Se solicitó a la Universidad de Santiago de Compostela el acceso al registro documental de un procedimiento de investigación reservado. La Universidad denegó el acceso alegando que el solicitante no era interesado y citando límites legales. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que, al haber finalizado el expediente, la información es pública previa disociación de datos personales.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación de una información reservada previa a un expediente disciplinario es considerada información pública al ser elaborada por un sujeto obligado en el ejercicio de sus funciones.
2
Una vez finalizada la investigación previa, desaparece la necesidad de reserva para no perjudicar la instrucción o la presunción de inocencia, permitiendo el acceso previa disociación de datos personales.
3
Los límites al acceso a la información deben interpretarse de forma restrictiva y estricta, partiendo de la premisa de que el derecho de acceso es amplio.
4
La denegación basada en los artículos 14.1.e) y g) de la Ley 19/2013 no es válida en este caso porque la Universidad no justificó el perjuicio concreto ni el daño que causaría la publicidad de un expediente ya cerrado.
5
El límite destinado a asegurar la prevención e investigación de infracciones no es aplicable a diligencias reservadas que ya han finalizado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 28 de
outubro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de
2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 28 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, Reclamación contra
Resolución da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela do 6 de outubro
de 2021, pola que se desestima a súa solicitude de acceso ao rexistro documental
correspondente ao pro~ ción real izado y referenciado en comun icación
do Reitorado con CSV: -
O reclamante indicaba que solicitou acceso ao rexistro documental correspondente ao
procedemento de investigación realizado e ref erenciado en comunicación do Reitorado con
CSV: e se lle denegou o aceso ao mesmo.
O escrit o viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DN I.
Segundo. Con data do 8 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Universidade de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 9815697 40 Húa do Hórreo, 65
15700, Santiago rJe Compostt?!a
A Corurla
info@comisiondéltran::,parencia.ga\ www .c.om isiond atranspa rt ncia. gal
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de novembro de 2021.
Terceiro. Con data do 18 de novembro de 2021 a Universidade de Santiago de Compostela
contesta a petición remitindo o informe en o expediente instruído.
Neste informe, en resumo e tras o relato dos antecedentes administrativos e xudiciais deste
procedemento, que o interesado solicitou con data do 28 de setembro de 2021, que se
proceda darlle traslado do rexistro documental correspondente ao procedemento de
investigación realizado e con data do 6 de outubro de 2021 ditouse resolución da Secretaría
Xeral da Universidade de Santiago de Compostela pola que se desestima a petición formulada,
en aplicación do artigo 14.1 e) e g) da Lei 19/2013.
Considera o informe que o escrito presentado polo reclamante interesándose pola
investigación ao profesor, escrito considerado como denuncia, non lle outorga ao solicitante
a condición de interesado de acordo co disposto na normativa de procedemento
administrativo.
Ante a denuncia presentada abriuse unha investigación para comprobar a veracidade ou non
dos feitos denunciados, é á vista das dilixencias previas de carácter reservado, o reitor ditou
resolución na que se comunica que non procede a apertura dun expediente disciplinaria.
Considera o informe que a información solicitada polo reclamante é unha información que
non é pública e que está dentro dos límites contemplados nos puntos 14.1.e) e g) da Lei da
transparencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
(< J/4) 98156 97 40 llúa do liorreo, 65
.15700, Santiago cle Compostf>lo
A Coruria
} [email protected] www.corni.si ond atra n::>par€ ncia. gal
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
(➔ 34)98156'1740 Húd do Hórreo, 65
.15700, S.antíago c]p Compostf>l;:i
A Corurla
info@-'com i":>ÍO ndatra n!:-parenc la. ga t www, c.orn isiondatra n ::.pi'l r€ nda. gal
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución ditouse con data do 6 de
outubro e o interesado presentou Arquitecto Municipal reclamación con data do 28 do
mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou o acceso a un expediente de información reservada, xa finalizado, e no
que se concluíu a improcedencia de iniciar expediente disciplinaria ao profesor obxecto da
información.
A información reservada, como establece o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid na súa
Sentenza 471/2006, do 24 de maio, ten por finalidade evitar a incoación de expedientes
disciplinarias polo simple rumor ou sospeita da comisión dun feito sancionable, pudendo o
órgano competente acordar a instrución dunha información reservada para obter a
información suficiente para valorar a conveniencia ou non de incoar ou non o procedemento
sancionador.
De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016 e 13 da Lei 19/2013, non cabe dúbida de
que a documentación que forma parte da información reservada, como fase previa á posible
incoación dun procedemento disciplinaria, cumpre os requisitos para ser considerada
información pública, por canto se trata de contidos elaborados por un suxeito incluído no
ámbito de aplicación da Lei {artigo 3.1.c da Lei 1/2016 e 2.1.e da Lei 19/2013) no exercício
das súas funcións, neste caso da potestade disciplinaria que pode exercer unha universidade
sobre o seu persoal, que é unha potestade suxeita a dereito administrativo. Do informe
remitido pola Universidade, constátase que o expediente esta finalizado.
Como establece a sentenza citada, a información ten sentido que sexa reservada en canto se
realiza para non prexudicar a investigación do posible expediente disciplinaria, e preservar os
!~úd do Hórreo, 65
.1.570(), Santiago de Compostela
A Coruria
[email protected] www.corni.sl011d,1transpan:ncia.gal
dereitos, en especial o de presunción de inocencia, do investigado, pero unha vez rematada a
información previa, nada impide que nos termos establecidos na Lei, o hoxe reclamante poida
ter acceso a ela, previa disociación dos datos de carácter persoal que nel poidan figurar, xa
que nela non figuran datos referentes a comisión de infraccións administrativas (dado que o
expediente finalizou por non atopar indicios de infracción}, e sen necesidade de ter que
acreditar o reclamante, a súa condición de interesado no expediente.
A información reservada ou dilixencias informativas, como así establece a Sentenza do
Tribunal Supremo do 5 de maio 1998, ten unha unidade formal, constituíndo no seu conxunto
un procedemento accesorio, de carácter preliminar ou preparatorio respecto do
procedemento disciplinario, cuxa finalidade é depurar de maneira previa, mediante as
investigacións indispensables, se concorren indicios suficientes para a iniciación deste. Debe
existir nestes expedientes, unha autoridade ou un órgano que ordena a apertura da
información reservada, que nomea á persoa que instrúa esa información, e un conxunto de
actuacións que finalicen nunha resolución ben de sobreseimento ou arquivo, ou de proposta
de inicio de expediente disciplinario.
Respecto dos límites de acceso á información alegados no informe da Universidade, en
concreto a prevención, investigación e sanción de ilícitos penais, administrativos ou
disciplinarios e o segredo profesional do artigo 14.1.e} e as funcións administrativas de
vixilancia, debe terse en conta que de acordo coa sentenza do Tribunal Supremo 1547/2017,
entre outras, é necesario interpretar de xeito restritivo os límites e excepcións legais no acceso
á información polas causas previstas no artigo 14.1.e as causas de inadmisión establecidas no
artigo 18 da Lei 19/2013, debendo ser interpretadas de forma estrita e partindo da premisa
de que o dereito de acceso á información aparece configurado no noso ordenamento cunha
formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e
proporcionadas.
Claramente o deixa así sinalado o artigo 14.2 da referida Lei cando dispón que a aplicación dos
límites será xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección e atenderá
ás circunstancias do caso concreto, especialmente á concorrencia dun interese público ou
privado superior que xustifique o acceso, e por tanto a posibilidade de limitar o dereito de
acceso á información non constitúe unha potestade discrecional neste caso do Colexio.
A aplicación dos límites contemplados na normativa vixente en materia de transparencia debe
ser acorde co Criterio lnterpretativo Cl/002/2015, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno no que se establece que os límites aos que se refire o artigo 14 da Lei, a diferenza
dos relativos á protección dos datos de carácter persoal, non operan automaticamente nin a
favor da denegación nin absolutamente en relación aos contidos. A invocación de motivos de
interese público para limitar o acceso á información deberá estar ligada coa protección
concreta dun interese racional e lexítimo, polo que deberá analizarse se a estimación da
(+3°1) 9815697 40 Húd do Hórreo, 05
15700, Santi,1go rJf!' C:ompo:stela
I\ Coruria
info@comi·.>iondatran~pareni.:.ia.ga\ www.comisiondatranspanmcia.gal
petición de información supón un prexuízo (test do dano} concreto, definido e avaliable. Do
mesmo xeito, é necesaria unha aplicación xustificada e proporcional atendendo á
circunstancia do caso concreto e sempre que non exista un interese que xustifique a
publicidade ou o acceso (test do interese público}.
Nesta materia, existen numerosos pronunciamentos respecto á aplicación dos límites, entre
os que podemos destacar o de que no dereito á información soamente se verá limitado
naqueles casos en que así sexa necesario pola propia natureza da información ou pola súa
entrada en conflito con outros intereses protexidos. Na Sentenza do 7 de novembro de 2016,
da Audiencia Nacional, e a 85/2016, do 14 de xuño de 2016, do Xulgado Central do
Contencioso-Administrativo nº 5 de Madrid sinalan expresamente que se concorre algún dos
límites do art. 14, deberá acreditarse suficientemente, xa que a Lei consagra a prevalencia do
dereito subxectivo a obter a información e correlativamente o deber de entregala, salvo que
concorran causas xustificadas que limiten ou xustifiquen a inadmisión de tal dereito. Tales
causas constitúen conceptos xurídicos indeterminados cuxa relevancia e transcendencia
deben ser concretadas en cada caso, ponderando os intereses en conflito, esixíndose que se
acredite que o acceso á información supoña un prexuízo que deba prevalecer sobre o dereito
de acceso á información.
Os límites ao acceso en todo caso han de motivarse, interpretarse e aplicarse de modo
razoado, restritivo e aquilatado a teor do prexuízo que o acceso a determinada información
pode producir sobre o interese que se pretende salvagardar coa limitación.
No presente caso, a Universidade no seu informe, limítase a invocar os límites do artigo 14.1.e}
e g}, pero non xustifica nin minimamente o porqué da súa aplicación, polo que non pode
admitirse a denegación da información solicitada.
O límite establecido no artigo 14.1. e}, ten como finalidade o de asegurar a prevención,
investigación e persecución de actividades que puidesen ser constitutivas de infracción
administrativa, e pode invocarse coa finalidade de evitar que o acceso á información poida
ser prexudicial ás investigacións, conducir á destrución de probas ou a subtracción dos
infractores da súa responsabilidade pola Comisión de ilícitos. Este é, en definitiva, o ben
xurídico protexido polo límite previsto no artigo 14.1.e} da Lei 19/2013: asegurar o bo fin de
todos os actos de investigación que se poden chegar a realizar na fase de instrución dun
procedemento penal, administrativo ou disciplinaria, non procedendo a aplicación deste
límite nunhas dilixencias reservadas xa finalizadas. Non procede tampouco polo mesmo
motivo a apreciación da existencia do límite establecido no artigo 14.1 g} referido ás funcións
administrativas de vixilancia, inspección e contrai que ten como finalidade a preservación da
efectividade das funcións de polida administrativa que ten encomendada cada administración
ou organismo no seu concreto sector da actividade, ao ser o obxecto da solicitude o acceso a
unhas dilixencias de investigación xa finalizadas.
•
"~t '>
.. \) (•·34) 98 15697 40 ':) f.lúJ do Hôneu, GS
J5700, S.1nM¡;o cteC<>mpostel~
a:-y pc rf' K a
~,.,
ACO<Uñ3
"
~ t\
G~t,C•J 4') inf~>tomi'liondetrJnsparer.cia.~a www.tomisiond1tr,.'.lns.parenc.i.i.gal
Previamente á remisión da información debe ,darse audiencia á persoa que foi obxecto das
dilixencias, aos efectos de que poida realizar as alegacións que estime oportunas, e, de
presentalas, efectuar a correspondente ponderación entre os dereitos en xogo, para
determinar se debe prevalecer o interese público ou privado no acceso á información que se
poida alegar e xustificar. En todo caso, debe remitírse a documentación ao reclamante,
disociando, no caso de que proceda, os datos de carácter persoal que poidan figurar na
mesma.
O reei amante deberá ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para
ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo para a súa
presentación .
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 28
de outubro de 2021, contra a Resolución da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de
Compostela do 6 de outubro de 2021, pola que se desestima a súa solicitude de acceso ao
rexistro documental dun expediente de correspondente a un procedemento de dilixencias
previas de carácter reservado.
Segundo: Instar a Universidade de Santiago de Compostela a que, tras a finalización do
período de audiencia, no prazo máximo de 10 dias hábiles, responda á petición de información
solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/ 2013, do 9 de decembro, e o
artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Universidade de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reei amante da información
solicit ada.
Contra esta reso lución que pon fin á vía administrat iva unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
it (+34)%15697 40 l~úa ao Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostt')!a
ínfo@(omisiond¿¡transparencla.gal www.corn isi ond dtranspa rt nc.i a,ga l
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.12.23 08:33:13 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.