Se solicitó al Colegio de Enfermería de Pontevedra la identidad y titulaciones de su órgano de gobierno, actas de reuniones y resumen de servicios. Ante el silencio administrativo, la interesada reclamó. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el organismo no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública permite a cualquier persona acceder a documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas sin necesidad de motivar la solicitud.
2
Las reclamaciones contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3
El Colegio de Enfermería de Pontevedra no resolvió la solicitud en el plazo de un mes previsto en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016, dictando resolución expresa solo después de interpuesta la reclamación.
4
La estimación de la reclamación se basa en motivos formales debido al incumplimiento de los plazos legales de respuesta por parte del sujeto obligado.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 dia Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada mediante escrito do 21 de
outubro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de
2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.- present:ou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 21 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicit ude presentada ante o Colexio de
Enfermería de Pontevedra, de acceso á identidade e t itu lacións académicas dos membros que
compoñen o órgano de goberno que sa íu elixidlo nas últimas eleccións, copia das actas das
reunións que se fixeron desde que existe ese órgano de goberno e resumo dos servizos que
presta ese Colexio aos enfermeiros.
A reclamante ind icaba que non recibiu resposta á súa solicitude .
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI.
Segundo. Con data do 8 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante ao Colexio de Enfermería de Pontevedra para que, en cumprimento da
normativa de transpa rencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expedient e.
(+3A} 9815697 40 r-~úd do Hórreo, 65
.15700, Santíngo de Composre!a
A Coruria
ínfo(4komi'.>iondéltran!i-parerKia.gal www.cornisiondc1trJnsparencia.gal
A solicitude foi recibida polo Colexio con data do 10 de novembro de 2021.
Terceiro. Con data do 29 de novembro de 2021, o Colexio de Enfermería de Pontevedra
contesta a petición remitindo copia da solicitude presentada pola reclamante, acta da Reunión
do Pleno da Xunta de Goberno onde se trata sobre este asunto, Informe xurídico en resposta
a requirimento da Xunta de Goberno e resposta remitida á reclamante con data do 28 de
outubro de 2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
F<úa cio Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Corurla
ínfo~i)lomisiond¿¡transparencla.ga\ www.corni.si ond atra n:.:.pa rE nda. gal
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
(+.34) 9'll 56 97 40 Húa do Hórreo, 65
l.5700, S3ntlago rJ(> Compostela
A Corurla
info@(Or,nisiondatransparencia.gal www.c.om isiondí1tra nsµa re nc.i a.gal
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Colexio non resolveu a solicitude de aceso á información en prazo, senón que ditou
resolución expresa con data do 28 de outubro de 2021, cando tiña transcorrido o prazo dun
mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e cando a interesada xa tiña presentada a
reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou do Colexio de Enfermería de Pontevedra, acceso á información
referente á identidade e titulacións académicas dos membros que compoñen o órgano de
goberno do dito Colexio, que saíu elixido nas últimas eleccións, copia das actas das reunións
que se fixeron desde que existe ese órgano de goberno e resumo dos servizos que presta ese
Colexio.
O Colexio, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que a Lei
establece, remitiulle escrito de contestación á interesada, no que lle comunica que a
identidade e titulación académica dos membros do órgano de goberno, por erro, non figura
na súa páxina web, polo que incluirase a mesma para que poida ser consultada. Respecto das
actas, comunícanlle que as ten á súa disposición na sede do Colexio e respecto dos servizos
profesionais que prestan, indícaselle a web onde pode consultalos, e unha pequena
explicación sobre os mesmos.
De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
sen prexuízo de que se a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante
esta Comisión fronte á resolución da solicitude de acceso á información remitida polo Colexio,
para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos,
pronunciándose a resolución que corresponda.
Debe lembrarse ao Colexio, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na
correspondente normativa reguladora, e da necesidade de que nas resolucións sobre nas
solicitudes de acceso á información, debe indicar os recursos que contra a mesma proceden.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
(:) RUa do Hôrre1.>, 65
r t trnnspar<:nda
A Coruña
11 Gê!kia ~ www.<omi~i ondatr~nsparend a.l{a1
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
-contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante
o Colexio de Enfermería de Pontevedra, de acceso á identidade e titulacións académicas dos
membros que compoñen o órgano de goberno que saiu elixido nas últimas eleccións, copia
das actas das reu nións que se fixeron desde que existe ese órgano de goberno e resumo dos
servizos que presta ese Colexio aos enfermeiros.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
adm inistrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.12.23 08:32:10 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencla .