Estimada 21/12/2021 · 26 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a información sobre modelos de competitividad turística en la ría de Muros-Noia y resultado estimatorio

Una fundación solicitó a la Dirección Xeral de Turismo de Galicia el acceso a modelos de competitividad turística y documentos relacionados. La administración inadmitió la solicitud alegando que la información estaba en curso de elaboración. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por falta de motivación y ordena el acceso parcial a los documentos ya finalizados.

Puntos clave de la argumentación

1 La inadmisión de una solicitud de información pública requiere una motivación exhaustiva que especifique las causas concretas legales o materiales aplicables al caso.
2 La causa de inadmisión por información en curso de elaboración solo es aplicable cuando el documento solicitado no existe o no ha sido integrado definitivamente, debiendo la administración describir el estado de dicha elaboración.
3 No puede equipararse la información en curso de elaboración con un procedimiento administrativo no terminado, ya que este último puede contener documentos ya finalizados accesibles bajo el régimen de acceso parcial.
4 La resolución impugnada se limitó a citar la causa de inadmisión sin motivar el estado real de la documentación, incumpliendo el deber de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por en representación da - mediante escrito do 25 de novembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifica n a continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de decembro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en representación da presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 25 de novembro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, Reso lución do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Turismo de Galicia pola que se inadmite a súa so licitude de acceso aos Novos modelos para a competitividade turíst ica na ría de Mu ros-Noia da ADR Muros- Noia, promovido pola Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia, e aos informes, oficios e resolucións que sobre a mesma obren en poder da Xunta de Ga licia. O reclamante solicita que se atenda ás peticións de info rmación formuladas. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, e esta asinada con certificado de representante da Fundación. (•34)981569740 l~úa do Hórreo, 65 1.5700, Santiago df.> Compostf'l,1 /\ Coruíia ínfo@.:.omisiondatran::.parerKia.ga: v,ww .c.orn isi on d dtra nspa ren tia. ga t Segundo. Con data do 29 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 10 de decembro de 2021 Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo contesta a petición remitindo informe e copia do expediente instruído. Neste informe, indícase que se inadmitiu o acceso á información solicitada por tratarse de información en curso de elaboración. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. (+14) %156 97 40 l~úd Co Hórreo, 65 .15700, Santí,1go cle Compostt"lla A Coruña ,. ~ ínfotikomisiondvtransparenGia.ga\ www .corn isl ondatran spv renci a.gal Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 9815697 40 l"-<úd do Horreo, 65 1.5700, Samlago de Cornpostt•la ACorufia inÍO@(omi~iondatransparent.la.gal v.iww .com isiond atran~pa rt nd a.gal Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución ditouse con data do 24 de novembro de 2021, e a reclamación ante esta Comisión se interpuxo o 25 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O alcance do dereito de acceso á información está configurado no noso ordenamento xurídico de forma amplia e cobra especial importancia respecto dos límites do dereito e especialmente respecto da aplicación das causas de inadmisión das solicitudes, debendo estas restricións, ser as mínimas e someterse a un escrutínio severo. Débese por tanto ser moi esixente na análise do deber de motivación das resolucións nas que se inadmita unha solicitude de acceso á información. Hai que partir de que as causas de inadmisión expresadas no referido artigo 18 da Lei 19/2013, operan como restricións, e como estableceu o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu Criterio lnterpretativo 6/2015, do 12 de novembro, a inadmisión dunha solicitude de información pública ten como consecuencia inmediata a finalización do procedemento, polo que é fundamental que a resolución estea suficientemente motivada, especificando as causas concretas legais ou materiais aplicables ao caso concreto. No referente á causa de inadmisión por tratarse de información que estea en curso de elaboración ou de publicación xeral (art. 18. 1 a) Lei 19/2013), debe entenderse aplicable para os supostos nos que a información e especialmente o documento concretamente solicitado (neste caso, informes, oficios e resolucións) non existan como tal senón que deban de elaborarse ou estea en trámite de elaborarse. É dicir, que a información ou máis ben documento solicitado non exista como tal por non contar cos seus elementos ou porque a información que debe integrar non se integrou definitivamente. Para aplicar esta causa de inadmisión o suxeito obrigado terá que describir concretamente o estado de elaboración ou falla de elaboración da información solicitada. Ademais, debe informar de canto tempo pode restar para a finalización completa do documento o información que permitise solicitar o seu acceso no futuro sen que procedese a súa inadmisión. De igual modo, haberá que dar acceso á información que formando parte do expediente non finalizado, si que estea xa elaborada baixo o réxime de acceso parcial. Non pode equipararse información que estea en curso de elaboración con procedemento non terminado, tendo en conta que o feito de que este non finalizase non implica que non existan documentos integrantes do expediente correspondente que xa se atopen elaborados e respecto a os cales, . J , n n ' ,••.!f,. t r-.:.ni;n_ ,i u i,.,. ::q--c.n c ;a · t·,.J , ,_¡ ¡ _ ¡ ~ (+3•i 98l 5ó S7 40 Rúa do Hórreo. 65 l S700, $antiêlflú cJt Compostcli) AComña i~i GaUda (j info@'comisionda1ranspare11da.ga; (8 www.comisiondatriJnsparcnda.~<ll por tanto, non concorre a causa de inadmisión referida . Unha interpretación literal da norma indica que o que debe estar en fase de elaboración ou publicación é a info rmación ou documentación que se solicite, non o procedemento dentro do cal se atopa a mesma. Nin no informe emitido pola Axencia Turismo de Galicia, nin na resolución impugnada, se motiva o mais mínimo a causa de inadmisión da solicitude, que simplemente se limitan a citar a causa de inadmisión. Procede por tanto que pola dita Axencia, se proporcione á entidade solicitante os informes ou documentos fínalizados que se atopen no dito expediente, (examinando a posible concorrencia dalgún límite no acceso, e xustificándoo convintemente de ser o caso), indicándolle o tempo no que previsiblemente o resto da información ou documentación estea finalizada, e que en aplicación do disposto no artigo 25.3, debería remitírselle sen necesidade de presentar nova solicitude. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en representación da con data do 25 de novembro de 2021, contra a Resolución do 24 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Turismo de Galicia pola que se inadmite a súa solicitude de acceso aos Novos modelos para a competitividade turística na ría de Muros-Noia. Segundo: Instar a Axencia Tu rismo de Galicia, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo co fundamento xu rídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Axencia Turismo de Galicia, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra est a resolución que pon fin á vía administ rativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso cont encioso-administ rativo no prazo de dous meses, cont ados desde o día seguinte á notificación desta reso lución, ante a Sa la do contencioso- adm inistrativo do Tribuna l Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no r :J (+34) 9815697 40 !~úd do Hórreo, 65 15700, Santi,1go de Compostela A Corufia ínfo@comisiondatran~parenc.la.gal www.comisiondatrans.par12ncia.ga! artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.12.23 08:35:21 +o 1'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.