Una asociación solicitó a la Vicepresidencia Segunda y Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Galicia documentación sobre actividades mineras en Mondoñedo. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por carecer de competencia, al determinarse que la información es de naturaleza ambiental.
Puntos clave de la argumentación
1
La Ley 19/2013 tiene carácter supletorio frente a materias con regulación específica de acceso a la información, como es el caso de la información ambiental.
2
La información solicitada versa sobre actuaciones administrativas relacionadas con actividades mineras que afectan al estado de elementos del medio ambiente.
3
Según la Ley 27/2006, la información ambiental abarca cualquier dato sobre el estado de los elementos del medio ambiente y las medidas administrativas que puedan afectarlos.
4
Al tratarse de información ambiental, el procedimiento de acceso y el régimen de recursos deben regirse por la Ley 27/2006 y la Ley 39/2015, y no por la normativa general de transparencia.
5
La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver reclamaciones sobre materias que disponen de un régimen jurídico específico de acceso a la información.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
en representación d a _
mediante escrito do 7 de outubro de 2021, e
considerando os antecedentes e fundamen tos xu rídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de 2021, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en representación da
presentou, media nte escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o
16 de Xullo de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de consu lta, ant e Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Econom ía, Empresa e lnnovación, da document ación pública relacionada coas accións levadas
a cabo pola Consellería t ras detectar actividades mineiras na parcela do polígono do
catastro de Mondoñedo.
A entidade reclamante expón que non obtivo resposta á súa solicitude.
Coa reclamación achega copia da solicitude present ada, asinada con certificado dixital de
representante de asociación e copia do seu DNI.
(+JA) 9815697 40 Hú<-1 do Hórreo, 65
1.5700, Santiago (le Compostf'>l(1
A Corufia
[email protected] www .com isiondatran spa rEncia. ga t
Segundo. Con data do 15 de outubro de 2021, déuselle traslado da documentación achegada
pola entidade reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e
lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e
copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de outubro de 2021.
Terceiro. Con data do 9 de decembro de 2021 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Economía, lndustria e lnnovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 28 de outubro de 2021 deuse traslado da
solicitude á entidade mercantil titular, por se a información solicitada puidese afectar aos seus
dereitos ou intereses, concedéndose un prazo de quince días para formular alegacións,
entidade que presentou alegacións en prazo.
Finalizado o trámite, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu
con data do 25 de novembro de 2021, conceder o aceso á información á entidade solicitante.
Polo contido da información que se solicita, relacionada coas actuacións levadas a cabo pola
Xefatura Territorial de Lugo en relación con actividades detectadas nunha parcela nas
proximidades da explotación Trinidad 257 no concello de Mondoñedo, considera que ten
carácter ambiental, polo que dispón de réxime específico de acceso de acordo coa Lei
27 /2006, do 18 de xullo, polo que en base ao disposto na disposición adicional primeira da
Lei 19/2013, e ao artigo 20 da Lei 27 /2006, do 18 de xullo, o réxime de recursos sería o que
establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, polo que procedería a inadmisión da reclamación
pola Comisión da Transparencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
!~úd do Hórreo, 65
1.5700, Santiago de Co111poste.!a
A Coruf\a
info(~\)com ¡·.>iond otransparerK 1a.ga, www .com isiond í)tra n spa rt nc.ia. gat
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
Húd 00 Húrreo, 65
info@\'..om/Sionc.icltran~parenc.ia.gal www .corn isl on c.1 atra n':>pa nmcia. gal
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencía y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación resolveu a
solicitude o 25 de novembro de 2021, unha vez que a entidade interesada tiña presentada a
súa reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A asociación interesada solicitou acceso á documentación pública relacionada coas accións
levadas a cabo pola Consellería tras detectar actividades mineiras nunha parcela concreta do
Concello de Mondoñedo que identifica cos datos que figuran no catastro, sen obter resposta
por parte da Consellería.
De acordo co informe da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e das
alegacións que figuran no expediente presentadas pola entidade titular da explotación, a
información solicitada é referente a un expediente sancionador no ámbito do medio
ambiente, polo que, de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei
19/2013, debe tramitarse, ao ter esta mate ria previsto un réxime xurídico específico, tanto no
procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa
(1 ~,.:) 9815697 40 i<úa (o Horreo, 65
A Corufta
infoG_~)(Om i•Jí0nd otra nsparenc Ia ,ga: www.cornislond,1tr:J1bpartncia.ga\
normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de
transparencia.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
O concepto de información ambiental contido na Lei 27 /2006, e nas Directivas Europeas
2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias
Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información
medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos
do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos
devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do
medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de
medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a
autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade
administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración
constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio
ambiente aos que se refire a Directiva.
De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a
materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental
do artigo 2 da citada Lei 27 /2006, ao solicitarse información referida a actuacións levadas a
cabo pola Consellería sobre realización de actividades mineiras na parcela, que
evidentemente afectan ao estado dos elementos do medio ambiente (sustancias, resíduos,
vertidos, medidas en materia de medio ambiente e actividades que poidan afectarlle), polo
que debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na dita normativa, incluíndo
os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para
resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita.
ê (+,34) 98156 97 40 (9 Róa doHôrtco,65
.15700, Santi1Jgo d e C.c,l'n posttJ,>
A Coruíla
e inlo@comisiondatra nsparend a.ga: e W\.WJ.comisiondc1t(an~pare-ncii1.Ra1
En base aos feitos e fundamentos de dere ito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por en representación
da contra a desestimación por silencio
administ rativo da súa solicitude de consulta, ante Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Eco nomía, Empresa e lnnovación, da documentación públ ica relacionada coas accións levadas
a cabo pola Consellería tras detectar actividades mineiras na parcela-do polígonoldo
catastro de Mondo ñedo .
Contra esta resolución qu e pon fin á vía administrativa un icamente cabe, en caso de
desconform idade, interpoñe r recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
admin istrativo do Tribunal Superio r de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Le i 29/11698, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Sa nt iago de Composte la,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021 .1 2.23 08:30:36 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.