Se solicitó al Concello de As Somozas documentación sobre el tipo, cantidad y coste de recogida de residuos procedentes de quemas de NFUs. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a responder a la solicitud en un plazo de 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida por haber sido interpuesta dentro del plazo de un mes tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2
Se determina que la información solicitada, al ser elaborada o adquirida en el ejercicio de las funciones del Ayuntamiento, constituye información pública.
3
La Comisión advierte que parte de la información podría ser de carácter ambiental, quedando sujeta al régimen de la Ley 27/2006, sobre la cual este órgano carece de competencia.
4
Se recuerda al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 26 de
outubro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a contin uación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 26 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello
de As Somozas, sobre a documentación que acredita o tipo de resíduo e as toneladas de
alambres provintes das queimas de NFUs (Pne umáticos Fóra de Uso) que levaron a cabo os
traba lladores da empresa Siemens- Gamesa durante o conflito laboral que se iniciou o 14 de
decembro de 2020 e que foron retirados dos viarios públicos a princípios de marzo de 2021,
a documentación que acredita o custo da súa recollida, transporte e entrega a un xestor
autorizado.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+J,1) 9Bl 56 ',7 40 !~úcl 00 Hórreo, 65
1:'1700, ~.antí,1go de Compostela
A Coruf1a
info@comisiondatran~parerKia.ga\ www.c.om1siondatransparencia.g¿¡l
Segundo. Con data do 8 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante ao Concello de As Somozas para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude polo Concello foi o 10 de novembro de 2021, sen que se recibise
copia do expediente e o informe sobre a reclamación solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(~-34) 9Bl 5097 40 Húa do Hórreo, 65
/:\Coruñ3
infoG_-i,)(omi·.>iondatran~pare1KiJ.gal w\.vw.com isiond atra n:.>pare nela.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34)981569740 Hú<.1 do Hórreo, 65
.113700, S.amingo de Compostela
A Coruíia
[email protected]~iondcJtransparen<.ia.gal www.com isi on d atra ns.pa rtnciJ. gal
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o interesado presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha
vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no
artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello de As Somozas, acceso á documentación referida ao tipo
duns determinados residuos, a súa cantidade e á documentación que acredita o custo da súa
recollida, transporte e entrega a un xestor autorizado.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
Considérase que parte da dita información, pode tratarse de información de carácter
ambiental, polo que o procedemento de acceso á mesma, debe tramitarse polo disposto na
Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, incluída a
tramitación do recurso contra a falla de resolución da solicitude, carecendo esta comisión de
competencias para intervir no mesmo.
Sobre a información que non poida considerarse información ambiental que poida existir no
expediente, e que poida ser considerada información pública, por tratarse de información ou
documentación elaborada ou adquirida no exercido das funcións do Concello, debe este
resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede aos terceiros que podan
resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no artigo 19 da
Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada esta afectada por algún
dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse
os datas de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que
poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da
0 RúJ do Horreo, 65
lS 700, S~nti,1go d('; ( o mpostcl.,
ACortJña
Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que
debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso
(artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe fo rmalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello de As Somozas que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora .
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de As Somozas, de conformidade co disposto no
artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle
requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Com isión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio admin istrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello das
Somozas, sobre a documentación que acredita o tipo de resíduo e cantidade que foron
retirados dos via rios públicos a princípios de ma rzo de 2021 e a documentación que acredita
o custo da súa recollida, t ransporte e entrega a un xestor autorizado.
Segundo: Instar ao Concello de As Somozas a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicit ada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de As Somozas, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada .
Contra esta reso lución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+3'1)%1569740 !~úd do Hórreo, 65
15700, Santiago rJe Cornrostel(1
A Coruf\a
[email protected] V.JWw .com isi on datranspa r€ nci a.gal
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORE5 FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.12.23 08:31 :22 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
G