Una persona solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública de Galicia los motivos de estimación o desestimación de reclamaciones sobre preguntas de un proceso selectivo. El interesado alegó que es información pública accesible. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por existir un procedimiento administrativo específico en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa reguladora del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso de los interesados a los documentos de un procedimiento en curso.
2
Para aplicar dicha exclusión deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, que el reclamante sea interesado y que el procedimiento esté en curso.
3
Se determina que el solicitante es participante en el proceso selectivo y que este se encontraba en curso en la fecha de la solicitud.
4
Al concurrir los requisitos mencionados, la normativa de transparencia cede ante la normativa que rige el procedimiento selectivo, procediendo la inadmisión de la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 8 de
outubro de 2021, e considerando os antecedentes e funda mentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de
2021, adopt a a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.- presentou, mediante escrito con ent rada no rexistro
do Valedor do Pobo o 8 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución
do 4 de outubro de 2021, do Director Xera l de Función Púb lica da Consellería de Facenda e
Administ ración Pública, pola que se denega o acceso á información referente aos motivos
polos cales se estiman ou desestiman as reclamacións cont ra as preguntas do primeiro
exercido do proceso selectivo ao Corpo Auxiliar da Administración Xera l da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo c2 (acceso lib re), convocado pola orde do 22 de novembro de
2019.
A reclamante expón que considera que se ten que dar acceso á información so licitada, posto
que se trata de información dun proceso para o acceso á función pública e que todos os
interesados deberían coñecer e que a motivación da Administ ración para denegar o acceso á
información pública, non é un dos motivos de inadmisión a t rá mite recollidos no artigo 18 da
Lei 19/ 2013, tal e como indica a Admin istración na súa contestación.
(+34) %15697 40 Húa Llo Horreo, 65
1S700, Santi,1go d~ Compostela
A Coruf1a
ínfo@corni~íorH.1cJtrans.parencla.ga: www.com isi ondatra n s.pa r€ nci a.gal
Segundo. Con data do 22 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de outubro de 2021.
Terceiro. Con data do 2 de decembro de 2021 a Consellería de Facenda e Administración
Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, con data do 4 de outubro de 2021 ditouse Resolución da Dirección
Xeral de Función Pública pola que se denegou o acceso á información solicitada, por tratarse
dunha información que non corresponde á Dirección Xeral de Función Pública, senón ao
Tribunal cualificador do proceso selectivo, polo que se remite ao mesmo para a súa
contestación.
A convocatoria do proceso selectivo, establece un procedemento específico para a
impugnación polas persoas aspirantes das preguntas que consideren oportuno, e os acordos
adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa
titular da consellería competente en materia de función pública.
Segundo consta, o interesado presentou Recurso de alzada fronte a Resolución do 9 de agosto
de 2021 (DOG do 01/09/2021) con data de 30/09/2021 (debe entenderse que se refire á
Resolución do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo polo que se dá
publicidade de diversos acordos), que se resolveu con data do 8 de novembro, polo que ao
día de hoxe, a solicitude presentada enténdese resolta conforme a dereito.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
(•·34i 9815697 40 l~úd tio Hórreo, 65
.15700, Santiago de Compostela
A Corufía
info(\)c.omisiondvtransparencla.gal www.corni.si0nd.:1trJn5parEnc.ia.gal
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
(<3'1)%l569740 Húci do Hórreo, 65
.1.5700, Santiago cle Compostela
A Corufia
info@(orni·.>íondatrans.parenc,l.:i.ga; www.corn isi on d atrJnspa re nci a.gal
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución contra a que reclama ditouse
con data do 4 de outubro de 2021, e a reclamación ante a Comisión da Transparencia
presentouse con data do 8 do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto. Análise do expediente
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da
actuación pública.
No presente caso o reclamante, tal e como figura no seu escrito de recurso de alzada de data
30 de setembro de 2021, é un participante no procedemento selectivo.
Neste sentido, tal e como se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos
sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en
relación co artigo 12, a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a
información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de
aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma indica na súa Disposición adicional
primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento
administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados
nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo.
~ (+.l4)9$1569HO Rúc:, do Hôrreo, 65
15701), Santi.}j}O de Compostel ()
ACo ru~a
e [email protected] r)Cit1.gal
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento admin istrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante
debe ser interesado no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando
estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a
solicitude de acceso á información (3 de setembro de 2021), concorren no caso que nos
ocupa, dado que o reclamante é participante no procedemento selectivo, tendo por tanto a
condición de interesado, e o procedemento de selección atopábase en curso, po lo que debe
ser a normativa que rexe o dito procedemento, a aplicable á súa solicitude de acceso.
De acordo co anterior, en aplicación da dito disposición adicional, procede a inadmisión da
reclamación presentada .
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadm itir a reclamación presentada por con data do 8
de outubro de 2021, contra a Reso lución do 4 de outubro de 2021, do Direct or Xeral de
Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Púb lica, pola que se denega o
acceso á información referente aos motivos polos cales se estiman ou desestiman as
reclamacións contra as preguntas do primeiro exercício do proceso selectivo ao Corpo Auxiliar
da Administración Xeral da Comun idade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (acceso libre),
convocado pola orde do 22 de novembro de 2019.
Contra esta resol ución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resol ución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa .
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.12.23 08:31 :43 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencla.