Se solicitó a la Consellería do Medio Rural información sobre explotaciones ganaderas de producción, reproducción y avícolas en fechas específicas. Ante el silencio administrativo, la interesada reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó concediendo el acceso a la información posteriormente.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida debido a que la administración no resolvió la solicitud en plazo, dictando resolución expresa solo después de interpuesta la reclamación.
2
La Consellería justificó la demora en la respuesta debido a la complejidad de la información, que requería consultas a la base de datos de AMTEGA sobre la totalidad de explotaciones históricas en Galicia.
3
Se estima la reclamación por motivos formales al haberse producido la concesión del acceso a la información solicitada mediante resolución del 19 de octubre de 2021.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada mediante escrito do 14 de
outubro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro d1i
2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 14 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra
a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante Consellería dl>
Medio Rural, sobre as explotacións gandeiras de produción e reprodución que constaban n()
rexistro de explotacións gandeiras de Galicia o 1 de xullo de 2016 e o 1 de xullo de 2021 f?
sobre explotacións avícolas.
A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude e que Administració ,1
Aut onómica está en posesión dos datos solicitados, pois trátase dos contidos mínimos qu e
deben recoller os rexistros de explotacións gandeiras autonómicos segundo establece a
normativa que regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 22 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegad a
polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa d ,:
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+ 34) 9815697 40 Rúa do Hoaeo, €5
15700, Santiago de Con,posre!a
A Coruña
info~,Ycor·1isiondztransparcnciJ,gal www.cornisiondatranspJrcncia,gal
Terceiro. Con data do 29 de outubro de 2021 a Consellería contesta á petición, remitindo
copia do expediente solicitado, no que figura resolución do 19 de outubro de 2021, do Director
Xeral de Gandería, Agricultura e lndustrias Agroalimentarias pola que se resolve conceder o
acceso á información solicitada, que se notificou á interesada por email e a través do sistema
Notifica.gal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
(+34) 98156 9740 Rúa do Hôrreo¡ 65
15700, Santiago dt: Compostela
A Coruña
[email protected] ww\N.comisiondatranspan:ncia.gal
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que t,in
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forrna
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas d5,
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regu ar
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No s,iu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de :ia
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo q .1e
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal q .ie
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ,ís
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo l4
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta icn
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia v Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
{+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo) 65
15700, Santiago de Compostela
ACoruña
info~q)coMisiondêtransparcncia.gal w1rv,A.1.cornisio:-..dJtransparcncia.gat
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu a solicitude presentada en prazo, senón que ditou resolución
expresa con data do 19 de outubro de 2021, cando a interesada xa tiña presentada a
reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma .
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou á Consellería de Medio Rural información referente as explotacións
gandeiras de produción e reprodución que constaban no rexistro de explotacións gandeiras
de Galicia dende o 1 de xullo de 2016 e sobre explotacións avícolas.
A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
a Lei establece, ditou resolución expresa con posterioridade, na que concede o acceso á
información solicitada.
No informe emitido pola Consellería á reclamación, faise constar que se solicitou á Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a remisión das consultas precisas á base de datas
en relación coa información solicitada. Así mesmo, faise constar a complexidade da
información solicitada, non só por canto se requiría a relación da totalidade das explotacións
de todas as espedes de produción (bovino, ovino e cabrún, aves, coellos, équidos, porcino,
apicultura e explotacións peleteiras), senón tamén porque se solicitaban en dúas datas
diferentes, e a maiores indicábase que se incluíran non só as explotacións en estado de alta,
senón tamén as que estaban en estado de baixa ou inactivas, polo que a efectos prácticos
solicitábase a totalidade de explotacións que historicamente houbo en Galicia.
O Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) remitiu a información
solicitada en 16 arquivos, e nas datas posteriores o persoal do Servizo revisou o seu contido,
aos efectos do seu envío á persoa interesada coa estrutura axeitada, co fin de facilitar a súa
comprensión.
De acordo co anterior procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
sen prexuízo de que si a reclamante o estima convinte, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á resolución expresa ditada pola Consellería con data do 14 de outubro de
2021, e na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, ditándose a
resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
::, : .<" ~·., '<'-, @ {+14)981569740 Rúa do Hórreo, 65
,;it; transparencia A Coruña
.t::¡ ,:ir: Gaticia e info@)comisíondatransp-arenc¡<1.g.a1 ww;.•,•.cornisionCatranspare-ncia.gal
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
~ o n data 14 de outubro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo ca
súa solicitude de acceso ante Consellería do Medio Rural, a información referente a
explotacións gandeiras de produción e reprodución e sobre explotacións avícolas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso ce
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021.12.01 14:21 :17 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.