El solicitante pidió a la Consellería de Cultura, Educación y Universidade acceso a una reclamación presentada contra su baremo en un concurso de traslados. Alegó que la administración mentía al negar su existencia. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la información solicitada no existe, cumpliendo así la administración con su deber de informar.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos que consten en poder del sujeto obligado y hayan sido elaborados o adquiridos en el ejercicio de sus funciones.
2
Las solicitudes de acceso deben basarse en información ya existente y disponible en el organismo sujeto a la ley en el momento de la solicitud.
3
Cuando se solicita documentación que no existe, el sujeto obligado cumple con su deber de transparencia indicando al solicitante con claridad dicha inexistencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 15 de
novembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de
decembro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 15 de novem ro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución
do 12 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade pota que se resolve a súa solicitude de información sobre
a existencia de reclamación presentada cont ra o seu baremo no concurso de traslados entre
persoal funcionario docente convocado por Orde do 8 de outubro de 2019.
O reclamante indica que a Conseliería na resolución recorrida afirma que non se presentou
ningunha reclamación contra o seu baremo provisional e a modificación da puntuación
outorgada no baremo lévase a cabo pola actuación dos servizos administrativos e considera
que non se corresponde coa realidade, xa que o consultou en Persoal de Secundaria e
dixéronlle que se presentara reclamación contra o seu baremo.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude present ada e da resolución contra a que se
presenta a reclamación.
ti (434) 98156 97 40 !~úd Jo Hurreo, 65
1'í700, S.:mtiago rlf> Compostela
ACorufia
í[email protected]'. www. corn isiondatra n$pa rentia. gal
Segundo. Con data do 17 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
Terceiro.- Con data do 30 de novembro de 2021, a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade remite informe no que en indica que con data do 12 de novembro a Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos, notificoulle a resolución na que se lle comunicaba ao
solicitante a concesión do acceso á información pública, indicándolle que non se presentou
ningunha reclamación ao seu baremo e que a modificación da puntuación outorgada no seu
baremo provisional levouse a cabo pola actuación dos servizos administrativos, e reitera o
indicado no informe do 13/07/2021 (RSCTG 79/2021) para dar contestación ao demandado
no RSCTG 185/2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
!~úd Co Hórreo, 65
1.5700, ~antiago de Compostela
A Coruria
lnfo@comisiondatran:<>parencla.gal www .com isl ondatrJ nspa rrnci a.gal
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro}.
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. l}. No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
f ( ,. . ] i'- ¡(\ ~ f .~ L< "' (+.)4) 981 56~7 40 e l~úa doHótr~0,65
l 5 700, Santiago cle ( Qmpost~l;i
;@¡,, transp.are11d;1 ACoruil~
::: de Galida /.!''• info@<"omi5,iondutranspart"ncia.ga1
\.';? (fj www.comr5.iondat:an~par€ocia.ga!
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio adm inist rativo.
Dado que o interesado se lle notificou a resolución con data do 12 de novembro de 2021, e a
reclamación a interpuxo con data do 15 do mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso á reclamación presentada contra o seu baremo no concurso de
traslados entre persoa l funcionario docente, obtendo inicialmente como contestación,
un icamente un correo electrónico dun funcionario da Consellería, onde se lle indicaba que
non consta que o reclamante presentase reclamación algunha ao baremo do concurso xeral
de traslados do curso 2019/2020. Contra esa resposta, o interesado present ou recla mación a
esta Comisión (exped iente RSCTG 72/2021), resultado da cal, a Consel lería a resolveu
expresamente.
De acordo coa definición de información pública da Lei ga lega 1/ 2016, e da Lei básica estatal
19/ 2013, as solicitudes de acceso deben esta r baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercido das súas
com petencias.
No ma rco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, como é neste caso, unha reclamación a un baremo que
se ben figura que existiu nun oficio remitido pola Consellería, confirma mediante resolución
do 12 de novembro que non existe, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con
claridade, que a información solicitada non existe. De acordo co anterior, considérase axeitada
a resposta dada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade respect o da
información que non existe.
ACORDA
Único.- Desestimar a reclamación presentada por contra a
Resolución do 12 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
da Consellería de Cu ltura, Educación e Universidade pola que se resolve a súa solicitude de
información sobre a existencia de reclamación presentada contra o seu baremo no concurso
de traslados entre persoal funcionaria docente convocado por Orde do 8 de outubro de 2019.
Húa do Hórreo, 65
.15700, S::rntiar,:o (Je C0111post()\a
A Coruría
info~~k.omi·.>ionditransparencia.ga; www .corn isl on d ()trc1 nspa n; nci a.gal
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.12.23 08:34:53 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.