que se acredita unha situación ou realidade. A Lei 1/2016 no seu artigo 24, define
a información pública como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou
soporte, que figuren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación (da Lei)
e que fosen elaborados ou adquiridos no exercício das súas funcións. Por tanto, a Lei define o
obxecto dunha solicitude de acceso á información en relación con información que xa existi',
por canto está en posesión do organismo que recibe a solicitude, ben porque el mesmo a
elaborou ou ben porque a obtivo en exercido das funcións e competencias que ten
encomendadas. Este concepto debe ser entendido no marco do ámbito da transparencia
pública, cuxo principal obxectivo é outorgar á cidadanía a capacidade de render contas da
actuación dos responsables públicos.
Tendo en conta o anterior, non poden entenderse amparadas pola Lei 1/2016 peticións nas
que o obxectivo sexa a acreditación de determinadas circunstancias ou elementos, na medida
que non supón o acceso a unha información xa elaborada e existente en poder da
administración, senón que leva unha actuación material pola súa banda. Este tipo de
pretensións quedan fóra do ámbito da transparencia pública e o dereito de acceso ,í
información e, xa que logo, da actuación deste organismo.
~ Rúa (.!o Honeo. t:5
15700, Santfo¡-o de CompO!.teta
A Coruña
C;) info(a)comisioodtJt ransp:ircn,çia.g-3!
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriorment e expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a a falla
de emisión polo Concello de Silleda de certificación do historial do reclamante defendendo
como letrado os intereses do alcalde e do Concello de Silleda.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recu rso contencioso-ad ministrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do cont encioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de confo rmidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021.12.0114:21:31 +Ol'OO'
M aría Dolores Ferná ndez Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.