El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública la relación de participantes con cero puntos en el baremo provisional de un concurso de traslados. Tras alegar que la información ya estaba elaborada a la fecha solicitada, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por concurrir la condición de interesado en un procedimiento en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La normativa de transparencia establece que el acceso a documentos de un procedimiento administrativo en curso por parte de quien tiene la condición de interesado se rige por la normativa reguladora de dicho procedimiento y no por la ley de transparencia.
2
Para aplicar la inadmisión basada en la condición de interesado, deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento administrativo específico, que el reclamante sea interesado en él y que el procedimiento esté en curso.
3
Se ha constatado que el reclamante participa en el concurso de traslados de administración general convocado en noviembre de 2019, adquiriendo así la condición de interesado.
4
El procedimiento de provisión de puestos de trabajo se encontraba aún en tramitación en el momento de la solicitud y de la reclamación, al estar resolviéndose las impugnaciones al baremo provisional.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 8 de setembro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xuríd icos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de 2021,
adopta a seguinte reso lución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 8 de setembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transpa rencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Facenda e
Administración Pública, de acceso á relación dos participant es do concurso de traslados F2019
convocado pola resolución do 25 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública
(DOG do 27/11/2019), que non renunciando antes da publicación do baremo provisional (16
de xullo de 2021), figuren con cero puntos no momento da publicación do baremo.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude, que t iña como finalidade
comprobar que non se incluíra a ninguén que non se deba incluír, vulnerando a concorrencia
competitiva.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DN I.
!~úd cu Hórreo, 65
.15700, Santi,1go (](' Compostela
A Coruí1a
fnfo@comi·.>iondc.1trans.parenc.la.gal www .rnrn isiond atra n5pa n:nda, gal
Segundo. Con data do 14 de setembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de Setembro de 2021.
Terceiro.- A Consellería de Facenda e Administración Pública, con data do 13 de outubro de
2021, remite copia do expediente e o informe solicitado.
No informe, en resumo faise constar que por Resolución do 25 de novembro de 2019 (DOG
núm. 226, do 27 de novembro) convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de
traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Por Resolución do 22 de xuño de 2020 ábrese o período de presentación de solicitudes de
elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos.
Por Resolución do 13 de xullo de 2021 da Dirección Xeral da Función Pública, fanse públicas
as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso. De acordo coas
bases da convocatoria, os datas reflectidos no impreso de conformidade ou na certificación
serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso para a adxudicación dos
postos de traballo solicitados e calquera impreso de conformidade ou certificación que non
reúna os requisitos ou que fose enviado pola persoa interesada fóra do prazo establecido,
terase por non presentada, agás no suposto establecido no último parágrafo da base Vl.2.
referido a xustificación de que solicitou en prazo a certificación.
Como consecuencia, ás persoas participantes que non remitiron á Dirección Xeral da Función
Pública o impreso de conformidade cos datas da ficha de persoal ou a certificación de datos
emitida polas unidades certificadoras non se lles valorou ningún mérito ou requisito e figuran
con cera puntos na baremación provisional. Apresentación dun ou outro destes documentos
é requisito indispensable para a consideración dos méritos das persoas participantes no
concurso convocado.
De acordo coa base Vlll.4 da convocatoria, coa publicación da resolución do 13 de xullo abriuse
o prazo de 10 días hábiles para presentar reclamacións ata o 30.07.2021 e á data de emisión
do informe, se están a revisar máis de 500 reclamacións á baremación provisional.
De acordo co anterior, estase a solicitar o acceso a unha información que aínda esta en
proceso de elaboración, dado que a lista que contén a puntuación provisional dos
concursantes pode experimentar cambias significativos na súa configuración actual por mor
das numerosas reclamacións que se teñen presentado, polo que o interesado terá dereito ao
acceso á información solicitada no momento en que se atope definitivamente elaborado, o
(t.J,1) 98156 97 40 l·WJ cio Hórreo, 65
15700, ~antiaco de Compostt:-la
A Corufia
ínfo(\'comisiondatran~parenc.la.gal VN/W, com i.siond at ran spa I E nci a.gal
que non terá lugar ata que non se resolvan todas as reclamacións presentadas e sexa publica
a lista definitiva.
A documentación que solicita será proporcionada nun momento posterior e con tempo
suficiente para que, de estimalo convinte, poida facer uso dela en defensa dos seus intereses.
Cuarto.- Con data do 14 de outubro, remitíuselle o informe da Consellería ao interesado, para
que en prazo de dez días, remitise as alegacións ou documentación que mellor conveñan ao
seu dereito.
Quinto.- Con data do 5 de novembro de 2021, o interesado presenta escrito de alegacións no
que en síntese manifesta que solicitou a información de todas aquelas persoas que
participando no concurso de traslados e non renunciando antes da publicación do baremo (16
de xullo de 2021) figuren con O (cero) puntos no momento de publicación do mencionado
baremo.
Considera que a súa solicitude está acotada no tempo e que é un tempo pasado, polo quer
non pode experimentar ningún cambio nin significativo nin non significativo, posto que
calquera cambio será posterior ao día 16 de xullo de 2021 e polo tanto a súa solicitude trata
dunha información definitivamente elaborada e non desexa a información definitiva, senón
na data pedida.
Sexto.- En sesión celebrada o 30 de novembro de 2021, pola Comisión da Transparencia
acordouse solicitar á dita Consellería informe complementario no que se faga constar se o
reclamante participa no referido concurso de traslados, e ten por tanto a condición de
interesado e se o baremo provisional do dito concurso foi obxecto de publicación, ou pola
contra, unicamente se deu acceso aos participantes no mesmo á súa puntuación.
Sétimo.- Con data do 3 de decembro de 2021, a Consellería de Facenda e Administración
Pública remite informe no que fai constar que o reclamante é participante no concurso de
traslados de administración xeral convocado por Resolución do 25 de novembro de 2019 e
que no Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 16 de xullo de 2021, publicouse a resolución pola
que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no
concurso.
De acordo con esta resolución as puntuacións provisionais das persoas concursantes
admitidas publícanse no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública á que
poden acceder as persoas concursantes e ver os postos aos que foron admitidos e excluídos,
a súa puntuación en cada un deles, a súa situación na orde de prelación respecto a cada posto
e a puntuación dos demais participantes desagregada por cada un dos apartados
computables.
(+JA) 9815697 40 !~úd cio Horreo, 65
1.5700, Santiago de Cornpostf>l(1
A Coruri~~
ínfo@corn isiondcJtra nspa ren eia. gal www .c.om !~iond ,)tra n$pi! rE nc.i a.gal
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
!~úa (.'.o Hórreo, 65
1.5700, Santiago de Compostela
A Corurla
i nfo@(om isiond ¿;transparen( 1a .ga: v;ww.corn isiond atra n ::,pa rt nda. gal
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Facenda e Administración Pública non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
(:') Rúado Hór,eo,65
Cc, ( - ,1 , J. 1
1S700 , $i'1ntfogn rle ( .o mr,ostt>M
8 transparencía
ACorurla
v.21 ¡·!C!.d
. r:. e ínfo@çomisíondat~n~pare,1cia.gal fj} wvM.comisiondattltn$paretKia.Rcll
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso á relación dos participantes dun concurso de traslados,
información que debe considerarse como información pública. A Consellería remitiu informe
no que fai constar que a información solicitada, é información que está en proceso de
elaboración, por canto se están a resolver as reclamacións presentadas contra a baremación
provisional, que poden variar a dita baremación.
De acordo co informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública a requirimento da
Co misión, o reclamante é participante no concurso de traslados sobre o que solicita acceso a
determinada documentación e o procedemento de concurso, atópase en tramitación no
momento de presentación da solicitude de acceso á información ·e da presentación da
reclamación ante esta Comisión pola falla de resolución expresa.
Neste sentido, tal e como se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos
sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do artigo 13 en
relación co artigo 12, a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a
información pública en ma ns dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de
aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma ind ica na súa Disposición adicional
primeira parágrafo primeiro, que a no rmativa reguladora do correspondente procedemento
administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados
nun procedemento administrativo en curso aos dlocumentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requ isitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante
debe ser inte·resado no mesmo e terceiro, o procedement o debe estar en cu rso. Analizando
estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a
solicitude, concorren no caso que nos ocupa, dado que, por unha banda, o procedemento de
provisión de postos de traba llo sobre o que se solicitou acceso a documentación se atopa en
curso, e o agora reclamante ten a condición de interesado, segundo informa a Dirección Xeral
competente, polo que por estes motivos, procede a inadmisión da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único.- lnadm it ir a reclamación presentada por con data do 8 de
setembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
presentada ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, de acceso á relación dos
!~úd co Hórreo, 65
.15700, Santiago el(> Compostela
A Coruña
info(_-i)coml·:.ionclvtransparerKla.gal www.comi.siond:atranspar€ncia.ga1
participantes do concurso de traslados F2019 convocado pola resolución do 25 de novembro
de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG do 27/11/2019), que non renunciando
antes da publicación do baremo provisional (16 de xullo de 2021), figuren con cero puntos no
momento da publicación do baremo
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.12.23 08:30:53 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.