Estimada 21/12/2021 · 55 días en resolverse

Reclamación contra la Consellería do Medio Rural por silencio administrativo en solicitud de datos identificativos de talas forestales, resuelta con estimación por motivos formales

Se solicitó a la Consellería do Medio Rural el acceso a datos identificativos de solicitantes de talas de eucalipto en parcelas específicas. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la interesada reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo legal.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admitida a pesar de la posterior resolución expresa de la Consellería, ya que el plazo legal de un mes establecido en el art. 27.4 de la Ley 1/2016 ya había transcurrido.
2 Se considera que la respuesta de la administración fue una denegación encubierta, pues proporcionó información disociando los datos personales que eran precisamente el objeto de la solicitud.
3 La resolución se basa en la estimación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta por parte del organismo público.
4 Se advierte a la Consellería que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada mediante escrito do 27 de outubro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro.- presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da siúa solicitude de acceso ante a Consellería do Medio Rural, de obtención de copia de documentos nos que figuren datos identificativos de solicitantes de talas de de eucalyptus giabutus no Polígono 22, parcela 93 (14.05.2014), para 930 exemplares, Po lígono 24, parcela 155; autorización de co rte dellO .5.2014, para 250 exemplares, Polígono 24, parcela 15a, autorización de corte de 1:05.2014, para 890 exemplares, polígono 26 parcela 13, declaración responsable aproveitamentos madereros do 29 de xaneiro de 202 para tala de 277 exemplares. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DN I. (+34) 9815697 40 F~úa do Hórreo, 65 .1.5700, Santiago de Co111postel,1 A Corur'1a info@tomisiond atra nspa ren<. la ,gal v,;ww .c.om isiond atra n::.pa rt: nc.i a.gal Segundo. Con data do 8 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida polo Colexio con data do 11 de novembro de 2021. Terceiro. Con data do 26 de novembro de 2021, a Consellería de Medio Rural remite copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada. No informe asinado polo Dirección Xeral de Planificación e ordenación forestal, faise constar que con data do 24 de novembro de 2021, emitiuse resolución de acceso parcial á información solicitada previa disociación dos datas de carácter persoal que se lle notificou á interesada, de acordo coa información que figura na aplicación CORPRI utilizada pola dirección xeral para a xestión dos aproveitamentos forestais xa que ao tratarse de expedientes do ano 2014, os orixinais en formato papel atópanse no arquivo do Distrito Forestal II Bergantiños Mariñas Coruñesas. A Dirección Xeral considera adecuada a actuación do servizo de montes de A Coruña, que por dúas ocasións notificou á administrada a imposibilidade de facilitarlle os datos solicitados e remitirlla a una posible actuación xudicial que puidera proporcionarlle os ditos datos, se ben tralo recurso resolveu facilitar á interesada a información solicitada previa disociación dos datos persoais. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión (4 ~") 98156 97 40 l~úa do Hórreo, 65 1.5700, ~antiap,o de Compostela A Coruria info(i-)comisiondatransparencia.gal www .com isiond atra n$pare nela. gal da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (<3'1)981569740 Húa do Hórreo, 65 .15700, Santiago rle Compostela ínfo(qkomisiondcJtran~parerKia.gal www.corn isi ond atrans.pa re nc.i a.gal Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. No presente caso, a Consellería, se ben non resolveu a solicitude de aceso á información en prazo, ditou resolución expresa con data do 24 de novembro de 2021, cando tiña transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e cando a interesada xa tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou da Consellería de Medio Rural acceso aos datas identificativos dos solicitantes de talas de determinadas árbores nas parcelas catastrais que indica. A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que a Lei establece, resolveu expresamente con posterioridade, dándolle o que considera acceso parcial á información, xa que lle remite a información que figura na aplicación utilizada pola dirección xeral para a xestión dos aproveitamentos forestais, pero disociando os datas de carácter persoal, que era o que precisamente solicitaba a interesada. Por tanto, considérase que a resolución non foi de acceso parcial, senón de denegación dos datas solicitados. De acordo co anterior, e dado que a reclamación se interpuxo contra a desestimación da solicitude, e unha vez transcorrido o prazo para resolver a mesma e estando xa presentada a reclamación ante esta Comisión, a Consellería resolveu expresamente, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que se a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución o Rúa do HÓHl!U, 65 15700, Santiago de Compostelñ t\ Corui"la vmw.to111i~lond~t1Jnspal'enda.gal expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser anal izados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. Debe lembrarse á Consellería, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada p o r - - o n t r a a desestimación por silencio administ rativo da súa s o ~ ~ r í a do Medio Rural, de obtención de copia de documentos nos que figuren datos identificativos de solicitantes de determinadas talas nas parcelas que ind ica . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- adm inistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.12.23 08:33:56 +01 '00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Comisión da Transparencia .