Una ciudadana solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia detalles sobre la organización y pago de las prolongaciones de jornada médica. Tras recibir una respuesta parcial, presentó una reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación por ser extemporánea, ya que se interpuso antes de que finalizara el plazo legal de respuesta de la administración.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se basó en la insatisfacción por una respuesta parcial sobre la definición de 'quenda' de prolongación, horarios y justificación de pagos en los Puntos de Atención Continuada (PAC).
2
El derecho de acceso a la información pública comprende contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas, sin necesidad de motivar la solicitud.
3
Para interponer una reclamación ante el órgano de transparencia, debe existir una resolución expresa o producirse los efectos del silencio administrativo.
4
La reclamación presentada el 18 de octubre de 2021 respecto a la solicitud del 2 de octubre es prematura, pues no había transcurrido el plazo legal de resolución establecido en la Ley 1/2016.
5
Se determina la inadmisión de la reclamación al tratarse de un acto no susceptible de recurso según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 por ser extemporánea.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vist a a reclamación presentada por mediante escrito do 18
de outubro de 2021, e considera ndo os antecedentes e f undamentos xu rídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de
decembro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 18 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución
do Sr. Secretaria Xeral Técnico da Consellería de Sanidade do 30 de setembro de 2021, pola
que se lle concede o acceso á informe sobre os tipos existe ntes de prolongacións de xornada
médica nos centros de saúde da EXOXI Coruña, así como as condicións establecidas e o abono
da prestación para cada unha das mesmas.
A reclamante, en resumo indica que solicitou información sobre como se están a organizar as
prolongacións de xornada dos méd icos de atención Prima ria da área Coruña- Cee e o
pagamento das mesmas. Indica que solicitou esa información en numerosas ocasións á
xerencia e a única resposta á mesma que obtivo foi parcial, po lo que solicita que se lle conteste
a que se entende por quenda, o horario de comezo e finalización da quenda de prolongación,
como se estrutura a axenda da devandita prolongación, se se trata de axendas pechadas de 3
horas sen urxencias nin domicílios programados ou urxentes, si en caso de ser axendas
(+34) 98156 97 40 !'<úc1 Jo Hórreo, 65
.1.5700, <..:rntí,1go el(• Compostí'la
A Corur'1a
ínfo@corn isiond cJtra nspa ren<- la.gal www .co misiond ,)trJ ns.pa 1€ ncia. gal
pechadas que non atendan urxencias nin domicílios, a quen corresponde a atención dos
pacientes que acoden ao centro.
Así mesmo a reclamante solicita se lle remita unha explicación de porqué a xornada de
prolongación do persoal do Punto de Atención Continuado (PAC) de 3 horas se paga coma se
fose unha de 7 , en canto para cubrir horas nos Puntos de atención continuada , págase por
xornada completa , e a xustificación de que ese persoal prolongador só atenda demanda
programada, e os pacientes teñamos que ser derivados a outro dispositivo para ser atendido.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI.
Segundo. Con data do 22 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de outubro de 2021.
Terceiro. Con data do 17 de novembro de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición,
remitindo informe e copia do expediente solicitado.
No informe, faise constar que a interesada solicitou con data do 25 de agosto de 2021
información sobre os tipos existentes de prolongacións de xornada médica nos centros de
saúde da EXOXI Coruña, así como as condicións establecidas e o abono da prestación para
cada unha das mesmas, información sobre a que se ditou resolución con data do 30 de
setembro de 2021.
Con data do 2 de outubro de 2021, presenta nova solicitude de acceso á información sobre a
organización e o desenvolvemento das prolongacións de xornadas médicas realizadas nos
centros de saúde da Área Coruña-Cee na que solicita que se lle dea unha definición de quenda
de prolongacións, hora de comezo e hora de finalización das mesmas, distribución da axenda
das mesmas (número de doentes en axenda, tipo de consulta: cantos doentes para receitas,
telefónicas, presenciais, domicílios, tarefas administrativas), se as axendas son pechadas ou
polo contrario conlevan a atención de demanda urxente e domiciliaria (sexo esta última
programada ou urxente), e en caso de ser axendas pechadas, a quen lle corresponde a
atención da demanda urxente e domiciliaria.
A Secretaría Xeral Técnica resolveu con data do 15 de novembro de 2021, conceder o acceso
á información a que se refire a solicitude anexando informe da Subdirección de Calidade
Asistencial da Área Sanitaria de A Coruña e Cee, coa que se xunta a Orde de 4 de xuño de
20087 pola que se publican determinados acordos de ordenación e provisión de posto de
traballo e condicións de traballo e retributivas no ámbito da atención primaria do Servizo
l~úd do Hórreo, 65
15700, Santi(Jgo df.> Compostela
/\ Coruña
i nfot,1icom isiond atra ns.parenda .gal www.c.om isl ond atranspa rE-nd a.gal
Galego de Saúde e a Acta da Comisión de Centro de Atención Primaria do 24 de setembro de
2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
(+34) 9815697 40 l~úd do Hõrreo, 65
.15700, Santiago clf> Cornrostela
A Coruíia
ínfo@corni•.;iondcJtransparencia.gal www.cornisiondatrat1$parE-m.ia.gal
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Consellería de Sanidade resolveu con data do 30 de setembro, á solicitude presentada pola
interesada con data do 25 de agosto de 2021, polo que debe admitirse a reclamación
presentada con data do 18 de outubro de 2021 pola interesada.
Respecto da solicitude de información presentada pola interesada con data do 2 de outubro
de 2021, que foi resolta pola Consellería con data do 15 de novembro de 2021, debe
!~úd do Hórreo, 65
1.570(), Santiago clf? Compost()lõ
A Coruña
infoG_ikomi·~iondatrarn.parenc.la.gai www.com isiond ~1transpa re ndil. gal
inadmitirse a reclamación presentada con data do 18 de outubro, ao non ter transcorrido nesa
data, o prazo que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece para a súa resolución.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou á Consellería de Sanidade, información sobre os tipos existentes de
prolongacións de xornada médica nos centros de saúde da EXOXI Coruña, así como as
condicións establecidas e o abono da prestación para cada unha das mesmas, información
que lle foi facilitada mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica de 30 de setembro de
2021 mediante a remisión de informe do 15 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de
Recursos Humanos no que se lle informa que en Sesión da Mesa Sectorial do 21 de xuño de
2007 acadáronse acordos sobre compromisos para a aplicación das medidas de persoal
contidas no pian de mellora en atención primaria 2007-2011, entre os que figura a
prolongación de xornada para atender a axenda con ausentes, sendo a prestación voluntaria
e consonte a organización indicada pola xerencia, aboándose mediante o complemento de
produtividade variable do que se indica a súa contía. lndícase así mesmo, que as prolongacións
de xornada se realizan nos centros le saúde tanto por profesionais dos mesmos como por
profesionais dos Puntos de Atención. Considérase que a información proporcionada é a
solicitada pola interesada.
Con data do 2 de outubro de 2021, presenta novo escrito no que solicita aclaracións sobre a
resposta dada pola Consellería, referidas á organización e desenvolvemento das
prolongacións de xornadas, axendas e atención a doentes, que debe considerarse como unha
nova solicitude de acceso á información. Esta solicitude de aclaracións, ten o mesmo contido
que a reclamación presentada ante esta Comisión, e sobre a mesma, con independencia da
valoración que se poida facer sobre si se esta a solicitar unha información pública
(documentos ou contidos existentes na Consellería, elaborados ou obtidos no exercido das
súas funcións) ou se está a solicitar a elaboración dun informe ad hoc (que de ser así
determinaría a súa inadmisión, ), o certo é que a reclamación presentouse o 18 de outubro de
2021, cando aínda non rematara o prazo para que a Consellería resolvese sobre o mesmo.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
•.. 0 {•J,:)981569740 O RúadoHoueo, 6S
15700, Sanuago ce coo,:,os,~,.
:•, tran-:: -;", r_11cia
,. ,. Ga!'1c::"
,. ,;~i 11, r°' . ''-' e ínfo@(.crnh iondllll ani.p.'.irt'n<Ía,ga~
No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, a interesada
presentou a súa nova solicitude de acceso á información o 2 de outubro de 2021, e a
reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia o 18 do mesmo mes.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da lei
1/2016, desde a presentación da solicitude ata a interposición da reclamación, procedendo
en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non
susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir por extemporánea, a reclamación presentada por
- contra a falla de contestación á súa solicitude de acceso á información presentada á
Consellería de Sanidade con data do 2 de outubro de 2021.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-admin istrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOlORES FERNANDEZ (R:
S6500009()
Fecha: 2021.12.23 08:29:08 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia .