Se solicitó a la Dirección General de Función Pública de la Consellería de Facenda e Administración Pública el texto consolidado de un Decreto. El reclamante impugnó la respuesta recibida. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la elaboración de textos consolidados no entra dentro del derecho de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas.
2
La transparencia tiene como objetivo someter al escrutinio la acción de los responsables públicos y la gestión de fondos, no la creación de nuevos documentos.
3
No se consideran amparadas por la Ley 1/2016 aquellas peticiones cuyo objetivo sea la elaboración por parte de la Administración de una norma consolidada.
4
La solicitud queda fuera del ámbito de actuación del organismo al conocer el interesado la ubicación de la norma original y sus modificaciones.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do
17 de novembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de
decembro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 17 de novembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, unha reclamación
contra a contestación da Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda e
Administración Pública pola que se lle dá resposta a súa solicit ude de acceso ao texto
consolidado dun Decreto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información públ ica
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica tota lidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencía y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
(+.J,,) 98156 97 40 !~úa Jo Hórreo, 65
15700, Santiago rlf• Composh:la
A Coruf1a
info<.;_11comisiondatramparencia.ga\ vvww .com isi ond atran spa renti a.gal
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
e {•.l~) 98l569740 e 1iúa do Hà1mo, 65
.l..5701.1, $antiafJO de Compostel,l
AConuia
• www.comisiond<1t1ar1sparend~..g<1l
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/ 2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á informació n pública.
Cuarto. Análise do expediente
O reclamante presentou reclamación contra a contestación da Dirección Xeral de Función
Pública da Consellería de Facenda e Administración Públ ica pola que se lle dá resposta a súa
solicitude de acceso ao texto consolidado dun Decreto en materia de persoa l.
A Lei 1/2016 no seu artigo 24, define a información pública como os cont idos ou documentos,
calque ra que sexa o seu formato ou soporte, que figuren en poder dalgún dos suxeitos
incluídos no ámbit o de aplicación {da Lei) e que fosen elaborados ou adqu iridos no exercício
das súas funcións. O acceso á información pública debe ser entendido no marco do ámbito da
transparencia pública, cuxo principal obxectivo é someter a escrutín io a acción dos
responsables públicos, coñecer como se toman as decisións que afectan aos cidadáns, co mo
se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas inst itucións, a fin de
outorgar á cidadan ía a capacidade de poder fiscalizar a actuación dos responsables públicos.
Tendo en conta o anterior, non poden entenderse amparadas pola Lei 1/2016 peticións nas
que o obxect ivo sexa a elaboración pola Administración dunha norma consolidada, da que o
interesado, tal e como indica na súa reclamación, coñece onde está pub licada e as súas
modificacións, xa que este t ipo de pretensións quedan fóra do ámbito da transparencia
pública e o dereito de acceso á información e, xa que logo, da actuación deste organismo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Tra nsparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a
contestación da Dirección Xeral de Función Pu ica da Consellería de Facenda e
Administración Pública pola que se lle dá resposta a súa solicitude de acceso ao texto
consolidado dun Decreto.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
(+34) 9815697 40 !~ú<..1 do Hórreo, 65
.1.5700, S.:mtíago de Compostela
A Cor-ufia
ínfo(~.lcomisiondatransparenda.gai www .e oni islondatra ns.pa rênc.ia. gal
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.12.23 08:35:34 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.